lunes, 15 de junio de 2020

XIX Ciclo "Música para unha época 2020"



Os concertos celebraranse de forma presencial, con aforo limitado e reserva de localidade*, e retransmitiranse en directo a través de streaming, para aqueles que prefiran desfrutalos desde a súa casa

Domingo, 21 de xuño
12.00 h
Concerto:
O Romanticismo. Clara Schumann e Fryderyk Chopin
Domenico Codispoti, piano
O concerto retransmitirase por streaming a través do canle de YouTube do Museo: https://youtu.be/y2n50DEhqow 

Domingo, 28 de xuño
12.00 h
Concerto:
O Clasicismo e os inicios do Romanticismo
Trío Schubert
Fumika Yamamura, violín
Gabriel Bussi, viola
Elena Escalza Cortina, violonchelo
O concerto retransmitirase por streaming a través do canle de YouTube do Museo: https://youtu.be/T2v-l7j-7mo


*En virtude do disposto no Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade, “Os museos e salas de exposicións, de titularidade pública ou privada, poderán acoller tanto as visitas do público á colección e ás exposicións temporais, como a realización de actividades culturais ou didácticas sen superar un límite do setenta e cinco por cento da capacidade permitida para cada unha das súas salas e espazos públicos"

Por tal motivo, limitarase o aforo do salón de actos do Museo a 70 persoas, con localidade preasignada e o uso da mascarilla durante a celebración do concerto.

A reserva de praza para o primeiro concerto poderase realizar a partir do xoves, 18 de xuño, a través da dirección de correo electrónico: mu.belas.artes.difusion@xunta.gal ou no teléfono 881 881 700, en horario de 9:00 a 14:00h.