viernes, 18 de febrero de 2022

Confirmase o derrubo de 27 vivendas en Eirís


 

Nota de prensa da ASOCIACIÓN VECIÑAL DE EIRÍS
Plataforma de afectadas pola ampliación do CHUAC
XUNTA E CONCELLO AVANZAN COA AMPLIACIÓN DO VELLO CHUAC:

A Plataforma de afectadas pola ampliación do VELLO CHUAC reuníuse tralas entrevistas mantidas co director da Axencia Galega de Infraestruturas, nas que se confirmaba que o número de vivendas afectadas polo plan da Xunta de ampliar o CHUAC chega a agora a 27 (e non as 19 que Xunta e Concello levan 2 anos dicindo).

Trátase de 2 vivendas na rúa Inés Debén, 3 na Avenida da Pasaxe, 8 en Curramontes e 14 no Castaño de Eirís. 27 vivendas, arredor de 100 persoas que quedarán sen fogar.

É a primeira vez que estas persoas reciben información directa por parte da administración dende que hai máis de 2 anos o Presidente da Xunta anunciara que renunciaba a facer un hospital novo para A Coruña e que ían ampliar o Vello CHUAC pero poñendolle un cartel que dixese que era novo. 2 anos nos que a veciñanza afectada e o barrio traballaron man a man para dar a coñecer á cidadanía o que ía acontecer.

Na xuntanza, ademais de poñer en común o falado nas entrevistas individuais que mantiveron nos Novos Ministerios acordaron seguir loitando contra o derrubo das súas vivendas, e contra a decisión arbitraria que hai por detrás:

- Partíase de máis de 400 millóns de euros, pero a cifra xa é incalculable, posto que segundo anunciou a Conselleira Ethel Vázquez permitirán que suba coa subida de prezos dos materiais. E todo para seguir ampliando un hospital sobre un esqueleto (o vello CHUAC) que leva anos mostrando que está vello, e que o que se precisa para esta cidade e a Área Sanitaria A Coruña- CEE é un hospital novo, accesible, nun espazo aberto e con posibilidades de futuro.

- Xunta e Concello avanzan nese proxecto abocado ó fracaso, negándonos a posibilidade de ter unhas instalacións sanitarias novas, xogando co futuro e os cartos de toda a contorna, e arrasando novamente con parte do barrio de Eirís.

NOVO CHUAC SÍ, PERO NON ASÍ!!
MENOS CEMENTO E MÁIS PERSOAL!!
A CORUÑA MERECE UN HOSPITAL NOVO!!

jueves, 17 de febrero de 2022

A Coruña recupera o espírito do Entroido cunha ambiciosa programación que incorpora actuacións musicais como a de Varry Brava


 

Puedes ver el programa en PDF haciendo click aquí.


A alcaldesa Inés Rey anunciou os distintos actos durante a inauguración da exposición polos 40 anos dos Maracos

A Coruña, 17 de febreiro de 2022.- A Coruña volverá gozar este 2022 do seu tradicional Entroido, que engadirá nesta edición diferentes citas musicais encabezadas pola banda Varry Brava. Así o anunciou a alcaldesa Inés Rey durante a inauguración da exposición conmemorativa dos 40 anos da Asociación Lúdico-Cultural Os Maracos. Este ano o lema das festas será ‘Volve o Antroido máis auténtico’, empregando a palabra utilizada na cidade para dicir Entroido, en referencia ao regreso das actividades tradicionais destas celebracións.

A programación estenderase desde este 17 de febreiro coa mostra dos Maracos ata o próximo mércores 2 de marzo co enterro da sardiña en Santo Amaro. “Afondando na aposta deste Goberno municipal pola Coruña como potencia cultural de primeiro orde, poñemos en marcha unha das programacións de Entroido máis ambiciosas en anos”, sinalou Inés Rey.

