lunes, 5 de octubre de 2020

Amazing Grace, o documental sobre Aretha Franklin, na Sede Afundación A Coruña

A cinta, baseada nas gravacións que realizou Sydney Pollack durante dous días de concerto de Aretha Franklin, viu por fin a luz grazas ao empeño de Alan Elliot

 

A cinta, baseada nas gravacións que realizou Sydney Pollack durante dous días de concerto de Aretha Franklin, viu por fin a luz grazas ao empeño de Alan Elliot

Amazing Grace é o título do documental en honor ao disco máis vendido de Franklin e xurdido dese concerto na New Temple Missionary Baptist Church en Watts

05.10.2020.


A Sede Afundación A Coruña acollerá o xoves 8 de outubro, ás 20.00 h, a proxección de Amazing Grace, un documental codirixido por Sydney Pollack e Alan Elliot no que se retratan dous días dun dos concertos máis emblemáticos de Aretha Franklin en 1972. Enmarcada no festival «Elas son artistas», desenvolvido na cidade da Coruña e localidades próximas, esta proxección contribúe a destacar o papel das mulleres na creación artística. As invitacións para poder asistir á proxección de Amazing Grace están xa dispoñibles en Ataquilla.com.

O tráiler da película pódese ver aquí

En xaneiro de 1972 Aretha Franklin actuou na New Temple Missionary Baptist Church en Watts, Los Angeles, nun concerto de dous días de duración e que daría lugar ao seu disco máis vendido, Amazing Grace. O director Sydney Pollack encabezou entón o equipo de gravación deste evento, cuxo material acabou por non ser utilizado e esquecido en fondos de arquivo. O empeño de Alan Elliot para dar con toda a metraxe contou co apoio de Pollack e, finalmente, unha vez localizado, Amazing Grace viu a luz en 2008 coa codirección de ambos os realizadores.