martes, 14 de enero de 2020

Sada aumentou un 47% a súa actividade deportiva durante o pasado ano


- A concellería de Deportes organizou ou colaborou en 101 eventos deportivos no 2019 convertendo ao municipio nun dos máis activos na práctica deportiva na área metropolitana.

- Os resultados indican un 47% máis de participación, colaboración ou programación de eventos deportivos con respecto ao 2018, polo que prosegue a tendencia á alza iniciada hai uns anos e que en 2018 xa supuxo un aumento do 38% con respecto ao 2017.

Sada, 14 xaneiro 2020. A concellería de Educación e Deportes, xestionada por María Nogareda, deu a coñecer esta mañá os resultados das actividades deportivas nas que a área de deportes participou ben organizando ou colaborando activamente.

Campionatos de varias categorías en disciplinas como patinaxe, salvamento deportivo ou fútbol praia; torneos de baloncesto, xadrez, ximnasia artística, judo ou dominó; travesías a nado, dual cros, maratóns de fútbol sala, carreiras nocturnas, campus deportivos en varias disciplinas, regatas de vela, festas fin de tempada, exhibición de deportes minoritarios ou carreiras atléticas de todo tipo, sumaron un total de 101 eventos durante o pasado ano no municipio sadense.

A concellaría de Deportes realizou balance da pasada tempada arroxando un resultado dun 47% máis de participación, colaboración ou programación de eventos deportivos con respecto ao 2018. Estes datos continúan a tendencia de crecemento de práctica deportiva do Concello de Sada que xa no ano 2018 aumentou un 38% a súa programación de actividades con respecto ao 2017, cando xestionaba a área Zeltia García quen tamén estivo ao mando da concellería até o mes de maio do 2019.

María Nogareda valora moi positivamente estes datos. “Gran parte da culpa destes datos téñena os clubs deportivos de Sada que están a realizar un labor inmenso para potenciar a práctica de diferentes disciplinas deportivas, sinala Nogareda, quen engade que este espectacular aumento obedece tamén á incorporación de novos clubs durante os últimos anos así como ao aumento do investimento en material da área que lle leva a poder colaborar máis activamente coas entidades.

Sada ten rexistradas vinte e oito entidades estritamente vinculadas á actividade física, que son capaces de mover de maneira regular a máis de 3.000 deportistas entre federados e non federados e que contan case con 5.300 socios, segundo os datos dos que dispón o Rexistro Municipal de Asociacións, unha cantidade nada desdeñable para unha poboación de preto de 16.000 habitantes.

Estas cifras, xunto coa cantidade de eventos que a concellaría de deportes programa ou colabora ao longo do ano converten ao Concello de Sada nun dos máis activos na práctica deportiva da área metropolitana. As cifras destacan e máis se se ten en conta que non se contabilizan as persoas que optan polas escolas deportivas municipais, as usuarias da piscina, das pistas polideportivas, dos ximnasios privados ou os que adestran de maneira independente sen a cobertura dunha entidade.

A Xunta promociona a artesanía de Galicia na feira de referencia do deseño escandinavo que se celebra en Estocolmo ata o venres


- A Fundación Artesanía de Galicia regresa ao encontro de decoración Formex cunha colección de pezas de artesanía tradicional e contemporánea na que participan 51 profesionais do sector, dos cales 18 son novidades no evento

- A Consellería de Economía, Emprego e Industria aposta con esta iniciativa, na que participa desde 2013, polo impulso á promoción exterior e a busca de novos mercados neste eido

Estocolmo (Suecia), 14 de xaneiro de 2020.- A Xunta está a impulsar a comercialización e a promoción de Artesanía de Galicia no mercado nórdico, na feira de decoración Formex, que se celebra en Estocolmo desde hoxe e ata o vindeiro venres 17 de xaneiro. Con esta iniciativa, a Consellería de Economía, Emprego e Industria busca abrir novas canles de distribución para o produto artesanal galego.

Como cada ano desde o 2013, a Fundación Artesanía de Galicia presenta na capital sueca unha nova colección de pezas de Artesanía de Galicia, unha proposta para crear ambientes baseados no produto artesán e nos que a artesanía tradicional se combina con produtos máis contemporáneos. Nesta edición, cóntase coa participación de 51 profesionais do sector artesán galego, dos cales un total de 18 son novas incorporacións a esta feira.

A porcelana, o papel, o vidro, as pezas de coiro ou os xoguetes de madeira combinan coa olería, coa cestería tradicional, co téxtil, coa ilustración, co vidro, coas figuras tradicionais feitas con miga de pan ou coas pezas de madeira orientadas á gastronomía, formando todo isto parte da escolma que representa o produto artesán galego este ano en Formex. Este encontro está considerado unha das feiras profesionais de decoración de referencia do deseño escandinavo e celébrase en dúas edicións anuais, xaneiro e agosto. Trátase dunha oportunidade única para a reunión de axentes, importadores, deseñadores, produtores e compradores de deseño interior e da industria de agasallos, unha porta aberta a un mercado internacional no que o produto artesán galego está a introducirse desde hai 7 anos.

