lunes, 28 de febrero de 2022
As entradas para asistir ás proxeccións da Semana do Cinema Galego poderanse retirar gratuítamente desde este luns 28
A Coruña, 27 de febreiro de 2022 - A III Semana do Cinema Galego prepárase para despregar a alfombra vermella no Teatro Colón. Do 8 ao 13 de marzo, unha coidada programación de dez filmes dará boa conta da calidade das producións asinadas en Galicia nos últimos anos no marco da que gran cita non competitiva do país.
Precisamente hoxe, luns 28 de febreiro, ás 10.00 horas, activarase a retirada de entradas para que o público poida asistir, gratuítamente, ás diferentes proxeccións que terán lugar no recinto coruñés. Os convites estarán dispoñibles tanto na plataforma web ataquilla.com coma no despacho de billetes da Praza de Ourense, en horario de luns a vernes -agás festivos- de 11.00 a 15.00 horas e de 16.30 a 19.30 horas. Para poder asistir ás diferentes sesións, o Teatro Colón lembra o pertinente cumprimento da normativa sociosanitaria, de xeito que para poder acceder á sala será imprescindible presentar o pasaporte COVID ou test de antíxenos, tal e como especifica o DOG.
PROGRAMACIÓN
A programación da Semana do Cinema Galego comezará o martes 8 de marzo, coa proxección, a partir das 20.00 horas, de ‘Dhogs’, de Andrés Goteira. Trátase da película máis premiada da historia dos Mestre Mateo e contará co seu director e equipo de produción na súa presentación. Ao día seguinte, o mércores 9, o público poderá gozar da proxección das 19.30 horas de ‘Cuñados’, a longametraxe que conta con máis candidaturas finalistas dos Premios Mestre Mateo 2022, e do documental ‘A virxe roxa’, que se exhibirá ás 22.00 h.
O xoves 10 será unha xornada especial para o audiovisual do país: ás 19.30 horas será a quenda do documental ‘O gran camiño’, dirixido por Alba Prol e Raúl García, e a partir das 22.00 horas proxectase de ‘Jacinto’. O filme, que asina Javi Camino tanto no guión coma na dirección, conta con Pedro Brandariz como actor protagonista.
De cara á fin de semana, o venres 11 proxectaranse dous traballos documentais: ‘A poeta analfabeta’, de Sonia Méndez (20.00 horas), e ‘Welcome to ma maison’, de Andrés Goteira (22.00 horas). Os horarios manteranse para o sábado e a primeira sesión achegará ao público ‘Malencolía’, a última creación de Alfonso Zarauza, e ‘Tres’, de Juanjo Giménez. Finalmente, na mañá do domingo 13, o filme familiar ‘A galiña Turuleca’, gañador do Premio Goya 2021 á Mellor Película de Animación, será o ramo do evento.
III SEMANA DO CINEMA GALEGO
A Coruña celebrará do 8 ao 13 de marzo a III Semana do Cinema Galego, a gran mostra da sétima arte do país. Durante seis días, o audiovisual galego exhibirá as súas producións máis recentes e recoñecidas da man das e dos profesionais do noso cinema nunha cita consagrada, na súa totalidade, ao talento máis próximo. Coa ollada posta en citas como Málaga, Cannes ou Venecia, a intención da Academia é impulsar un punto de encontro para público e artistas, incorporando tamén a cidade como un dos seus escenarios principais. Unha ocasión carismática, seductora e máxica, con todo o glamour do mellor cinema, que quere ser unha das grandes citas da tempada.
Written 2/28/2022 07:11:00 a. m. by silcerino
acoruña, agenda, cine, semanacinema, teatrocolónjueves, 24 de febrero de 2022
GHOST, el musical, sale de gira y A Coruña es su primer destino
Bustamante y Ricky Merino se alternarán en el papel de Sam: Bustamante actuará el viernes 25 de febrero a las 18:00h., el sábado 26 a las 21:00h. y el domingo 27 a las 18:00h. Ricky Merino actuará el viernes 25 de febrero a las 21.30 h. y el sábado 26 a las 18:00h.
Después de A Coruña, Ghost, el musical llegará a Vigo, donde se representará en el Auditorio Mar de Vigo del 3 al 6 de marzo.
Datos del espectáculo:
PALACIO DE LA ÓPERA DE A CORUÑA
Funciones: De viernes a domingo
Viernes y sábado a las 18:00h. y a las 21:30h.
Domingo a las 18:00h.
Canales de venta:
Web del espectáculo Ghost, el musical | Teatro Edp Gran vía, Madrid| Entradas (planletsgo.com)
Written 2/24/2022 11:38:00 a. m. by silcerino
acoruña, agenda, palacioóperamiércoles, 23 de febrero de 2022
Amaro Ferreiro presenta su último disco en A Coruña de la mano de Vibra Mahou
Written 2/23/2022 02:00:00 p. m. by silcerino
acoruña, agenda, Música, salabunkermartes, 22 de febrero de 2022
IZAL anuncia que parará de forma indefinida al finalizar su gira “Hogar”
El quinteto ha anunciado en sus redes sociales que el 29 de octubre de este año, tras su concierto de fin de gira en el WiZink Center de Madrid, se retirará de los escenarios indefinidamente.
|
|
|
|
|
|
|
‘Dhogs’, de Andrés Goteira, abrirá a programación da III Semana do Cinema Galego
Written 2/22/2022 12:22:00 p. m. by silcerino
acoruña, agenda, cine, semanacinema, teatrocolónO escritor Rodrigo Costoya organiza un brinde teatralizado na Coruña polas súas novelas Portosanto e Misarela. Xoves 24 febreiro
* Monty 4 está na rúa Montroig 4, por Orillamar
Studio Follow presenta la exposición “Momentos Alhambra Cadencia. ¿Los objetos sienten?”
viernes, 18 de febrero de 2022
A Deputación conmemora o Día da Lingua Materna cun espectáculo familiar na Biblioteca provincial
Written 2/18/2022 11:13:00 a. m. by silcerino
acoruña, agenda, bibliodeputación, Cultura, deputaciónConfirmase o derrubo de 27 vivendas en Eirís
Written 2/18/2022 07:05:00 a. m. by silcerino
acoruña, actualidad, chuac, Eirísjueves, 17 de febrero de 2022
A Coruña recupera o espírito do Entroido cunha ambiciosa programación que incorpora actuacións musicais como a de Varry Brava
Written 2/17/2022 03:23:00 p. m. by silcerino
acoruña, agenda, concellocoruña, entroido, Músicamartes, 15 de febrero de 2022
A III Semana do Cinema Galego, a gran mostra do audiovisual do país, celebrarase do 8 ao 13 de marzo na cidade da Coruña
Written 2/15/2022 12:40:00 p. m. by silcerino
acoruña, agenda, Cultura, semanacinema, teatrocolónlunes, 14 de febrero de 2022
"LICHIS" [CANCELADO] y "THE ROCK LEGEND" en la Sala Mardi Gras el próximo fin de semana
viernes, 4 de febrero de 2022
O Concello inicia o luns as obras de peonalización e reurbanización de Alcalde Marchesi e Primavera
Written 2/04/2022 11:27:00 a. m. by silcerino
acoruña, actualidad, concellocoruña, obras