lunes, 7 de agosto de 2023

Este luns, 7 de agosto, arranca o 26º Salón Internacional do Cómic da Coruña Viñetas desde o Atlántico 2023



Durante sete días, até o domingo 13 de agosto, a cidade herculina convértese na capital universal da banda deseñada, con máis dun centenar de propostas: exposicións, sinaturas con autorías de referencia do sector, música, un ciclo de cinema de animación, visitas, mesas redondas, etc.

Este luns, 7 de agosto, o programa de Viñetas inclúe, ademais da apertura das súas sete exposicións, o primeiro dos obradoiros infantís de Viñetas Lab, no Palco da Música dos Xardíns de Méndez Núñez, ás 19.00h, e o concerto ilustrado de Hongo, ás 21.00h, no Teatro Colón

A Rúa da BD, que reúnen a mellor selección editorial de banda deseñada de hoxe e de sempre, comezará a súa andaina de 18.00 a 21.00h e, nesta tarde de luns, contará coas sinaturas de Jorge Campos (Anaya), Paula Chesire (Fandogamia) e Javier Monja Potente e Frank Peñas Arias (T-Raptor Editorial)

A Coruña, 6 de agosto de 2023.- Mañá luns, 7 de agosto, arranca o 26º Salón Internacional do Cómic da Coruña, Viñetas desde o Atlántico 2023. Durante os próximos sete días, até o domingo 13 de agosto, a cidade herculina convértese na capital universal da banda deseñada, con máivs dun centenar de propostas artísticas, que inclúen exposicións, sinaturas con autorías de referencia do sector, música, un ciclo de cinema de animación, obradoiros infantís e profesionais, visitas guiadas, mesas redondas, etc.

O programa de Viñetas 2023 previsto para este luns, 7 de agosto, propón, ademais da apertura das súas sete exposicións, o primeiro dos obradoiros infantís de Viñetas Lab, no Palco da Música dos Xardíns de Méndez Núñez, ás 19.00h, e o concerto de Hongo, ilustrado por Paz Rodríguez, Luis Yang e Julia Abalde, ás 21.00h, no Teatro Colón.

A Rúa da BD, que reúnen máis de 40 stands profesionais de editoras e librarías coa mellor selección editorial de banda deseñada de hoxe e de sempre, comezará a súa andaina de 18.00 a 21.00h e, nesta tarde de luns, contará coas sinaturas de Jorge Campos (Anaya), Paula Chesire (Fandogamia) e Javier Monja Potente e Frank Peñas Arias (T-Raptor Editorial).

PROGRAMA POR DÍAS VIÑETAS DO ATLÁNTICO 2023


LUNS 7 DE AGOSTO


Viñetas desde o Atlántico

18.00 -Kiosco Alfonso (exterior) - Inauguración Viñetas do Atlántico 2023

18.30 - Xardíns de Méndez Núñez - Inauguración da Rúa da Banda Deseñada

19.00 - Palco da Música - Obradoiro infantil Viñetas Lab

21.00 - Teatro Colón - Concerto de Hongo ilustrado por Paz Rodríguez, Luis Yang e Julia Abalde


Rúa da Banda Deseñada

18.00 – 21.00h

Sinaturas

18.00 - Jorge Campos - Anaya

18.00 - Paula Cheshire - Fandogamia

E, tamén: Javier Monja Potente e Frank Peñas Arias - T-Raptor Editorial


MARTES 8 DE AGOSTO


Viñetas desde o Atlántico

10.30 - Biblioteca Durán Loriga - Obradoiro infantil As túas primeiras viñetas

11.30 -Biblioteca de Estudos Locais - Obradoiro profesional express de novela gráfica

11.30 - 13.30 - Palco da Música - Comicteca

12.00 - Kiosco Alfonso - Visita guiada pola exposición ¡Mujercitas del mundo, uníos! Pioneras del cómic underground adulto, a cargo dos comisarios Raquel Jimeno, Alberto Medina e Guillermo Cobo

12.00 - Kiosco Alfonso - Sinatura de Isa Feu e Laura Pérez Vernetti

18.00 - Kiosco Alfonso - Visita guiada pola exposición‘¡Mujercitas del mundo, uníos! Pioneras del cómic underground adulto, a cargo dos comisarios Raquel Jimeno, Alberto Medina e Guillermo Cobo

18.00 – Kiosco Alfonso - Sinaturas de Marta Guerrero, Marika Vila e Elisa McCausland

18.00 – Palco da Música - Obradoiro infantil Viñetas Lab

19.00 – Teatro Colón - Mesa redonda Pioneiras do cómic underground adulto

19.00 – Palco da Música - Obradoiro infantil Viñetas Lab


Rúa da Banda Deseñada

11.00 – 14.00h e 17.00 – 21.00h

Sinaturas

18.30 - Inacio e Iván Suárez - Demo Editorial

20.00 - Anémona de Río e José Malvárez Carleos – Anaya

E, tamén: Javier Monja Potente e Frank Peñas Arias - T-Raptor Editorial


MÉRCORES 9 DE AGOSTO


Viñetas desde o Atlántico

10.30 -Biblioteca Durán Loriga - Obradoiro infantil de iniciación á banda deseñada

11.30 -Biblioteca de Estudos Locais - Obradoiro profesional express de novela gráfica

11.30 - 13.30 –Palco da Música - Comicteca

11.30 -Kiosco Alfonso - Sinatura de Laura Pérez Vernetti

12.00 - Sala de Exposicións do Palacio Municipal - Visita guiada pola mostra Las chicas del Pillar, a cargo dos autores Teresa Radice e Stefano Turconi

13.00 -Casa Museo Picasso - Visita guiada pola mostra VIVE LA VIDA e outras poesías gráficas de Luis Alberto de Cuenca, a cargo da autora Laura Pérez Vernetti e o comisario Asier Mensuro