Entre as novidades da escolma que Artesanía de Galicia presenta nesta edición atópanse os tecidos artesáns de A.Outeiriño (Ourense); o vidro de Arteviares (A Coruña); a cerámica de Branqueta (A Coruña), Copia Cerámica (Santiago), Obradoiro de cerámica castrexa Castrolandín (Cuntis), Misoco (Vigo), Obradoiro Gorín (Malpica), Olería do Batán (Baños de Molgas), Raposiñas Cerámica Feita de Vagar (A Pobra do Caramiñal); os obxectos de madeira de El Arce Imaginario (A Coruña), Ilex Talla (Santiago) e Xar Arte en Madera (Vigo) As ilustracións de Iria Prol Studio (Santiago); a impresión téxtil de Las Flores de Greta (Gondomar); os mandalas téxtiles de Roundie&Colors (Abegondo); as pezas de coiro de Tres Caracoles (Lugo); as bonecas de trapo de Woodding (Boiro) e os mobles de Ventura (Nigrán).

Outros obradoiros que xa estiveron presentes en edicións anteriores da feira Formex tamén presentarán novas liñas de produto como é o caso da cerámica de Ojea Studio (Vigo) –gañadora do Premio Nacional de Artesanía 2019 na categoría Premio Produto-, Mar Barral (Catoira), Arobe Cerámica (A Coruña), Cerámica Suve (Cangas), Lanalutum (Lugo), Mi madre no me deja (Lugo), Ana Méndez Cerámica (Pazos de Borbén), Víctor Ares (A Coruña), Cerámica Unzueta (Brión), Manuel Figueiras (Muros), Laura Delgado Cerámica (Cambre), Pepe Otero Oleiro (A Coruña) e Witchneeds (Vigo) -gañadora do Premio Artesanía de Galicia 2018 pola súa obra “O bosque interior”-. En canto á olería, están representados os centros de olería tradicional galega de Gundivós, co traballo de Rectoral de Gundivós (Sober); e Buño, coas pezas de olería contemporánea baseadas na ampla tradición oleira desta localidade de Malpica de Bergantiños a partir do traballo de Alfarería Rulo –ademais do Obradoiro Gorín (Malpica) que se incorpora este ano por primeira vez-.

Repiten tamén en Formex os obradoiros de téxtil Artefíos (A Coruña) e Logaro (Ourense), o tecido manual elaborado por Inés Rir&Co Deseño Textil Artesán (Allariz); os xoieiros de Noroeste Obradoiro (Santiago de Compostela) -gañadores do Premio Artesanía de Galicia 2016-; o obradoiro especializado en coiro Jatafarta (Santiago de Compostela); ou os coitelos dos obradoiros de ferrería de Celso Núñez Ferreiro (A Fonsagrada) e de MAF Artesanía (Riotorto), así como os complementos decorativos de Oitenta (A Coruña).

No stand de Artesanía de Galicia comparten espazo os cestos tradicionais de Antonio Suárez Davila (Vigo) e a cestería de Idoia Cuesta (Outeiro de Rei); as figuras tradicionais de San Andrés de Teixido elaboradas por Jorge Bellón (Cedeira); e os complementos elaborados en corda de algodón elaborados por Degerónimo (Santiago de Compostela). En canto á madeira, os obradoiros que levan as súas pezas a Formex son Armaior (Quiroga), Atalanta (A Estrada), Lorenzo Design (Santiago de Compostela) e Artesanía Ferradáns (A Estrada), ademais dos xoguetes de madeira de Artesanía Silvent (Caldas de Reis).

A comercialización e a promoción do produto artesán galego a través da consolidación da marca Artesanía de Galicia nos diferentes mercados constitúe unha das liñas estratéxicas da Xunta en materia de artesanía. Como resultado destas accións, os produtos da marca Artesanía de Galicia están presentes en 44 puntos de venta internacionais, en países como Suecia, Inglaterra, Australia, Alemaña, Noruega ou Xapón.

O Atlantic Pride viaxará a FITUR


O Orgullo do Norte presentará a súa innovadora proposta en IFEMA a próxima semana, da man do Consorcio de Turismo da Coruña 

A Coruña, martes 14 de xaneiro de 2020.- O Orgullo do Norte chegará a Madrid a próxima semana. O Atlantic Pride, o festival que encheu A Coruña de ritmo e cor o pasado mes de xullo, visitará FITUR da man do Consorcio de Turismo da Coruña, para ampliar as redes de contacto e como un dos atractivos turísticos que a cidade ofrece a todos os amantes da cultura e a gastronomía, e, especialmente, ao público LGTBIQ+.

Na súa primeira edición, celebrada entre o 7 e o 14 de xullo de 2019, o Atlantic Pride conseguiu atraer a miles de persoas ao redor dunha enorme proposta cultural e de lecer, que comprendía cinema, literatura, gastronomía, fotografía, charlas e, por suposto, música, o prato forte da propostas des te festival, que durante unha semana ofreceu ducias de citas musicais gratuítas.