Este domingo 20 celebrarase o primeiro dos concursos do Entroido. Será o de comparsas, na modalidade de música e letra, no Palacio da Ópera. Haberá tamén concurso de carrozas e comparsas na modalidade de vestiario e coreografía o sábado 26. Será durante o desfile de Entroido, que pasará por San Andrés, o Cantón pequeno e a Mariña, antes de chegar á praza de María Pita. Por último, tamén haberá concurso infantil de disfraces, o martes 1 de marzo no Campo da Leña. Contarase coa actuación dos Mecánicos. Non faltarán tampouco tradicións como o Momo e homenaxes a persoas moi vencelladas a esta festividade como Nito, César San José, Palau ou Canzobre

Por outra banda, este Entroido tamén servirá para continuar a render homenaxe á figura de María Casares no seu Ano Internacional organizado polo Concello. O xoves de comadres, 24 de febreiro, farase un percorrido entre a praza das Cigarreiras e o Teatro Colón, onde Olga Patiño lerá un poema en homenaxe á actriz e procederase á lectura dun manifesto. A continuación, os e as presentes camiñarán ata a praza de María Pita e a Casa Museo Casares Quiroga, lugares onde se cantarán cancións a María Casares. “Haberá música e poesía, e así A Coruña demostrará unha vez máis que sabe divertise e á vez coidar dos seus referentes”, apuntou Inés Rey.

Este Entroido haberá diferentes actuacións musicais na cidade. Estarán encabezadas pola banda Varry Brava, que actuará o luns 28 de febreiro ás 21.00 horas na praza de María Pita. A entrada será gratuíta ata completar capacidade. A formación está moi de actualidade pola súa participación no Benidorm Fest. Ademais, tamén actuarán en María Pita a banda Broken Peach (sábado 26) e Virtual Project (martes 1).

Inés Rey pediu durante a presentación da programación “sentidiño” á cidadanía durante estas celebracións tan populares. “Esta cidade xa demostrou na Cabalgata de Reis que sabe saír á rúa, sabe comportarse e, sobre todo, sabe divertirse. Así é a identidade coruñesa, da que o entroido é un dos seus maiores símbolos”, sinalou a alcaldesa.

Exposición dos Maracos

A sala de exposicións de María Pita acolle desde este xoves a mostra ’40 anos cos Maracos’, na que se rende homenaxe a unha das comparsas máis emblemáticas e queridas da cidade. “Os Maracos fan da irreverencia e a creatividade o motor do seu Entroido, converténdose, xunto a tantos outros, nun sinal de identidade coruñesa”, sinalou a alcaldesa Inés Rey. O acto contou coa presenza de distintos membros da xunta directiva dos Maracos.

“Falar dos Maracos é falar dun dos sectores máis comprometidos e festivos da Coruña, que alá polos anos oitenta devolveron o carnaval ás nosas rúas. Polo tanto, falar deles é facelo de liberdade”, apuntou a alcaldesa. A mostra é de acceso público para toda a cidadanía e conta con pezas orixinais utilizadas pola comparsa e documentos históricos destes últimos 40 anos. A exposición estará aberta ata o 6 de marzo.

martes, 15 de febrero de 2022

A III Semana do Cinema Galego, a gran mostra do audiovisual do país, celebrarase do 8 ao 13 de marzo na cidade da Coruña

 



A nova edición da cita exhibirá as producións galegas máis recoñecidas dos últimos meses da man das e dos profesionais do noso cinema e inclúe dúas sesións especiais de inauguración e clausura

A Academia Galega do Audiovisual quere consolidar a iniciativa, de carácter non competitivo, como “o grande evento cinematográfico de referencia en Galicia”

15 de febreiro de 2022 - A Coruña celebrará do 8 ao 13 de marzo a III Semana do Cinema Galego, a gran mostra da sétima arte do país. Durante seis días, a cidade situarase no epicentro da actividade cinematográfica do territorio. O audiovisual galego exhibirá as súas producións máis recentes e recoñecidas da man das e dos profesionais do noso cinema, dos equipos artísticos, nunha cita consagrada, na súa totalidade, ao talento máis próximo.

A tesoureira da Academia Galega do Audiovisual, Carmen Méndez, acompañada polo deputado provincial de Cultura, Xurxo Couto, e polo edil de Relacións Institucionais e Turismo do Concello da Coruña, Juan Ignacio Borrego, presentou esta terceira edición, na que a alfombra vermella locerá no Teatro Colón dar a benvida a unha coidada programación conformada polas mellores longametraxes e documentais do último ano. Concretamente, proxectaranse os traballos finalistas dos Premios Mestre Mateo 2022 que concede a Academia Galega do Audiovisual, traballos que darán boa conta do talento do país. Os propios equipos artísticos dos filmes presentarán os seus proxectos no recinto coruñés.

