lunes, 28 de marzo de 2022

Volve a Festa do Roscón de Lañas neste ano 2022



AVRCD FONTESVELLAS
VOLVE A FESTA DO ROSCÓN DE LAÑAS NESTE ANO 2022. SERÁ A SÚA XVII EDICIÓN.

Tras dous anos de cancelacións (2020 e 2021) con motivo da pandemia da COVID-19, a Festa do Roscón de Lañas, no Concello de Arteixo, voltará para celebrar a súa XVII Edición (sempre que a situación o permita). Desta volta, será o 1 de MAIO. Aproveitaremos para celebrar, ao mesmo tempo, o Santo Amaro dos Novos.

O programa deste ano inclúe degustación gratuíta dos produtos expostos, Sesión Vermouth e Verbena de tarde co Dúo MATICES e un Xantar Popular. Ademais, ampliamos o número de panadarías e confitarías colaboradoras. Este ano serán a Panadería Agustín Fernández (Lañas), Confitería Mari (Arteixo), Panadería Rozas (Arteixo e A Coruña) e Panadería Carracedo (Arteixo). En canto ao Xantar Popular, consistirá en ENTRANTES VARIADOS, POLBO A FARTAR, PAN, POSTRE, VIÑO, CAFÉ e CHUPITOS. Xa se pode reservar contactando con TRABA (618 884 908), VICENTE (606 430 612) ou ISIDRO (628 833 058) ou no Bar O’Cruce de Lañas. O prezo é de 25€ para SOCIOS e 30 € para NON SOCIOS.

Por último, recordar a importancia desta festa gastronómica, que vai xa pola súa XVII edición, e do roscón de Lañas, calificado como un dos postres máis típicos da Provincia da Coruña por National Geographic (Enlace á web: NATIONAL GEOGRAPHIC VIAJES). Animamos a todas as persoas a visitar a nosa parroquia e probar o noso marabilloso roscón.

Organiza: AVRCD Fontesvellas (Lañas – Arteixo)
Colabora: Concello de Arteixo. Concellería de Deportes, Participación Cidadá e Xuventude


 


PROGRAMA COMPLETO:

-Ás 10:00 h Apertura dos Stands e inicio da festa. Durante a mañá haberá degustación gratuíta dos produtos expostos.

-Ás 14:00 h Sesión Vermouth co Dúo Matices

- Ás 15:00h Comezo do XANTAR POPULAR

-Dende as 17:00h ata as 19:00h verbena amenizada polo DÚO MATICES


MENÚ:

- Entrantes Variados
- PULPO A FARTAR
- Pan
- Postre
- Viño
- Café
- Chupitos

PREZOS:
- Socios 25€
- Non socios 30€

Reserva de Entradas 🎫 :

TRABA 618 884 908
VICENTE 606 430 612
ISIDRO 628 833 058
BAR O'CRUCE (Luns a domingo, de 9:00h a 22:00h)

COLABORAN:
- Panadería Agustín Fernández (Lañas)
- Confitería - Bollería Mari (Arteixo)
- Panadería - Confitería Rozas (A Coruña e Arteixo)
- Panadería Carracedo (Arteixo)

ORGANIZA:
AVRCD Fontesvellas

COLABORA:
Concello de Arteixo - Concellería de Deportes, Participación Cidadá e Xuventude


 

lunes, 21 de marzo de 2022

SonDeSeu festexa 20 anos de transformación orquestral da música de tradición oral cunha xira de concertos por Galicia na primavera


 

A orquestra creada na Etrad de Vigo conmemora sobre o escenario dúas décadas de promoción e evolución do folclore galego con catro actuacións especiais en formato acústico a celebrar en Vigo, Lugo, A Coruña e Santiago de Compostela

As entradas para os catro concertos, que terán lugar nos meses de maio e xuño, están á venda desde esta mesma mañá na plataforma dixital www.ataquilla.com

 

21 de marzo de 2022.- Galicia prepárase para celebrar esta primavera as dúas primeiras décadas de traxectoria dun dos proxectos musicais máis singulares do país. A Orquestra Folk de Galicia SonDeSeu festexará os seus 20 anos en activo cunha pequena xira de catro concertos en acústico, sen amplificación, por outras tantas localidades do país.

SonDeSeu é unha orquestra que agromou, hai dúas décadas, como unha actividade de conxunto instrumental coa intención de facer e compartir, colectivamente, a música tradicional galega. Co paso dos anos, a entidade medrou o a base de ilusión, esforzo e xenerosidade colectiva, tanto por parte do alumnado coma do seu profesorado, creando novas vías para a comprensión da evolución das músicas de raíz desde a óptica do século XXI.

Figuras e mestres como Rodrigo Romaní, Begoña Riobó, Anxo Pintos, Xisco Feijoó, Xaquín Xesteira, Alfonso Franco e Xosé Liz forman parte deste proxecto educativo e musical, hoxe en día vinculado á ETRAD (Escola Municipal de Vigo de Música Folk e tradicional), que favoreceu a creación dunha non só prometedora, senón efectiva, canteira de músicas e músicos que transmiten a tradición desde a contemporaneidade. Durante estes anos, ademais, bandas e artistas como Treixadura, Susana Seivane, Rosa Cedrón, Uxía Senlle, Carmen Paris ou Nino Galissa colaboraron dun xeito estreito con SonDeSeu.

