Forma parte da programación do IX Festival Mar de Mares e permanecerá aberta na Dársena da Mariña entre o 15 de setembro e o 16 de outubro
As 22 imaxes que se exhibirán na cidade amosan a beleza salvaxe da natureza e as
duras condicións que afrontaron os aventureiros británicos no Polo Sur e foron
tomadas por Herbert Ponting e Frank Hurley, dous dos mellores fotógrafos da época
Ademais desta exposición, o programa do festival inclúe moitas outras propostas,
todas de balde, como encontros inspiradores, actividades en familia, navegación baixo
as estrelas, ecoturismo, música, activismo e o Mercado e Festa do Mar
A Coruña, 9 de setembro de 2022. O Festival Mar de Mares trae á Coruña a exposición “Un lugar
frío e solitario. as viaxes de Scott & Shackleton ao Polo Sur”, que reúne as fotografías das
expedicións á Antártida levadas a cabo polos exploradores británicos Robert Falcon Scott, en 1912, e
Ernest Shackleton, en 1915. A mostra, formada por 22 imaxes que hai un século revelaron ao mundo
como era a rexión máis fría do planeta, estará instalada na Dársena da Mariña entre o xoves 15 de
setembro e o vindeiro 16 de outubro. Trátase dunha das propostas máis chamativas do festival que
este año ha puesto el foco en el océano como escenario de grandes aventuras y que , baixo o lema
Colle a onda, busca celebrar a grandeza que atesouran os mares e concienciar sobre a urxente
necesidade de preservalos.
A exposición que aterra na Coruña, que se convertirá durante uns días na capital mundial do océano,
constitúe un relato visual fascinante, tanto pola maxestuosa e salvaxe beleza das fotografías como
pola dureza extrema (non hai que olvidar que a temperatura media anual na Antártida é de -55
grados), a audacia e as extraordinarias historias que reflicten. Scott logrou alcanzar o Polo Sur, aínda
que semanas despois do noruegués Amundsen, e morreu conxelado na viaxe de volta xunto aos
catro homes que o acompañaban. A expedición de Shackleton, pola súa banda, non conseguiu
chegar ao seu destino: quedaron atrapados no xeo a bordo do seu barco, o Endurance (atopado
baixo o mar de Weddell este mesmo ano), e tiveron que sobrevivir durante meses ao frío glacial e á
falta de comida.
A serie fotográfica da viaxe sen retorno de Scott é obra de Herbert Pointing, mentres que as imaxes
da travesía de Shackleton foron tomadas por Frank Hurley, que, como o resto da tripulación, foi
contratado tras ler un anuncio en The Times que buscaba “homes para viaxe perigosa, soldo escaso,
frío extremo, longos meses de completa escuridade, perigo constante” e que non aseguraba o regreso, aínda que si “honor e recoñecemento en caso de éxito”. Tanto Hurley como Pointing foron
dous dos mellores fotógrafos da época.
Xunto a esta exposición, Mar de Mares inclúe no programa deste ano moitas outras propostas
divulgativas e de lecer, todas elas de balde, e que se concentrarán, sobre todo, entre os días 15 e 18
de setembro. O festival dos océanos ten preparados encontros inspiradores coa e exploradora
galega Chus Lago e coa oceanóloga catalana e especialista en tiburóns Gador Muntaner, así como
unha homenaxe aos activistas do Xurelo, que hai 40 anos lograron frear o verquido de bidóns
radiactivos na Fosa Atlántica e cambiaron a mentalidade da cidadanía e tamén a lexislación sobre a
contaminación no mar. Ademais, se desenvolverán actividades de ecoturismo, a III Gran Limpeza de
Fondos Mariños na contorna do Castelo de San Antón, outra limpeza desde as alturas nos coídos de
Punta Herminia, proxeccións de cine ou unha saída para navegar baixo as estrelas. Tamén regresa o
Mercado e Festa do Mar na explanada do Parrote, con showcookings a cargo de grandes chefs
galegos, obradoiros, postos de artesanía e varios concertos.
Sobre o Festival Internacional Mar de Mares
Desde a súa creación, Mar de Mares traballa por un futuro máis sostible promovendo a reflexión e
invitando á cidadanía a tomar partido polos mares, co obxectivo de celebrar toda a riqueza que nos
aportan os océanos e compartir o compromiso coa súa defensa e coidado. Ao longo destes anos, o
festival consolidouse como un espazo de concienciación e activismo grazas aos seus completos
programas e á participación de referentes mundiais que nos contaxiaron o amor polo mar e
regaláronnos marabillosas historias sobre o océano.
Desde o seu comezo, Mar de Mares reuniu na Coruña a preto de 200.000 persoas a través das súas
máis de 250 actividades organizadas nas oito edicións anteriores. Un fito para a cidade da Coruña
que é posible grazas ao apoio de institucións públicas e privadas, así como de numerosas entidades
que traballan no ámbito mariño. Entre os colaboradores do festival están o Concello da Coruña, a
Deputación da Coruña, a Xunta de Galicia, Estrella Galicia, Cabreiroá, Vegalsa, Cátedra Emalcsa-
UDC, Signus, Ecovidrio e Abanca. Este ano, ademais, o Festival conta co selo da Década dos
Océanos de Nacións Unidas.