lunes, 6 de septiembre de 2021

As Brigantias Roller Derby organizan un feirón para a autoxestión do equipo




O vindeiro sábado 18 de setembro podes coñecer e unirte ao Roller Derby no mercadillo organizado por As Brigantias.

A Coruña, 6 de setembro.

O vindeiro sábado 18 de setembro, de 13 a 19 horas, o equipo de Roller Derby, As Brigantias da Coruña celebran o seu segundo mercadillo para promover a autogestión do equipo. Nel poderás atopar unha selección de artigos reunido entre todxs para a ocasión, así que che animamos a anotar a data no teu calendario e vir pasar unha tarde diferente onde se cumprirán todas as medidas de seguridade. Achégache e coñece un pouco máis o Roller Derby, ao noso equipo e aos seus integrantes! Ademais, teremos merch á venda e poderás resolver calquera dúbida sobre este deporte. Atoparasnos na Coruña, no local da Asociación Acéfala, en avenida de Hércules no73 baixo, esquina coa Rúa Joaquín González.

Para máis información, o equipo dispón de redes sociais (Facebook, Instagram, Twitter) e da páxina web www.brigantias.com


ACERCA DE AS BRIGANTIAS
As Brigantias RD é un equipo de Roller Derby da Coruña e Santiago que nace en 2012. Actualmente está recoñecido como un dos catro equipos oficiais de España pola WFTDA (Women ́s Flat Track Derby Association)..