jueves, 20 de octubre de 2022

Esta fin de semana A Coruña celebra o Galicia Molona Fest 2022


● 2 días de concertos na Sala Filomatic e unha sesión vermú musical no Almacén Concept Store.

● 13 propostas da esfera alternativa galega.

A Coruña. 20 de outubro de 2022. Esta fin de semana A Coruña celebra a primeira edición dunha cita realmente atractiva para todos aqueles amantes da música menos mainstream. A Asociación Cultural Galicia Molona, co apoio da marca Arehucas, organiza este festival independente que conta cun line up integrado por 13 proxectos da escena galega.

Bandas de synth pop, garaxe, produtores de música electrónica, Djs... repartiranse en 2 ubicacións da cidade: Sala Filomatic e Almacén Concept Store.

Terror Erótico, Auto Sacramental, Ángel NovCad, Saraiba, Ms. No, El Flop, Calavera Rivera & Friends, Jor Ginho, Pladür, Chivata, Nüca, Sputnik Pussy e Schulz forman un cartel que abofé suscitará gran interese a nivel local e autonómico.

Sons certamente diversos, eclécticos e que prometen atraer a numerosas persoas.

As entradas poden conseguirse no sitio web www.galiciamolona.com e, de non esgotarse, na Sala Filomatic antes do inicio das actuacións.