jueves, 15 de septiembre de 2022

O Mercado Praza de Lugo acolle mañá unha degustación de produtos de cerco como sardiña ou boga


Os clientes poderán probar diferentes elaboracións gastronómicas a cargo da Asociación de Armadores de Cerco de Galicia

A actividade desenvolverase entre as 11.00 e as 13.00 horas

A Coruña, xoves, 15 de setembro de 2022.- 

O Mercado Praza de Lugo acollerá mañá a unha degustación de produtos de cerco a cargo da Asociación de Armadores de Cerco de Galicia. Os clientes que se acerquen ata a praza poderán probar diferentes elaboracións gastronómicas entre as 11.00 e as 13.00 horas.

A actividade pon fin á campaña O Cerco un xeito de vida levada a cabo por Acerga baixo o lemo ‘Produto de proximidade, fresco e sostible’. O obxectivo é poñer en valor ao sector pesqueiro do cerco e dar a coñecer especies como a sardiña, xurelo, xarda, bocarte ou a boga e animar aos consumidores a mercalos e desfrutalos.
 
AXENDA:
Que. Degustación produtos de cerco
Onde: Mercado Praza de Lugo
Cando: venres, 16 de setembro, de 11.00 a 13.00 horas