As inscricións ao certame pódense formalizar ata o vindeiro 17 de novembro
Os beléns participantes expoñeranse ao público nunha mostra que, en función das
recomendacións sanitarias, poderá ser presencial ou virtual
04.11.2019.
Afundación convoca un ano máis o seu Concurso de beléns, un referente
na tradición cultural do Nadal en Galicia que este ano cumpre a súa edición número
55. As inscricións para participar pódense formalizar desde aquí e o prazo
permanecerá aberto desde o 6 de novembro ata o vindeiro 27 de novembro. Poderá
participar calquera persoa ou colectivo, podendo presentar só un belén por cada
inscrición que, nesta ocasión, se fará chegar de maneira telemática a través de
fotografías, tal e como se especifica nas bases desta edición. Para a elaboración das
obras pódese utilizar calquera tipo de material e deberán montarse sobre unha
superficie ríxida de, aproximadamente, un metro cadrado.
Un xurado valorará cada belén prestando especial atención á confección das figuras, a
composición do conxunto, a orixinalidade, a unidade de estilo, o grao de dificultade e
execución. En particular, o xurado atenderá con especial interese aqueles beléns que
destaquen pola súa innovación, claridade na mensaxe solidaria e na técnica de
ejecución, que serán os criterios esenciais para determinar a orde de premio na
categoría xeral e na de beléns elaborados por colectivos de menores de dezaseis anos.
En función das directrices sanitarias, Afundación amosará os beléns participantes no
concurso ou ben nunha exposición presencial ou virtual.