martes, 22 de noviembre de 2022

NOTA DE PRENSA: Plataforma Feminista Galega e Marcha Mundial das Mulleres convocan unha manifestación na Coruña o 25N en contra das violencias machistas

Neste 25 de novembro, día Internacional para a Non violencia contra as Mulleres e as Nenas, a Plataforma Feminista Galega e a Marcha Mundial das Mulleres da Coruña sairemos ás rúas para manifestar un ano máis o noso rexeitamento contra as violencias machistas, contra todo un sistema patriarcal que segue a querer someter ás mulleres, invadindo todos os ámbitos da nosa vida.

Facemos un chamamento á participación nesta marcha, que partirá ás 20h do Obelisco, chegará pola rúa Compostela ata o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e pola rúa Fontán rematará a mobilización na Delegación do Goberno.

Co lema unitario “contra a violencia machista, revolta feminista” agardamos encher as rúas da cidade nunha data tan sinalada para o feminismo.