viernes, 3 de septiembre de 2021

A Xunta presenta o vehículo adaptado que AFACO adquiriu con cargo á orde do 0,7% do IRPF para trasladar os usuarios ás actividades


O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, acompañado do delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, participou hoxe na entrega

A Coruña, 3 de setembro de 2021.- O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, acompañado do delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, presentou hoxe o vehículo adaptado adquirido pola Asociación de Familiares de enfermos de Alzhéimer e outras demencias da Coruña (Afaco), grazas á orde do 0,7% do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF).

Este coche permitirá que os usuarios do centro de día poidan participar en actividades exteriores. O director xeral sinalou que se trata dun servizo moi necesario para que as persoas deste centro poidan acceder a actividades. Neste sentido, Fernando González Abeijón, ademais da entrega do vehículo, visitou aos usuarios do centro de día no que cada día atenden de persoas con Alzheimer ou outro tipo de demencias.