Con esta terceira edición, a AGA quere consolidar a Semana do Cinema Galego como a gran celebración non competitiva da tempada do cinema do país. Coa ollada posta en citas como Málaga, Cannes ou Venecia, a intención da Academia é impulsar un punto de encontro para público e artistas, incorporando tamén a cidade como un dos seus escenarios principais. Unha ocasión carismática, seductora e máxica, con todo o glamour do mellor cinema, que quere ser “unha das grandes citas da tempada”, sinalou Carmen Méndez. Ademais, a directiva da Academia, quen presentou a nova imaxe e o vídeo promocionalda iniciativa, avanzou que a actividade desta III Semana do Cinema Galego incorpora, alén dos filmes finalistas dos Mestre Mateo, dúas películas especiais que se proxectarán tanto na inauguración coma na clausura da mostra.


lunes, 14 de febrero de 2022

"LICHIS" [CANCELADO] y "THE ROCK LEGEND" en la Sala Mardi Gras el próximo fin de semana


 

LICHIS [CANCELADO]
Viernes 18.
Apertura 22:00 concierto 22:30
Entradas 16€

Regresa Lichis a Mardi Gras para un repaso de las canciones de sus discos en solitario. 

Los conciertos de Miguel Ángel Hernando Trillo (barcelonés afincado en Mardi), más conocido como Lichis, buscan una comunión entre artista y publico. Una afición fiel que lo conoció con La Cabra Mecánica, la banda que lo llevó a la fama. Posteriormente decidió, tras 6 discos, iniciar un proyecto propio, con más calma con canciones personales.

Comenzó como bajista profesional, trabajando con diversas bandas. Lichis,se ha ido formando como músico multiinstrumentista y virtuoso, algo que mucha gente desconoce. El viernes en Mardi Gras, nueva cita para disfrutarlo a escasos centímetros.


--

THE ROCK LEGEND.
Sábado 19. 
Apertura 22:30 concierto 23:00
Entrada única 8€

Sábado para asistir al debut mundial de una banda con músicos de A Coruña y Ferrol: The Rock Legend

Sus componentes tienen un amplio rodaje de conciertos y giras por todo el país y han decidido juntarse y crear esta banda para disfrutar y hacer disfrutar con temas claves en la historia del rock que conoce cualquier persona aficionada a la música. 

Ellos son David Cundíns (Guitarra), Gustavo Suárez (Bajo), Tony Prego (Batería), Myrna Fraguglia (Teclado), Manuel Andón (Guitarra solista) y la vocalista Sokie como frontwoman. 

El sábado en Mardi Gras ofrecerán un repertorio con temas de AC DC, Guns n' Roses, KISS, Bon Jovi, Nirvana y Led Zeppelin llevados a su terreno, sumando canciones populares en voces femeninas como “The Look” de Roxette y el clásico “The Best” de Tina Turner. Sin duda The Rock Legend te hará revivir los mejores momentos del Rock y cantar como cuando estás en la ducha y crees que nadie te escucha.

viernes, 4 de febrero de 2022

O Concello inicia o luns as obras de peonalización e reurbanización de Alcalde Marchesi e Primavera


 

O proxecto creará zonas de lecer e descanso, ademais de potenciar o comercio local e mellorar a mobilidade peonil coa creación dun espazo seguro

A Coruña, 4 de febreiro de 2022.- As obras de reurbanización e peonalización das rúas Alcalde Marchesi e Primavera comezarán este próximo luns 7 de febreiro. O inicio dos traballos anunciounos este venres a alcaldesa Inés Rey, que incidiu en que o seu Goberno cumpre deste xeito unha “demanda histórica” dos veciños e do comercio local da zona.

A obra intervirá nun ámbito de 3.189 metros cadrados e ten un prazo de execución de 12 meses. O orzamento dos traballos é de 975.000 euros e o Concello ten solicitados fondos Next Generation para os sufragar. O proxecto foi redactado polo estudo de arquitectura coruñés NAOS e o seu obxectivo é a peonalización das rúas mencionadas e a mellora das condicións urbanas do espazo público, así como rexenerar o tecido urbano, con zonas de lecer, paseo e descanso. Búscase tamén o benestar e a potenciación do comercio local desta zona e a mellora da mobilidade peonil a través da xeración dun espazo seguro para a cidadanía.