Coa intención de festexar estas dúas décadas de actividade, SonDeSeu realizará unha xira, nos meses de maio e xuño, por auditorios das localidades de Vigo, Lugo, A Coruña e Santiago de Compostela. Será unha proposta inusual, xa que a orquestra actuará en espazos propios de concertos para formacións orquestrais de corte clásico. As entradas para poder gozar destes directos, están dispoñibles, desde hoxe mesmo, a través da plataforma dixital www.ataquilla.com

O primeiro dos concertos terá lugar, precisamente, na cidade que viu agromar a orquestra: Vigo. 12 de maio, o Teatro Afundación acollerá a actuación inaugural desta pequena xira galega. Nove días despois, o 21 de maio, SonDeSeu visitará o Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo. Xa de cara ao mes de xuño, a orquestra achegarase a dous dos recintos culturais máis especiais da provincia da Coruña: o Teatro Colón (3 de xuño) da cidade herculina e o Auditorio de Galicia (18 de xuño) de Santiago de Compostela. Sen dúbida, serán dúas ocasións moi especiais que porán o ramo a unha pequena xira de celebración das nosas músicas que é posible grazas ao patrocinio do Concello de Vigo e a colaboración dos concellos de Lugo, A Coruña e Santiago de Compostela.


SonDeSeu

A Orquestra Folk de Galicia SonDeSeu nace hai dúas décadas no seo do extinto Conservatorio de Música Tradicional da Universidade Popular de Vigo, a actual ETRAD. A agrupación explora a fusión e mestura das músicas de creación colectiva con elementos contemporáneos desde unha visión orixinal que se aproxima, ás veces, ás expresións da música culta. Ao tempo, desde a perspectiva educativa, crea sinerxías poderosas e un entramado completo tanto á hora formativa como á hora de presentar un colectivo sólido e pioneiro en Europa.

A suma da creatividade colectiva e intención de posta en valor da música de raíz ao longo destas dúas décadas deu lugar a numerosos proxectos de investigación no ámbito da música folk ou eventos ao vivo (‘Libro branco da Educación en Música tradicional’, ‘O canto das Illas’, ‘Arraianos’ ou a Rede Europea de Orquestras Folk ENFO), iniciativas que sitúan SonDeSeu como un gran referente da música galega tanto no país coma noutros puntos da península e do continente europeo.

Sala Mardi Gras, próximos conciertos


Sábado 26 marzo : 22:30 apertura 23:00 inicio

Wetsocks. Entrada 3 euros

Mellor Banda Local XXIII Concurso de Bandas e Solistas CUAC FM
 
La banda coruñesa WetSocks llega a Mardi Gras el sábado 26 de marzo para 
demostrar que el jurado del XXIII Concurso de bandas de CUAC FM tenía razón
al seleccionarlos como mejor banda local.
Se forman en 2016 y en 2019 llega su primer LP Reflections. Rock en inglés
para hacer saltar a la Mardi.







Viernes 1 abril: 
Fiesta presentación V edición Elas Son Artistas Mäbu

21:30 apertura 22:00 concierto

La artista vasca afincada en Madrid regresa a Galicia para presentar su disco "Un año despúés". Hija de artistas (Sergio y Estíbaliz) lleva la música en las venas y la comparte con una magia especial.
La actuación servirá para presentar la V Edición del ciclo metropolitano de Música y Artes por la Igualdad que recorrerá con actuaciones 9 ayuntamientos del Área Metropolitana de A Coruña. El día del evento se sortearán entre las personas asistentes láminas numeradas y firmadas por la artista Mari Muriel, basadas en un relato de Emilia Pardo Bazán.






viernes, 18 de marzo de 2022

La Sinfónica de Galicia ofrecerá en Palexco su concierto previsto para el día de San José en Vilagarcía de Arousa


 

La huelga de transporte obliga a la agrupación orquestal a suspender su presencia en la localidad pontevedresa

El concierto en A Coruña tendrá lugar en Palexco mañana sábado, 19 de marzo a las 20h y será de entrada libre y gratuita hasta completar aforo

La OSG volverá a Vilagarcía el 11 de noviembre

La Sinfónica de Galicia ofrecerá en Palexco su concierto programado para mañana sábado en Vilagarcía de Arousa y que se ha visto obligada a cancelar ante la imposibilidad de garantizar su traslado a la localidad pontevedresa por la huelga de transporte.

El concierto —que tendrá lugar en el recinto coruñés mañana sábado 19 de marzo a las 20h. con entrada libre y gratuita hasta completar aforo— estará dirigido por la alemana Anja Bihlmaier, titular de la Reisdentie Orkest de La Haya y principal directora invitada de la Sinfónica de Lathi, y contará con la presencia del pianista Steven Osborne que interpreta el Concierto en sol mayor de Maurice Ravel. El programa se completa con la Sinfonía nº 7 de Antonín Dvorák.

jueves, 17 de marzo de 2022

Xabier Díaz estrea “Levantarse e caer”, o primeiro single do seu novo traballo en solitario, que verá luz no mes de abril


 

O artista galego estreará este vindeiro venres 18 de marzo “Levantarse e caer”, o primeiro single do seu traballo homónimo, que verá a luz no mes de abril, no que fala da importancia de lembrar as caídas do pasado para explicar as feridas de hoxe.

 

Este novo traballo discográfico en solitario, nunha liña paralela ao percorrido xunto ás Adufeiras de Salitre, afonda nos sentimentos de benestar, autocoñecemento e bondade, e na relevancia das experiencias infantís na construción dos nosos eus adultos.

