jueves, 13 de octubre de 2022

HYDN presenta a súa candidatura ao Benidorm Fest


A galega hydn acaba de confirmar que presentou candidatura ao Benidorm Fest, facendo moi posible que haxa representación galega tamén este ano.

Nos últimos meses comezamos a escoitar que sería posible que este ano o Benidorm Fest volvera a contar con representación galega, ao convertirse hydn nunha das favoritas dos eurofans para representar a España en Eurovisión. E así o confirmaba a artista estes días, que tras semanas traballando co seu produtor Chris Indian no estudo, presentaron unha canción algo diferente ao que escoitamos dela ata agora, tal e como asegura en redes, pero coa que está moi ilusionada.

Ademáis, tamén desvelou a temática da canción. E é que compartíu moi emocionada nas súas RR.SS. que a canción que enviou ao Benidorm Fest é de temática sáfica, e que está escrita no seu tan característico galenglish.

Asegura que de momento non pode desvelar moito máis, así que agardamos poder saber pronto se se atopa entre os 16 artistas elexidos para o Benidorm Fest, os cales desvelaranse a finais de mes.

Aínda non sabes quen é hydn?

Precursora do galenglish, hydn é a primeira persoa en utilizar o galego e o inglés para expresarse musicalmente. Co obxectivo de, aparte de expresarse nos idiomas que máis cercanos sinte, chegar a xente que, tal e coma ela di, "non sabe nin da existencia do galego".

Introducíndonos nun completo mundo de fantasía e creando unha personaxe con historia propia, hydn crea o que define coma main character music.