Esta semana Juan Díaz Villoslada, concelleiro de Urbanismo, Vivenda, Infraestrutura e Mobilidade, e Diana Cabanas, concelleira de Comercio, Mercados e Barrios, ademais do equipo técnico e os directores de obra, reuníronse coa asociación de veciños e representantes de veciños e comerciantes de ambas rúas para avanzarlles o inicio dos traballos e as súas características.

Unha rúa para veciños e comerciantes

Estes traballos converterán unha rúa corredor sen elementos de interese ou de referencia nunha rúa-praza para o gozo dos veciños e veciñas do barrio. Un dos elementos máis destacados da transformación desta zona será a integración da cor nos firmes da rúa. As diferentes superficies e cores integraranse para formar un espazo novo e dinámico. O aumento da natureza na contorna darase a través do aumento significativo da vexetación e zonas verdes en todo o barrio, dispostas como pequenas illas de diversos tipos de árbores e flores de diversas cores.

Nos puntos de intersección entre as rúas estableceranse dous fitos formados a través de elementos verticais que servirán como puntos de encontro e contarán cunha base de carga de dispositivos e conexión a Internet, que recibirá o nome de Árbore Tecnolóxica. Por outra banda, os trazados do pavimento da intervención estenderanse por toda a superficie de maneira orgánica, de xeito que xerará unha ampliación das zonas peonís onde se establecerán zonas de descanso e espazos con xogos infantís. Para estes últimos, hai previstos xogos como o xadrez ou a mariola.

O firme será de formigón continuo, salvo nas zonas infantís que será de caucho. Os colectores do lixo serán soterrados e executaranse neste proxecto dous pasos de peóns elevados en Fernández Latorre e na avenida de Oza. Os traballos suporán a instalación de 20 bancos con xardineira, 33 bancos singulares deseñados para o proxecto, 20 bancos de forma cúbica, 5 mesas de xadrez, 16 bancos de madeira, 16 exemplares da árbore Prunus amanogawa e arbustos de 6 especies diferentes.

O plan de obra trasladado aos veciños e veciñas indica que o proxecto se executará por fases, sendo a primeira a que afecta ao subsolo a través da renovación completa da rede de saneamento. A continuación, renovarase o firme e instalarase o novo material e mobiliario urbano, ademais das árbores e a vexetación. As obras comezarán no cruzamento da rúa con Ramón y Cajal e irán ascendendo cara a praza de Catro Camiños e a rúa Primavera.

A futura Rolda Peonil

O proxecto de peonalización de Alcalde Marchesi e Primavera forma parte da Rolda Peonil coa que o Goberno de Inés Rey pretende continuar avanzando na súa política de gañar espazo na rúa para a cidadanía e humanizar a contorna dos diferentes barrios. No último ano avanzouse neste proxecto gañando máis de 7.500 metros cadrados de espazos peonís cun investimento de case 1 millón de euros. Tratouse da peonalización de Puga y Parga (73.689 euros), a peonalización de Mariscal Pardo de Cela (141.664,53 euros), a reurbanización de Oidor Gregorio Tovar (567.662,32 euros) e a peonalización de Ramón Cabanillas (132.430 euros). Os seguintes pasos, ademais desta primeira fase de Alcalde Marchesi, será a continuación desta rúa cara Ramón y Cajal e A Gaiteira e a segunda fase de Ramón Cabanillas. O Concello ten solicitada a inclusión destes proxectos nos fondos Next Generation.

martes, 1 de febrero de 2022

El single "Una pared tembló" de Silvia Penide con Andrés Suárez homenajea a las salas de conciertos


 

* La compositora y cantante gallega estrena el tema en directo este sábado 5 en Madrid, en Libertad 8, con emisión por streaming a todo el mundo

* La canción fue compuesta especialmente para la Sala Bâbâ Bar que cerró por la pandemia, pero intenta ser un homenaje a todas las salas de conciertos

* La guitarra, los arreglos y la producción corren a cargo Paul Álvarez, guitarrista habitual de la banda de Silvia

* La canción se lanza hoy 1 de febrero en Bandcamp y llegará el 14 de febrero al resto de plataformas


Los artistas gallegos Silvia Penide y Andrés Suárez unen sus voces para cantarle a las salas de conciertos en el single "Una pared tembló". Cualquier artista que comience su carrera sabe de la importancia de que haya un buen circuito de salas repartidas por todo el país, incluso por todo el planeta. Sin ese primer escalón, es casi imposible desarrollar una carrera musical. La pandemia ha obligado a cerrar a unas cuantas salas por todo el país.