------------------------

A Coruña, xoves 17 de marzo de 2022.-
 

A fina liña entre o éxito e o fracaso, a importancia de aprender a gañar e perder dentro da felicidade e a relativización do concepto de triunfo. Todo iso e moito máis é “Levantarse e caer”, o primeiro single do novo traballo homónimo de Xabier Díaz, que verá a luz o vindeiro venres 18 de marzo.

O tema, no que o artista afonda na importancia de sobrepoñerse aos fracasos e saber, ao tempo, asimilar os éxitos, nunha reflexión sobre a resiliencia e a necesidade de lembrar as caídas do pasado para explicar as feridas de hoxe.

Xabier Díaz canta aos que o sistema considera “perdedores”, cando en realidade “nada che garantiza que ser primeiro ou segundo vaia facerte máis feliz que ser penúltimo ou último”, analizando a relativización do concepto occidental de “éxito”

O disco, que verá a luz no vindeiro mes de abril, combina arrolos de composición propia con temas nos que o artista tende unha liña entre a infancia e a madurez, nun traballo creado en paralelo á súa traxectoria xunto ás Adufeiras de Salitre, coas que continúa colleitando éxitos.

O videoclip, que foi gravado entre Esposende e o Gerés, contou coa dirección de Juliana Ramalho e Diogo Martins, e coa fantástica actuación de Luís Pereira, o alter ego infantil do propio Xabier Díaz, que enfrontou o disco como “unha ollada á infancia, sen ter nunca a certeza de se o que lembramos foi exactamente así”. Unha ollada sanadora pero non morriñenta nin nostálxica.

Sobre Xabier Díaz

Dos primeiros sopros de Xabier nunha gaita de fol nos albores dos 80 ata “Coplas para Icía” (2007) pasaron case 30 anos. A súa curiosidade facilitou a chegada de experiencias que se sucederon tendo sempre a música pop(ular) no horizonte: Xacarandaina, Rumbadeira, os primeiros traballos de campo, unha incesante actividade docente, asociacións, concursos, certames, etc.

Logo chegou a Nova Galega de Danza coa que participou nos espectáculos “Alento”, “Engado” e “Tradicción” entre os anos 2005 e 2009.

Berrogüetto chamou á porta de Xabier a inicios de 2008 e a viaxe durou até 2014, ano no que se anunciaba a disolución da banda.

Durante este tempo editaron os discos “Kosmogonías” (2010) e “O pulso da terra” (2011). Alén diso, obtiveron o Premio de la Academia de la Música á mellor canción en galego (2011) e o de mellor grupo de música folk na primeira edición dos Premios Galegos da Música Martín Códax (2013), así como o galardón á mellor banda sonora nos Premios Mestre Mateo (2014) coa película “Inevitable”.

Grandes parceiros e amigos seus foron Guadi Galego, Guillermo Fernández e Xosé Lois Romero, cos que participou no proxecto aCadaCanto e cos que editou “aCadaCanto” (2012) e “A Rosa D`Adina” (2014).

Ao longo dos anos, realizou un feixe de colaboracións en discos e concertos de diferentes artistas: Carmen París, Xosé Manuel Budiño, Kepa Junquera, Guadi Galego e Os Cempés, entre outros/as. Así mesmo, emprendeu numerosas viaxes para levar a música a México, Cimbabue, Alemaña, Uruguai, Italia, Perú, Dinamarca, Francia, Suíza, Arxentina, Noruega, Bélxica, Cuba, Escocia, Irlanda, etc.

No ano 2015 editou “The tambourine man” xunto ás Adufeiras de Salitre, galardoado como o mellor disco galego nos Premios de la Música Independiente (2016) e o mellor álbum na categoría de música tradicional dos Premios Martín Códax da Música Galega (2016). Con el tamén obtivo o premio á mellor canción en galego da primeira edición dos premios aRitmar. Alén diso, “The tambourine man”, permitiulle manterse no top ten da World Music Charts Europe nos meses de febreiro e marzo de 2016.

Chegou despois “Noró, Algunhas músicas do Norte” (Músicas de Salitre 2018) e unha extensa xira coa que, nos últimos anos, o grupo percorreu Noruega, Suecia, Francia, Bélxica, Escocia, Uruguai, Inglaterra ou Arxentina.

“As Catedrais silenciadas” (Músicas de Salitre 2020) é o terceiro e máis recente traballo coas Adufeiras de Salitre, un álbum que reflexiona sobre o despoboamento, o abandono do rural e o risco de perdermos a identidade e a cultura propia nunha sociedade como a galega.

O Concello dá comezo ás obras de reurbanización na travesía da Torre, onde se disporá unha plataforma única e gañaranse espazos peonís


 

Os traballos abranguen a reforma completa do cruzamento coas rúas Tren e Disciplina. Ademais, plantaranse 14 árbores co obxectivo de gañar espazos verdes na contorna

A Coruña, 17 de marzo de 2022.- O Concello da Coruña acomete, desde este xoves, a reurbanización da travesía da Torre, no barrio de Monte Alto, unha obra que procura garantir a accesibilidade universal dos seus percorridos peonís.

O proxecto inclúe a reordenación deste ámbito dispoñendo unha plataforma única que diferenciará as zonas para peóns e de tráfico rodado con distintos firmes. Ademais, plantaranse 14 árbores, dentro da estratexia do Goberno de Inés Rey de expansión de zonas verdes e arboredo nos espazos urbanos.

