- Violinista, cantante e compositora, Maria de la Flor reivindica o valor da música tradicional en tempos de auto-tune. Actuará o 15 de abril (20.30 horas) no Concello de Oleiros
- A sexta edición de Elas Son Artistas celebrarase entre os meses de abril e decembro en diferentes espazos, tanto públicos como privados, da área metropolitana de A Coruña
- As entradas para o concerto de María de la Flor no Auditorio de A Fábrica venderanse a través de Ataquilla.com a un prezo de 4€ (+g.x.) o domingo 9 de abril a partir das 12.00 horas
A sexta edición do Ciclo Metropolitano pola Igualdade na Música e nas Artes, Elas Son Artistas, comeza a quentar motores confirmando a primeira das artistas que participarán este ano.
Violinista, cantante e compositora, María de la Flor canta ao pasado cunha voz cargada de futuro. A súa música está intrinsecamente conectada coa tradición, e dentro dela desenvolve unha historia única e persoal, nun bucle atemporal onde nada empeza nin acaba. En “Hilanderas”, o seu último disco, producido xunto a Carlos Monfort (Sílvia Pérez Cruz), recolle e sintetiza algunhas das forzas que veñen axitando o espectro cultural do noso país nos últimos tempos, a tradición como punto de partida ou de chegada. Actuará o vindeiro 15 de abril (20.30 horas) no Auditorio de A Fábrica do Concello de Oleiros. |
|
ELAS SON ARTISTAS
Elas Son Artistas é moito máis que un festival ou un ciclo de espectáculos artísticos. É unha reivindicación pola igualdade, unha homenaxe á muller creadora, que como sempre, será en todo momento protagonista.
Un festival que celebrará a súa sexta edición este 2023 grazas ao apoio institucional dos concellos que participan do mesmo, pero tamén grazas un ano máis á suma a nivel patrocinio de empresas privadas como Gadis o e colaboradores como AIE - Sociedad de Artistas Intérpretes o Ejecutantes de España, Alma Atlántica e Coca-Cola, ademais de entidades sen ánimo de lucro como a República Musical Mardi Gras e Grupo Esperto.
O día 28 de marzo, o Teatro Colón da Coruña acollerá a presentación deste VI Ciclo coa presenza de artistas, representantes de Concellos e entidades colaboradoras. Ese día desvelarase unha parte importante das artistas participantes entre abril e novembro. |
|