O festival internacional de danza na rúa, que ven programando as máis novidosas propostas de danza en espazos urbáns dende 2015, retoma a súa andadura cunha intensa xornada disposta a asolagar o Castelo de San Antón de emocións o vindeiro domingo 4 de xuño
A Coruña, mercares 24 de maio de 2023.-
Sete edicións ás súas costas, e moitas ganas de seguir demostrando que a danza ten espazo e emoción máis aló das táboas dos teatros. O festival internacional de danza Quincegotas, con sede en A Coruña dende 2015, retoma a súa andadura neste 2022 tras un ano de parada involuntaria, para achegar as mellores propostas contemporáneas de danza ao público xeral.
O domingo 4 de xuño, o Castelo de San Antón transforma pedra e herba en táboas e platea para que o corpo sexa o protagonista nesta nova edición, que promete un cartel inesquecible e emotividade sen límites nunha xornada continua moi especial.
Como cada ano, a entrada será gratuita até completar aforo, e os espectáculos, cuxos títulos e creadores permanecerán, polo momento, a bo recaudo, até a presentación oficial do programa desta oitava edición, preparan xa a súa posta en escena nunha contorna única, pensada para demostrar que a creatividade, a arte e a expresividade pertenecen a todos, e non entenden de contenedores.