A intervención na travesía, que comezou esta mañá coa pertinente sinalización da área a reurbanizar, chegará tamén ás conexións coas rúas Tren e Disciplina, onde se reformarán os cruzamentos para aumentar os espazos peonís, co obxectivo de evitar o estacionamento indebido que se realiza neses puntos. Ademais, a disposición de arboredo prevista polo servizo de Infraestruturas do Concello tamén chegará aos cruzamentos da travesía da Torre coas rúas Tren, Disciplina e Xustiza.

As alternativas e percorridos dispostos para o tráfico durante o inicio dos traballos O servizo municipal de Mobilidade prevé alteracións no tráfico na travesía da Torre e os cruzamentos coas rúas Tren e Disciplina ata as 18.30 horas do vindeiro día 17 de abril, co corte total deste punto para levar a cabo tarefas de pavimentación integral e novas redes de saneamento.

Neste sentido, facilitaranse alternativas para o tráfico no acceso á travesía da Torre pola rúa Xustiza, así como un acceso á rúa Alcalde Folla Yordi desde a rúa Tren, pasando pola rúa Campo de Artillería. Baseándose nisto, executarase un cambio da dirección do tráfico en Campo de Artillería para dar saída aos vehículos que acceden desde a rúa Tren, así como unha modificación da dirección do tráfico na rúa Xustiza, desde a rúa Traballo, ata a travesía da Torre.

A Deputación conmemora o Día Mundial da Poesía cun espectáculo poético sonoro


 Baixo o título ‘Máis Alálá’, o músico Alejandro Vargas e o escritor e perfomer Xelís de Toro ofrecen unha proposta poético sonora performática inspirada no libro ‘De catro a catro’ de Manoel Antonio

Terá lugar do Teatro Colón, o luns 21 de marzo ás 20:30h, e a entrada é de balde previa retirada de convite

A Coruña, 17 de marzo de 2022. A área de Cultura da Deputación da Coruña conmemora o Día Mundial da Poesía cun espectáculo baseado na obra de Manoel Antonio. Terá lugar o luns 21 ás 20:30 no Teatro Colón baixo o título ‘Máis Alalá’ e correrá a cargo do músico Alejandro Vargas e do escritor e performer Xelís de Toro. A entrada para asistir a este espectáculo é de balde, previa retirada de convite na páxina web do Teatro Colón.

 

‘Máis Alálá’ está concibido como un proxecto poético sonoro performático inspirado no poemario ‘De catro a catro’ de Manoel Antonio e o título é unha recreación do título do manifiesto literario ‘Máis Alá’ que Manoel Antonio realizou xunto con Álvaro Cebreiro en 1922.

 

Partindo dos 19 poemas do libro ‘De catro a catro’ os artistas crean un sinxelo programa informático para transpoñer as letras dos poemas a números e posteriormente a notas musicais. Isto permítelles traballar cun banco de palabras e cun banco de notas musicales nos que o azar forma parte da proposta escénica.

Los Estanques: Pop, rock y psicodelia el 24 de marzo en A Coruña con SON Estrella Galicia


Los Estanques, banda de pop psicodélico afincada en Madrid, aterrizará el jueves 24 de marzo en Garufa Club de A Coruña en un nuevo concierto de SON Estrella Galicia. Con un explosivo directo, el grupo presentará por fin los temas de su último trabajo, ‘IV’, junto a los temas que en el último lustro les han situado como imprescindibles del panorama. Las entradas para el concierto ya están a la venta en la web del proyecto musical cervecero, www.estrellagalicia.es/son.
 
Los Estanques nacieron a raíz de una serie de composiciones de Iñigo Bregel (voz, teclado y guitarra), componente de la formación cántabra CrayoLáser. Estas canciones fueron el impulso para formar el grupo, una propuesta de rock psicodélico en castellano formada actualmente por el propio Iñigo Bregel, Germán Herrero (guitarra), Daniel Pozo (bajo) y Andrea Conti (batería). Con influencias de grupos como Soft MachineGongCaravan o Génesis, Los Estanques autoeditaron su primer disco en 2017 bajo el título ‘Contiene Percal’, el cual no tardó en asombrar a los medios especializados por su capacidad para volver al sonido más puro del rock de los años setenta de un modo fresco y auténtico, que tuvo su continuidad con ‘II’ y una visión clara: saciar a los amantes del pop rock psicodélico y a los nostálgicos de los setenta.
 
2019 lo arrancan con su tercer trabajo, de título homónimo: 13 canciones que conforman un disco donde fusionan magistralmente estilos tan diversos como el pop, el rock, la psicodelia, el progresivo, el funk, el soul o el jazz. Su cuarto disco llegó un año después, ‘IV’, con la que es ya la marca de la casa: lo que ellos mismos han denominado Pop Progresivo Psicodélico. Ya bajo su propio sello, Inbophonic Records, pasean desde las llanuras del pop hasta los vericuetos de la psicodelia y el progresivo sin despeinarse, con 13 canciones y 12 personajes cuyas historias y situaciones narran a través de la música. Un disco que tuvo que re-grabarse desde cero tras haber sufrido el robo de la copia final, pero que sin duda ha marcado una dirección que seguir: el camino de hacer las mejores canciones y los mejores directos posibles.
 
El concierto de Los Estanques el 24 de marzo en A Coruña de la mano de SON Estrella Galicia irá sin duda en la dirección a seguir marcada por el grupo con su último trabajo: el camino de hacer las mejores canciones y los mejores directos.

