jueves, 25 de mayo de 2023

O programa Viaxe ao final da noite, con filmacións inéditas de Iván Zulueta, inaugura mañá a XIV edición do (S8)


Referente fundamental do cinema underground e experimental en España, protagoniza o ciclo A/Z: Zulueta inédito de Filmoteca Española, que continuará durante o mes de xuño como programación estendida do (S8) XIV Mostra Internacional de Cinema Periférico da Coruña


5 de maio de 2023.- O (S8) Mostra Internacional de Cinema Periférico da Coruña inaugura a súa décimo cuarta edición mañá, venres 26 de maio ás 19h00 horas, coa primeira sesión dedicada a proxectar o arquivo fílmico inédito de Iván Zulueta. Viaxe ao final da noite é unha recompilación de filmacións de festas con amigas e coñecidos, encontros desenfreados e fiestas sen fin, rodadas polo que foi o gran referente do cine underground e experimental no noso país.

O de mañá será o primeiro dun total de sete programas que o (S8) dedicará a proxectar o seu legado fílmico. Materiais rodados en 16 mm, 8 mm e Super 8 entre os anos 30 e 80 do século pasado, vinculados á vida persoal de Zulueta, aos movementos culturais do noso país durante a Transición e á vangarda cinematográfica, que foron adquiridos por Filmoteca Española e estruturados no ciclo A/Z: Zulueta inédito.

Na inauguración, que terá lugar mañá en Filmoteca de Galicia ás 19 horas, participarán a directora de Filmoteca Española, Valeria Camporesi; Josetxo Cerdán, comisario do ciclo xunto con Miguel Fernández Labayen; o director da Agadic, Jacobo Sutil; e os directores do (S8), Ana Domínguez e Ángel Rueda.

O sábado, 27 de maio ás 19 horas, será a quenda de Arredor de Arrebato, unha sesión que recompila materiais inéditos rodados durante a creación da súa icónica longametraxe. Os restantes cinco programas do ciclo proxectaranse como parte da programación estendida do (S8) durante o mes de xuño na Filmoteca de Galicia.


CALENDARIO A/Z ZULUETA INÉDITO:

Venres 26 de maio | 19:00 horas: A/Z ZULUETA INÉDITO | Programa 1 (Inauguración) | VIAXE AO FINAL DA NOITE

Sábado 27 de maio | 19:00 horas: A/Z ZULUETA INÉDITO | Programa 2 | ARREDOR DE ARREBATO

Venres 9 de xuño | 20:30 horas: A/Z ZULUETA INÉDITO | Programa 3 | A CELEBRACIÓN DA CARNE

Venres 16 de xuño | 20:30 horas: A/Z ZULUETA INÉDITO | Programa 4 | ALOHA | e Programa 5 | AS PELÍCULAS DE CONSUELO E ANTONIO

Venres 23 de xuño | 20:30 horas: A/Z ZULUETA INÉDITO | Programa 6 | FUGAS E ESCAPADAS

Venres 30 de xuño | 20:30 horas: A/Z ZULUETA INÉDITO | Programa 7 | APUNTES E BOCETOS