AVRCD FONTESVELLAS
VOLVE A FESTA DO ROSCÓN DE LAÑAS NESTE ANO 2022. SERÁ A SÚA XVII EDICIÓN.
Tras dous anos de cancelacións (2020 e 2021) con motivo da pandemia da COVID-19, a Festa do
Roscón de Lañas, no Concello de Arteixo, voltará para celebrar a súa XVII Edición (sempre que a
situación o permita). Desta volta, será o 1 de MAIO. Aproveitaremos para celebrar, ao mesmo
tempo, o Santo Amaro dos Novos.
O programa deste ano inclúe degustación gratuíta dos produtos expostos, Sesión Vermouth e
Verbena de tarde co Dúo MATICES e un Xantar Popular. Ademais, ampliamos o número de
panadarías e confitarías colaboradoras. Este ano serán a Panadería Agustín Fernández (Lañas),
Confitería Mari (Arteixo), Panadería Rozas (Arteixo e A Coruña) e Panadería Carracedo (Arteixo).
En canto ao Xantar Popular, consistirá en ENTRANTES VARIADOS, POLBO A FARTAR, PAN,
POSTRE, VIÑO, CAFÉ e CHUPITOS. Xa se pode reservar contactando con TRABA (618 884 908),
VICENTE (606 430 612) ou ISIDRO (628 833 058) ou no Bar O’Cruce de Lañas. O prezo é de 25€
para SOCIOS e 30 € para NON SOCIOS.
Por último, recordar a importancia desta festa gastronómica, que vai xa pola súa XVII edición, e
do roscón de Lañas, calificado como un dos postres máis típicos da Provincia da Coruña por
National Geographic (Enlace á web: NATIONAL GEOGRAPHIC VIAJES). Animamos a todas as
persoas a visitar a nosa parroquia e probar o noso marabilloso roscón.
Organiza: AVRCD Fontesvellas (Lañas – Arteixo)
Colabora: Concello de Arteixo. Concellería de Deportes, Participación Cidadá e Xuventude
PROGRAMA COMPLETO:
-Ás 10:00 h Apertura dos Stands e inicio da festa. Durante a mañá haberá degustación gratuíta dos produtos expostos.
-Ás 10:00 h Apertura dos Stands e inicio da festa. Durante a mañá haberá degustación gratuíta dos produtos expostos.
-Ás 14:00 h Sesión Vermouth co Dúo Matices
- Ás 15:00h Comezo do XANTAR POPULAR
-Dende as 17:00h ata as 19:00h verbena amenizada polo DÚO MATICES
MENÚ:
- Entrantes Variados
- PULPO A FARTAR
- Pan
- Postre
- Viño
- Café
- Chupitos
PREZOS:
- Socios 25€
- Non socios 30€
Reserva de Entradas 🎫 :
TRABA 618 884 908
VICENTE 606 430 612
ISIDRO 628 833 058
BAR O'CRUCE (Luns a domingo, de 9:00h a 22:00h)
COLABORAN:
- Panadería Agustín Fernández (Lañas)
- Confitería - Bollería Mari (Arteixo)
- Panadería - Confitería Rozas (A Coruña e Arteixo)
- Panadería Carracedo (Arteixo)
ORGANIZA:
AVRCD Fontesvellas
COLABORA:
Concello de Arteixo - Concellería de Deportes, Participación Cidadá e Xuventude