Los Estanques | A Coruña 
Cuándo: Jueves 24 de marzo 
Dónde: Garufa Club. SON Estrella Galicia 
Venta de entradas: SON Tickets

miércoles, 16 de marzo de 2022

La Asociación de Familiares de enfermos de Alzheimer A Coruña, en colaboración con los escritoires Clara Vidal y Baldo Ramos, celebrará la lectura de Poemarios sobre la enfermedad de Alzheimer



La charla tendrá lugar este jueves 17 a las 18:00 en la sede de la Fundación Barrié, A Coruña

El poemario "A (des) memoria" de Clara Vidal habla de un lenguaje difícil de entender, propio de las personas que empiezan a sentir desvanecer su memoria.  Por su parte "Cartas dende o esquenzo", de Baldo Ramos, es un diálogo entre un padre que envejece, aquejado de pérdida de memoria y sus hijos. 

La presentación correrá a cargo de la  Presidenta de AFACO, Mª Carmen Martínez Pulleiro. 

Se desarrollará un diálogo entre los escritores, con lectura intercalada de poemas. Posteriormente, se facilitará un espacio para el diálogo entre los asistentes. La duración total del acto será de, aproximadamente, una hora. 

Entrada libre hasta completar aforo.

El artista catalán Daniel Cros llega a Galicia para ofrecer 3 conciertos


Más allá de cualquier etiqueta, el cantante y compositor barcelonés ha sabido crear, después de 10 discos y 10 giras por Latinoamérica y Europa y conciertos por toda España un sello personal marcado por su voz intensa, una dicción clara, unas letras poéticas y una riqueza armónica, rítmica y temática. Inició su carrera como cantante y guitarrista de la mítica banda catalana Brighton '64 y ha seguido evolucionando por el camino en el que confluyen la canción de autor con las músicas del mundo.

En esta gira gallega estará en Arteixo, A Coruña y Santiago de Compostela del 18 al 20 de marzo, siendo este último en horario de sesión vermú. En los dos primeros contará con la colaboración de Silvia Penide.



GIRA GALICIA:

18/3 ARTEIXO 
Melandrainas Café Cultural
21:00
Rúa Nicaragua 4
con Silvia Penide

19/3 21:00H A CORUÑA
Ayó Pasta Bar, Rúa Alta Bajo
(abre Silvia Penide)

20/3 13:00H SANTIAGO DE COMPOSTELA
Garigolo Café-Bar Gastrocultural
Plaza da Algalia de Arriba 1, Santiago


VIDEOCLIP:
“Incluso esto pasará” (con Silvia Penide)

martes, 15 de marzo de 2022

TMGA trasladará las operaciones de mercancía general al muelle del Centenario y se completa así el cese de las actividades portuarias en el muelle de Calvo Sotelo



El Consejo de la Autoridad Portuaria aprobó la adaptación de las instalaciones de TMGA en el Centenario para tráficos de mercancía general, una vez que la empresa ya opera los graneles sólidos en el Puerto Exterior

Se mantiene así la previsión de abrir Calvo Sotelo a actividades ciudadanas a partir del próximo verano, dando continuidad al espacio del muelle de Batería

Fernández Prado expuso su preocupación por el paro del transporte, la subida del precio de los carburantes y la incertidumbre en el tráfico de cereales a causa de la guerra de Ucrania

A Coruña, 15 de marzo de 2022. El Consejo de Administración de la Autoridad Portuaria de A Coruña ha aprobado una solicitud de Terminales Marítimos de Galicia para modificar el uso de sus instalaciones en el muelle del Centenario, ampliando también el plazo de la concesión hasta 2029, en lo que supone un paso importante en el proceso de traslado de mercancías al Puerto Exterior y liberación de los muelles de Batería y Calvo Sotelo.

Terminales Marítimos de Galicia (TMGA) gestiona una concesión en el muelle del Centenario que se venía dedicando a graneles sólidos, fundamentalmente cereales. Dado que la empresa ya ha trasladado estos tráficos al Puerto Exterior, adaptará la instalación al movimiento de mercancía general, con una inversión superior a 627.000 euros. Las obras, con un plazo máximo de ejecución de cinco meses, incluyen una intervención en la solera de la nave y la instalación de dos puentes-grúa con sus equipos de carga y descarga, entre otras reformas.

Una vez que concluyan las obras de reforma de la nave, TMGA trasladará al muelle del Centenario los tráficos de madera, vidrio y otros productos de mercancía general que actualmente opera en los dos almacenes existentes en Calvo Sotelo, con lo que este muelle quedará liberado de actividad portuaria el próximo verano.

Las otras dos empresas portuarias que aún utilizan el muelle de Calvo Sotelo son Tudela Veguín y Galigrain (antes Oleosilos de Galicia). La cementera ya dispone de otra terminal en San Diego, con un acuerdo para cesar su actividad en Calvo Sotelo en cuanto se le indique desde la Autoridad Portuaria, y Galigrain ya ha ultimado la terminal de graneles líquidos en el Puerto Exterior. Así, el traslado de las mercancías de TMGA es la última pieza para la liberación del muelle de Calvo Sotelo, que quedaría únicamente para cruceros, en los casos de escalas múltiples, o para alguna situación puntual.

