As Brigantias Roller Derby organizan o vindeiro sábado 3 de outubro un
obradoiro sobre o mantemento de patíns tradicionais.
A Coruña, 21 de setembro de 2020.
O sábado 3 de outubro, na asociación Acéfala
poderás asistir a un obradoiro no que aprenderás todo sobre o mantemento dos teus
patíns. Será un obradoiro de 2 horas de duración, pudendo escoller dous horarios: de 17
h a 19 h, ou ben, de 19 h a 21 h. O evento terá lugar na asociación Acéfala, situada no
baixo da Avenida de Hércules 73, esquina coa rúa Joaquín González.
A inscrición realízase a través deste formulario:
As prazas son limitadas e asignaranse por orde de inscrición. Unha vez que se pechen os
grupos confirmarán si estades admitidas.
O taller será completamente gratuíto, aínda que deixarán un bote para realizar
donativos voluntarios para a asociación Acéfala.
Para máis información, o equipo dispón de redes sociais (Facebook, Instagram, Twitter) e de
páxina web www.brigantias.com