16.30 -Teatro Colón - Órbita animada. Ciclo de cinema - Lupin III: The First

18.00 - Palco da Música - Obradoiro infantil Viñetas Lab

18.30 - Teatro Colón - Órbita animada. Ciclo de cinema - Spider-Man: Into the Spider-Verse

18.30 - Sala de Exposicións do Palacio Municipal - Visita guiada pola mostra Las chicas del Pillar, a cargo dos autores Teresa Radice e Stefano Turconi

19.00 - Sala de Exposicións do Palacio Municipal - Sinatura de Teresa Radice e Stefano Turconi

19.00 - Palco da Música - Obradoiro infantil Viñetas Lab

21.00 - Hall do Teatro Colón - Sinatura de David Rubín

22.00 -Teatro Colón - Audioficción de O lume, dramatizada por Xosé Barato e presentada por Neves Rodríguez


Rúa da Banda Deseñada

11.00 – 14.00h e 17.00 – 21.00h

Sinaturas

17.30 - Teresa Radice e Stefano Turconi - Nuevo Nueve

18.30 - David Rubín - Demo Editorial

20.00 - Ramón D. Veiga – Anaya

E, tamén: Javier Monja Potente e Frank Peñas Arias - T-Raptor Editorial


XOVES 10 DE AGOSTO


Viñetas desde o Atlántico

10.30 -Biblioteca Durán Loriga - Obradoiro infantil de iniciación á banda deseñada

11.30 -Biblioteca de Estudos Locais - Obradoiro profesional express de novela gráfica

11.30 - 13.30 -Palco da Música - Comicteca

12.00 -Xardíns de Méndez Núñez– Viñetas musicais galegas, a cargo da Banda Municipal de Música da Coruña

18.00 - Palco da Música - Obradoiro infantil Viñetas Lab

19.00 - Palco da Música - Obradoiro infantil Viñetas Lab


Rúa da Banda Deseñada

11.00 – 14.00h e 17.00 – 21.00h

Sinaturas

12.30 - David Rubín - Astiberri Ediciones

17.00 - Antonio Seijas - Alita Cómics

18.00 - Eli García - Libraría Paz

19.00 - Xulia Vicente - Alita Cómics

19.30 - Emma Ríos - Astiberri Ediciones

19.30 - David Rubín - Demo Editorial

E, tamén: Javier Monja Potente e Frank Peñas Arias - T-Raptor Editorial


VENRES 11 DE AGOSTO


Viñetas desde o Atlántico

11.30 - 13.30 –Palco da Música - Comicteca

12.00 - Teatro Colón - Órbita animada. Ciclo de cinema - The First Slam Dunk

17.00 - Teatro Colón - Órbita animada. Ciclo de cinema - Akira 4K

18.00 - Palco da Música - Obradoiro infantil Viñetas Lab

19.00 - Palco da Música - Obradoiro infantil Viñetas Lab


Autobán, Festa da autoedición

Sala Filomatic

18.30 - Presentación de Autobán 2023

19.00 - Autobombo

21.00 - Combate de debuxantes


Rúa da Banda Deseñada

11.00 – 14.00h e 17.00 – 21.00h

Sinaturas

18.00 - Ánxel Carramal - Anaya

18.30 – Inés Vázquez - Demo Editorial

19.00 - María Brenn - Libraría Paz

19.00 - Óscar Losada e Xulia Pisón - Alita Cómics

19.30 - Santy Gutiérrez - Demo Editorial

E, tamén:

César Sebastián – Metrópolis Cómics A Coruña

Javier Monja Potente e Frank Peñas Arias - T-Raptor Editorial


SÁBADO 12 DE AGOSTO


Viñetas desde o Atlántico

11.30 - 13.30 -Palco da Música - Comicteca

12.00 - Palco da Música - Obradoiro infantil Viñetas Lab

18.00 -Kiosco Alfonso - Mesa redonda sobre a situación actual da banda desdeñada

18.00 - Palco da Música - Obradoiro infantil Viñetas Lab

19.00 - Palco da Música - Obradoiro infantil Viñetas Lab

21.00 -Copacabana Coruña - Encontro sectorial: Peche de Viñetas 2023


Autobán, Festa da autoedición

Praza de San Andrés

12.00 - 22.00 - Mercado de Autoedición

12.00 -Inauguración exposición Edmon (A Grelería)

12.30 - Obradoiro Sen pés nin testa! Obradoiro de fanzín DADA

19.00 - Obradoiro 2x1: Crea un fanzine e un poster nunha sentada!

Bar 13

01.00 -Festón post Autobán


Rúa da Banda Deseñada

11.00 – 14.00h e 17.00 – 21.00h

Sinaturas

12.30 - Martín Romero - Astiberri Ediciones

12.30 - Paula Cheshire - Libraría Paz

18.00 - Paula Cheshire - Fandogamia

18.30 - Manel Cráneo e Brais Fierro - Demo Editorial

19.00 - Miguel Fernández - Libraría Paz

19.00 - Alberto Varela - Anaya

19.30 - Santy Gutiérrez - Demo Editorial

E, tamén: Javier Monja Potente e Frank Peñas Arias - T-Raptor Editorial


DOMINGO 13 DE AGOSTO


Palco da Música

11.30 - 13.30 – Comicteca

12.00, 18.00 e 19.00 – Obradoiro infantil Viñetas Lab


Rúa da Banda Deseñada

11.00 – 14.00h e 17.00 – 21.00h

Sinaturas

12.30 - Alberto Vázquez - Astiberri Ediciones

E, tamén: Javier Monja Potente e Frank Peñas Arias - T-Raptor Editorial