El traslado de la mercancía general de TMGA al Centenario puede hacerse realidad por la reciente ampliación que acometió la empresa en sus instalaciones de Punta Langosteira, que próximamente serán dotadas de sistemas automáticos de descarga de graneles en circuito cerrado. En total, la compañía cuenta con diferentes almacenes en el Puerto Exterior, en una superficie de 42.000 metros cuadrados, con una inversión que alcanza los 25 millones de euros.

Con todo ello, la Autoridad Portuaria va cumpliendo su previsión de abrir el muelle de Calvo Sotelo a usos ciudadanos a partir del próximo verano, dando continuidad a la apertura del muelle de Batería. Se conforman de esta forma más de 80.000 metros cuadrados de espacio que podrán ser utilizados para actividades sociales, culturales y recreativas.

Compromiso

El presidente de la Autoridad Portuaria, Martín Fernández Prado, destacó que la Autoridad Portuaria mantiene su compromiso de que los coruñeses puedan disfrutar de estos espacios, y lamentó que el proceso para la integración definitiva de ambos muelles en la trama urbana se haya estancado, dado que el Gobierno municipal sigue sin concretar el acuerdo que se había alcanzado entre la Xunta de Galicia, Puertos del Estado, la Autoridad Portuaria y el propio Ayuntamiento para definir su gestión y reurbanización.

En relación con este asunto, Fernández Prado y diferentes miembros del Consejo expresaron su pesar por la dimisión de Juan Díaz Villoslada como concejal de Urbanismo, Vivienda, Infraestructuras y Movilidad del Ayuntamiento de A Coruña, por cuanto conllevará su cese como consejero de la Autoridad Portuaria, tal como el propio ex-concejal transmitió en una carta de despedida a los consejeros. El presidente subrayó que Díaz Villoslada, que ya no acudió hoy a la reunión, ha sido un “buen consejero, siempre leal al Puerto salvaguardando los intereses de la institución que representaba”, y que trabajó de forma muy intensa para llegar a acuerdos.

Por ello, Fernández Prado transmitió su agradecimiento por la labor que ha realizado el ex-concejal en el Consejo de Administración y mostró su confianza en que el cambio en el Gobierno municipal no altere los acuerdos que se han logrado hasta el momento. Destacó también que la Autoridad Portuaria continuará trabajando con el objetivo de alcanzar los acuerdos que posibiliten acometer la transformación de estos espacios portuarios desde una gestión pública y con criterios de excelencia urbanística, para mejorar la ciudad y la calidad de vida de los coruñeses.

Reiteró asimismo a su agradecimiento por el trabajo desarrollado en los últimos meses por los equipos técnicos de la Autoridad Portuaria, del Ministerio de Transportes, ADIF y Puertos del Estado, que han permitido licitar la obra del enlace ferroviario del Puerto Exterior, que marcará un punto de inflexión en el futuro de la dársena. El proyecto ha salido a licitación con un presupuesto de 115 millones de euros, a los que se sumarán otros 20 millones en expropiaciones y asistencias técnicas, y un plazo de ejecución de 48 meses. Las empresas interesadas pueden presentar las ofertas hasta el 4 de abril.

Coyuntura económica

En otro orden de cosas, el responsable del organismo público actualizó a los consejeros las previsiones de nuevas implantaciones empresariales en el puerto y las obras que se llevan a cabo en Langosteira para facilitar las operaciones, fundamentalmente de habilitación de viales y explanadas. Expuso asimismo la preocupación de la comunidad portuaria por la coyuntura global y la guerra de Ucrania, con repercusiones en la subida de los carburantes y, además de la grave catástrofe humanitaria, la incertidumbre en cuanto a los tráficos de cereales, muy importantes en el Puerto, que se verán condicionados por el conflicto bélico.

Al principio del Consejo, el representante del sector pesquero y el presidente de la Autoridad Portuaria informaron de la situación que está provocando la huelga del transporte, que ha sido convocada a nivel estatal en protesta por el alza del precio del gasóleo. El paro está afectando de forma notable al transporte de pescado y al movimiento de mercancías, que está prácticamente paralizado. Fernández Prado, junto al equipo directivo de la Autoridad Portuaria, está en contacto permanente con los sectores más afectados. Según indicó, comparte con transportistas y empresas portuarias su preocupación por la subida de precios, los sobrecostes que soporta la cadena productiva y el impacto del paro.

A Coruña acogerá del 29 de abril al 8 de mayo la segunda edición del Encuentro Mundial de Humorismo


EMHU reunirá a artistas como Luis Piedrahita, Carolina Iglesias, Victoria Martín, David Broncano, Ignatius Farray, Quequé, Ana Morgade, Eva Hache, Leo Harlem, Silvia Abril, Xosé A. Touriñán o el dúo Pantomima Full, entre otras figuras.

Programas como ‘La Vida Moderna’ o ‘Estirando el Chicle’ ofrecerán shows especiales durante la celebración del EMHU, que acogerá el salto al directo de ‘Saldremos mejores’, el podcast de Inés Hernand y Natalia Pérez de las Heras.

Las entradas para los espectáculos y los diferentes tipos de abonos saldrán a la venta el jueves 17 a las 12.00 horas través de la web www.emhu.es, de la plataforma online ataquilla.com y del despacho de billetes de la Plaza de Ourense (A Coruña)

15 de marzo de 2022.- A Coruña será la capital del humor esta primavera. La ciudad herculina acogerá, del 29 de abril al 8 de mayo, una nueva edición del Encuentro Mundial de Humorismo (EMHU), una cita imprescindible que aúna, en un único evento, a las figuras y a los espectáculos de humor más relevantes del panorama estatal. Nombres como Luis Piedrahita, David Broncano, Eva Hache, Carolina Iglesias, Ana Morgade, Leo Harlem, Silvia Abril o Xosé A Touriñán, entre otros, serán cabezas de cartel de un festival que augura risas y, sobre todo, buen humor.


