viernes, 12 de febrero de 2021

As Brigantias Roller Derby preráranse para a volta á pista organizando una subasta por Instagram


O club organiza unha subasta por Instagram para promover a súa autoxestión e adquisición de nova equipación

A Coruña, 11 de febreiro.

Dende as últimas medidas decretadas pola Xunta de Galicia en relación ao Deporte Federado, As Brigantias Roller Derby non poden entrenar en pista, pero non paran! Seguen realizando actividades de difusión para dar a coñecer este deporte feminino, feminista e autoxestionado, que se leva desenvolvendo dende 2012 na Coruña!

Este fin de semana organizan un evento online onde queren seguir mellorando e fortalecendo ao equipo. Para isto ten lugar unha subasta por Instagram co fin de promover a autoxestión e adquisición de materiais para as novas xogadoras de cara á volta a pista!

Así que se queres enrolarte neste deporte, non dubides en conectarte ao Instagram de As Brigantias Roller Derby o próximo 14 de febreiro e prestar atención as novidades que se publicarán!

Esta actividade promovese gracias á colaboración dos servizos e productos de Clue Hunter A Coruña, o Restaurante It’s Green, El Caldero de Peltre, Horno Sanbrandan y Supermercados Gadis.

Para más información, el equipo dispone de redes sociales (Facebook, Instagram, Twitter) y de la página web www.brigantias.com