Con só unha edició ás súas costas, o Atlantic Pride lograba así un nomeamento aos Premios Fest 2019 na categoría de Festival con Maior Diversidade e Igualdade de Xénero, no meamento nas que resultou finalista, e está tamén nomeado nos Iberian Festival Awards, nas categorías de Best Small Festival e Best New Festival.

A dirección do festival prepara xa unha nova edición, que se celebrará entre o 5 e o 12 de xullo de 2020 na Coruña, e coa que pretenden afianzar unha cita capaz de combinar a reivindicación social e a visibilización do colectivo LGTBIQ+ coa cultura e o lecer máis inclusivos e aperturistas, ofrecendo unha programación na que ninguén senta desprazado e todo o público senta partícipe e acollido.

lunes, 13 de enero de 2020

Yoya Neira entrega o premio nacional “Educando en Igualdade” ao colexio coruñés Calasanz Escolapios


O galardón é unha iniciativa de UGT que xa vai pola súa quinta edición e ten como obxectivo consolidar no alumnado a aprendizaxe dos valores sobre os que se asenta o principio de igualdade entre mulleres e homes

A Coruña, 13 de xaneiro de 2020.- A concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación, Yoya Neira, entregou esta mañá o premio nacional Educando en Igualdade, baixo o lema "Ama en igualdade. Di non á violencia de Xénero", ao alumnado do curso 6oB do colexio Calasanz Escolapios da Coruña polo seu vídeo “Ocultas”.

O galardón, unha iniciativa de UGT que xa vai pola súa quinta edición, ten como obxectivos consolidar no alumnado a aprendizaxe dos valores sobre os que se asenta o principio de igualdade entre mulleres e homes, contribuír á creación de referentes positivos de relación afectiva que posibilite a prevención da violencia de xénero, cooperar ao logro das competencias básicas, especialmente daquelas relacionadas coa comunicación, a autonomía persoal, etc. e superar os estereotipos existentes sobre a violencia.

O segundo premio otorgouse ao IES Cuenca Minera de Huelva, Andalucía, e o terceiro recaeu no CEIP Rajoletes, na localidade valenciana de Sant Joan d ́Alacant. Nesta ligazón pode visionarse a peza audiovisual que gañou o primeiro premio:  

Abierto el plazo de inscripción para Yoga en familia (2º trimestre), curso 2019-2020


Desde hoy y hasta el 22 de enero se abre la inscripción para una nueva edición trimestral del taller Yoga en Familia, actividad gratuita e inclusiva dirigida a familias con niñ@s a partir de 5 años que tendrá lugar los sábados 1 febrero de 2020, 29 de febrero de 2020 y 28 de marzo de 2020.

Más información e inscripciones aquí

La Asociación de Ingenieros Industriales de Galicia convoca los VII Premios Galicia de Energía


Estos galardones quieren reconocer las mejores trayectorias en el fomento e implantación de buenas prácticas en el campo de la energía Las candidaturas pueden presentarse hasta el próximo 30 de enero

A Coruña, lunes, 13 de enero. La Asociación de Ingenieros Industriales de Galicia, con la colaboración del Ilustre Colegio de Ingenieros Industriales de Galicia, abre la convocatoria para la séptima edición de los Premios Galicia de Energía. Los galardones más importantes de este sector en la comunidad, que cada año reconocen las mejores trayectorias y proyectos en el fomento e implantación de buenas prácticas en el campo de la energía, así como las contribuciones realizadas por los profesionales o entidades.

Cualquier persona, física y jurídica, o cualquier entidad puede presentar su candidatura hasta el 30 enero de 2020 a través del correo electrónico asociacion@icoiig.es en el que debe explicar los méritos para lograr el galardón. Todos los aspirantes deben tener una vinculación evidente y demostrable con Galicia. El jurado, así como los anteriores premiados, también podrán proponer candidaturas a los Premios Galicia de Energía.

Estos reconocimientos abarcan diferentes áreas de actuación como comunicación en materia energética; sensibilización y difusión en materia energética; emprendimiento; iluminación; innovación; energías renovables o eficiencia energética.

Los premios se entregan durante una gala que cada año se celebra en una ciudad distinta de Galicia, en su séptima edición, la ceremonia tendrá lugar en Ferrol. El evento reúne a un gran número de profesionales y empresarios del sector.

A Tarxeta Millennium pódese adquirir xa nas oficinas do rexistro xeral de María Pita


Os outros puntos para solicitala son o Centro Ágora e a estación de autobuses

A Coruña, 13 de xaneiro de 2019.- O rexistro xeral de María Pita volve dispensar tarxetas Millennium, logo de solucionar os problemas técnicos para realizar a tramitación dun servizo que tamén está operativo nas oficinas do Centro Ágora e na estación de autobuses. A veciñanza pódese beneficiar coa tarxeta de descontos na utilización do transporte público e efectuar o pago do billete de autobús co moedeiro mediante o uso de lectores sen contactos. Ademais, as súas vantaxes inclúen o acceso ás bibliotecas municipais como socios e socias e o alugueiro de bicicletas en bicicoruna.es.