La segunda edición de EMHU, impulsada por las productoras Etiqueta Negra y El Espectador, contará con Luis Piedrahita como director artístico. Bajo la astuta batuta del cómico coruñés, las y los artistas más relevantes de la escena cómica del país ofrecerán en directo, durante dos fines de semana, los shows más destacados y seguidos del momento: ‘La Vida Moderna’, ‘Estirando el Chicle’ y ‘Saldremos mejores’ estarán presentes en A Coruña. Además, EMHU programará cuatro espectáculos de producción propia (Humoris causa, Fantastic Colofon, Sin datos no hay paraíso, Adivina quién viene esta noche) y propuestas como En su cabeza era espectacular.

De esta forma, la ciudad de A Coruña se convertirá en el epicentro mundial del humor en una segunda edición que aspira a sumar, presencialmente, más de 15.000 espectadores de todas las edades. Así, EMHU compaginará sus cabezas de cartel con nuevas sorpresas y actividades paralelas, que se darán a conocer en las próximas semanas, ofreciendo así una amplia programación para jóvenes y adultos. “La risa no tiene edad y EMHU es un festival para todo tipo de públicos”, afirma la organización.

 

Programación

La segunda edición del festival del humor, que cuenta con la colaboración del Ayuntamiento de A Coruña y el patrocinio de Estrella Galicia, ofrecerá espectáculos de gran formato y de actividades paralelas que se integrarán en la ciudad. EMHU tendrá cuatro sedes, situadas en diferentes recintos culturales de referencia: Teatro Colón, Coliseum, Afundación y Palacio de la Ópera.

Pantomima Fullel dúo cómico conformado por Rober Bodegas y Alberto Casado conocido por sus desternillantes vídeos cortos en redes sociales, abrirán la programación el viernes 29 de abril en el Teatro Colón con su show En su cabeza era espectacular. Al día siguiente, el sábado 30, llegará al Palacio de la Ópera un exclusivo montaje que reunirá por primera vez sobre el escenario a cuatro de los mejores humoristas del país. Humoris causa, una propuesta sin precedentes y que solamente se podrá ver en EMHU 2022, contará con la presencia del Eva Hache, Leo Harlem, Ana Morgade y Xosé A. Touriñán. El fin de semana se cerrará con Adivina quién viene esta noche, un espectáculo con invitados sorpresa que actuarán ante un público reducido en la sede de Afundación.

El segundo fin de semana del EMHU llegará con propuestas novedosas y esperadas por el público gallego. El viernes 6 se podrá ver, por primera vez en directo, Saldremos mejores, el podcast de entretenimiento presentado por Inés Hernand y Nerea Pérez de las Heras. Tras este estreno mundial, el broche de oro de la jornada lo pondrá uno de los fenómenos radiofónicos más populares de los últimos años: La Vida Moderna Live Show. David Broncano, Quequé e Ignatius actuarán en el Coliseum tras llenar recintos como el Teatro Romano (Mérida) o WiZink Center (Madrid).

El sábado 7 será el turno del gran fenómeno de la comedia del momento: Estirando el Chicle. Carolina Iglesias y Victoria Martín, creadoras del podcast homónimo, presentarán en A Coruña su espectáculo en directo, en la que será una de las pocas fechas que el dúo actuará en recintos culturales. Este, además, será un show especial, en el que estarán acompañadas de Lala Chus, Henar Álvarez y Patricia Espejo.  La jornada también contará con el espectáculo Sin datos no hay paraíso, una propuesta que reunirá a El Cejas, Car de Lorenzo, Xurxo Carreño y Animalize21 (cuatro comediantes que en Internet reúnen a más de 17 millones de seguidores) en el Teatro Colón.

El espectáculo de clausura del festival será Fantastic Colofon, una propuesta creada expresamente para el festival y que contará con Silvia Abril, Luis Piedrahita, David Fernández y David Amor, que también compartirán escenario primera vez. El Teatro Colón acogerá el domingo 8 de mayo este show único, exclusivo y lleno de sorpresas en el que, además, se pondrá el broche de oro al festival con la entrega de los Premios EMHU 2022.

 

Entradas y abonos

Desde este jueves, 17 de marzo, a las 12.00 horas, el público podrá adquirir las entradas para los distintos espectáculos de EMHU a través de la página web oficial www.emhu.es, además de la plataforma online www.ataquilla.com y el despacho de billetes de la Plaza de Ourense (A Coruña).  A través de estos canales también será posible comprar los diferentes tipos de abono que ofrece esta segunda edición del festival.

