A Coruña, 4 de agosto de 2023.- Máis de 30 autoras e autores de referencia do mundo da banda deseñada asinarán os seus libros en Viñetas desde o Atlántico 2023. Deste xeito, esta 26º edición do festival internacional do cómic da cidade da Coruña contará coas súas xa tradicionais sinaturas na Rúa da BD, programadas polas editoras e librarías presentes na feira. Ademais, as autoras e os autores das exposicións que conforman o cartel este 2023 asinarán as súas obras durante o transcurso do festival. Entre as autorías presentes nas firmas cítanse nomes como os de Laura Pérez Vernetti, Isa Feu, Marta Guerrero, Marika Vila, Elisa McCausland, Teresa Radice, Stefano Turconi, David Rubín, Emma Ríos, Xulia Vicente, Paula Cheshire, Santy Gutiérrez, Manel Cráneo e Brais Fierro, entre moitos outros. A axenda completa de sinaturas pódese consultar na páxina web www.
FIGURAS DE CÓMIC A TAMAÑO REAL
A Coruña amenceu esta mañá coas emblemáticas figuras do festival xa colocadas nos Xardíns de Méndez Núñez e no Kiosco Alfonso. Ao longo desta xornada quedarán todas instaladas nos seus espazos habituais, cunha novidade este ano: en homenaxe a Francisco Ibáñez, as figuras de Mortadelo e Filemón situaranse na entrada do Kiosco Alfonso, o centro neurálxico da celebración do festival. Entre estas personaxes de historieta a tamaño real, xa míticas da cidade da Coruña, non faltan nomes como Batman, Pitufina, Capitán Trueno, Torpedo, Joker, Spider-Man, Corto Maltés, Súper López ou Tintín, entre outras.
SINATURAS AUTORÍAS CONVIDADAS VIÑETAS DESDE O ATLÁNTICO 2023
Martes 8 de agosto
12.00h - Laura Pérez Vernetti e Isa Feu - Kiosco Alfonso
18.00h - Marta Guerrero, Marika Vila e Elisa McCausland - Kiosco Alfonso
Mércores 9 de agosto
11.30h - Laura Pérez Vernetti - Kiosco Alfonso
19.00h - Teresa Radice e Stefano Turconi - Sala de Exposicións do Palacio Municipal
21.00h - David Rubín - Teatro Colón
SINATURAS RÚA DA BD
Luns 7 de agosto
18.00h - Jorge Campos - Anaya
18.00h - Paula Cheshire - Fandogamia
Martes 8 de agosto
18.30h - Inacio e Iván Suárez - Demo Editorial
20.00h - Anémona de Río e José Malvárez Carleos - Anaya
Mércores 9 de agosto
17.30h - Teresa Radice e Stefano Turconi - Nuevo Nueve
18.30h - David Rubín - Demo Editorial
20.00h - Ramón D. Veiga – Anaya
Xoves 10 de agosto
12.30h - David Rubín - Astiberri Ediciones
17.00h - Antonio Seijas - Alita Cómics
18.00h - Eli García - Libraría Paz
19.00h - Xulia Vicente - Alita Cómics
19.30h - Emma Ríos - Astiberri Ediciones
19.30h - David Rubín - Demo Editorial
Venres 11 de agosto
18.00h - Ánxel Carramal - Anaya
18.30h - Manel Cráneo e Brais Fierro - Demo Editorial
19.00h - María Brenn - Libraría Paz
19.00h - Óscar Losada e Xulia Pisón - Alita Cómics
19.30h - Santy Gutiérrez - Demo Editorial
E, tamén: César Sebastián – Metrópolis Cómics A Coruña
Sábado 12 de agosto
12.30h - Martín Romero - Astiberri Ediciones
12.30h - Paula Cheshire - Libraría Paz
18.00h - Paula Cheshire - Fandogamia
18.30h - Manel Cráneo e Brais Fierro - Demo Editorial
19.00h - Miguel Fernández - Libraría Paz
19.00h - Alberto Varela - Anaya
19.30h - Santy Gutiérrez - Demo Editorial
Domingo 13 de agosto
12.30h - Alberto Vázquez - Astiberri Ediciones
E, ademais:
Do luns 7 ao domingo 13 de agosto
Javier Monja Potente e Frank Peñas Arias – T-Raptor Editorial