La canción es un extra del disco "Los días de plomo". Se trata de un emotivo himno a esa sensación de que, tras un duro día, una buena noche en un concierto puede salvar vidas o al menos días. La producción ha corrido a cargo del guitarrista de la banda de Silvia, Paul Álvarez que también se encarga de la guitarra del tema y de los arreglos sonoros. El single tiene una cara B que es la canción Bailar en Irán, dedicada a los Derechos Humanos. Hasta el día 14 de febrero, en el que se lanzará en todas las plataformas digitales, el single está disponible exclusivamente en el Bandcamp de la artista.

La artista gallega tiene ya 8 discos editados, dos Premios Martín Codax de la Música gallega y suma en sus canciones voces como la de Víctor Manuel, Javier Álvarez, Eladio Santos o Ugía Pedreira. En 2023 llegará a los 20 años de carrera musical.

La presentación en directo de la canción será este sábado 5 en Madrid en Libertad 8 a las 21 horas, en el concierto acústico que ofrecerá Silvia Penide. Las entradas se pueden conseguir en Entradium.com y está disponible también para ver desde casa por streaming desde cualquier parte del mundo.

La portada del single es obra de Sucede Arte Visual, artista coruñesa también.

Descubre el live de Roi & The Panic Room A/V



Este es el estreno del nuevo proyecto de dos de los creadores y agitadores culturales más inquietos del noroeste peninsular: Roi Grobas y Pablo Cubeiro.

Ambos son el alma máter del proyecto poliédrico coruñés Fanzine: festival, sello, escuela, noches de club, programa de radio y más iniciativas, incansables desde hace trece años y con un sólido compromiso por hacer brillar la escena electrónica gallega y española.

EL DIRECTO INÉDITO DE ROI CON EL APOYO VIUSAL DE PABLO CUBEIRO

Tras la finalización del Fanzine Fest 2020 ambos decidieron emprender un enésimo desafío: preparar durante un año el directo inédito de Roi junto al apoyo visual de Pablo. Y no han parado hasta hacerlo realidad en la última edición del festival, celebrada en diciembre de 2021. Tras innumerables sets de DJ en Europa o Latinoamérica, la progresión lógica demandaba llevar los temas de Roi al directo. Y para ello propuso una apuesta a su habitual compañero de batallas: crear desde cero las visuales que acompañarían al directo. Un reto importante, porque para Pablo su territorio habitual es la fotografía, pero hasta ahora nunca el vídeo en directo. Por ello, este ha sido un bautizo doble: el primer directo de Roi y las primeras visuales en vivo de Pablo.

60 MINUTOS DE ELECTRO, TECHNO Y ELECTRÓNICA ANGULOSA

A lo largo de todo 2021 los dos trabajaron en paralelo para crear diversas piezas audiovisuales inexploradas. La música de Roi en esta propuesta fluctúa a lo largo de 60 minutos entre el electro, el techno y la electrónica angulosa, con temas profundos y oscuros, cargados de breaks y orientados a crear el máximo impacto en la pista de baile. Deconstruyendo los temas de sus discos y otros inéditos, ambos trabajaron para crear nuevas estructuras y paisajes sonoros en un directo basado en lo digital, que irámutando en los próximos meses a través de un presente continuo.

UNA ESTÉTICA ÚNICA CONSEGUIDA A TRAVÉS DE FOTOS

En la parte visual, ambos crearon un concepto diferente en torno a cada tema. Cada uno tiene su propia imagen en función de lo que Roi quería expresar con ellos. Todo el contenido visual se creócon fotografías, no con vídeo, procesando cada fotograma de manera independiente en un trabajo de orfebrería digital, alrededor de 12.000 fotografías procesadas una a una. Y gracias a ello se consiguiócrear una estética única, con imágenes superpuestas en múltiples capas.

Este directo en el que el sonido y lo visual se dan la mano estápensado para eventos y festivales especiales, con aprecio por el detalle, perfecto para espacios singulares, industriales o con una especificidad que abarca más alláde las cabinas de los clubes o los auditorios clásicos. Sin apenas ensayos, estas dos mentes inquietas no necesitan mucho más que mirarse a los ojos encima de un escenario para entenderse y crear una de las propuestas que más daráque hablar desde la electrónica atlántica en los próximos meses.