  • El abono bueno (48€): Pantomima Full + Humoris causa + Adivina quién viene esta noche.
  • El abono bueno bueno (46€): La Vida Moderna Live Show+ Estirando el Chicle Live.
  • El abono bueno, de lo bueno, lo mejor (80€): Sin datos no hay paraíso + La Vida Moderna Live Show + Estirando el Chicle Live + Fantastic Colofon.
  • El abono bueno, de lo bueno lo mejor, de lo mejor lo superior (129€): Pantomima Full + Humoris causa + Adivina quién viene esta noche + Sin datos no hay paraíso + La Vida Moderna Live Show + Estirando el Chicle Live + Fantastic Colofon.

lunes, 14 de marzo de 2022

O Concello completa o acceso peonil que conecta o polígono de Pocomaco co Birloque



 

Abriuse un paso inferior baixo a vía do ferrocarril cun carril bici que conectará co resto de vías ciclables e sendas peonís

A Coruña, 14 de marzo de 2022.- O Concello da Coruña vén de rematar os traballos para dotar o polígono de Pocomaco cun acceso peonil e ciclista desde O Birloque. Con esta actuación mellórase a mobilidade entre estas zonas e tamén a seguridade viaria, pois ata agora o único paso baixo as vías do ferrocarril supoñía a invasión da calzada por parte dos peóns.

As obras consistiron na creación dun paso inferior baixo a vía do tren correspondente á intersección San Cristovo – Uxes. O acceso permite o paso tanto de peóns como de ciclistas a través dun carril que se conectará en próximas actuacións co resto de vías ciclables. Os Orzamentos Municipais do 2022, recentemente aprobados, contan con 1,5 millóns de euros para melloras e ampliación do carril bici coruñés.

Esta actuación forma parte da estratexia Eidus Coruña, contou cun orzamento de 403.383,33 euros e foi financiado ao 50% con fondos europeos FEDER. Ademais da creación do paso baixo as vías do tren, traballouse tamén na urbanización da contorna, mellorando as condicións nas que se atopaba.

Este novo paso peonil cumpre todos os estándares de accesibilidade. Trátase dunha demanda veciñal que o Goberno de Inés Rey asumiu e levou a cabo.

miércoles, 9 de marzo de 2022

Gatuchinhos organiza este sábado día 12 de marzo un Vermú de Comedia Feminina na Mardi Gras


 

Dende as 12:30 as cómicas Marga Lago, Izquierdo Sisters (Marita Martínez e Lucía Veiga) e Diana Sieira ofrecerán o seu arte en solidariedade con esta protectora de animais adicada aos amigos felinos.

No evento colabora a República Mardi Gras e a entrada son 5€ solidarios íntegros para Gatuchinos, que xestiona 3 colonias felinas de gatos de rúa, controladas mediante CES (Captura Esterilización e Solta) de cara a limitar a súa reproducción, ademáis de alimentalos e coidar da súa saúde. Tamén se fai cargo de gatos domésticos atopados na rúa, en casas de acollida, que poden optar a seren adoptados.

Así, nos sumamos aos actos dos 8M reivindicando a comedia femenina e, coma sempre, o amor aos gatuchinhos aos que queremos axudar no que nos sexa posible.

A finais do pasado ano, algúns gatos das colonias especialmente enfermos obligaron a capturalos para o seu tratamento e, nalgúns casos, seren operados, po isto Gatuchinhos organiza este evento de cara a recuperar as arcas da asociación, pois os gastos extraordinarios orixinados por eses michiños deixaron as capacidades da asociación moi limitadas.

Un deses gatos é Robertito, que naceu na rúa hai 4 anos, e viviu sempre onde a Torre de Hércules. Non coñece outra vida e tivo que facerse desconfiado cos humanos, incluso cos alimentadores da colonia. É o que chamamos un gato feral, dos que se “apañan” na rúa porque non lles queda outra.

Ata que un día a súa alimentadora habitual viuno ferido e alertou aos demais. O diagnóstico non era nada alentador: mandíbula rota, ollo rebentado e unha colonia enteira de carrachos vivindo nel.

Fíxose cerclaxe na mandíbula, enucleouse o ollo, castrouse, desparasitouse a fondo e agora está en proceso de recuperación, esperabamos que tamén en proceso de "desilvestrado" pero non tivemos esa sorte: Robertito non é nada sociable.

Non é un gato adoptable, porque non se sinte cómodo nun entorno pechado. Queremos que estea o máis recuperado posible antes de volver á colonia e que os alimentadores lle intenten prestar a maior atención posible por se xurden problemas.

Isto é tamén parte diaria do voluntariado. Procurar coidados e facerlle a vida un pouco máis doada a animais que non podemos sacar definitivamente da rúa porque tampouco serían felices fóra dela. Ogallá todos se afaceran á vida caseira, porque cada día na rúa é un día que lidian co perigo dos coches, coa intemperie, coa mala xente, cos parasitos, accidentes e enfermidades. Pero ao final son eles os que deciden: uns cambian con gusto a liberdade de movementos polos mimos e cama quentiña, e outros saen bohemios, rueiros, ceibes de alma e de pensamento.

Esta outra é Camila Pelazo, que sí que é unha gata caseira e estivo maliña cunha infección respiratoria causada por mycoplasma. Camila dounos un bo susto. Houbo nervios, choros e sobre todo moita preocupación pola pequena.

Resulta que tivo un derrame pleural e houbo que drenarlle un dos pulmóns. Estivo bastante peor, pensaban que ía morrer, pero os antibióticos, e os mimos e coidados que llee deron os veterinarios fixeron milagres! Agora está nunha casa de acollida pero xa está está recuperada e lista para ser adoptada!

Os voluntarios que a coñecen chámana Lupe, Calcetines ou simplemente “a pedichona” porque non cala, sempre está miañando para que lle fagas caso e apañar uns mimiños. Esterilizouse xa hai tempo e soubo gañarse a amizade doutras gatas que ó principio non a aceptaban.

Neste intre estamos tentando salvarlle a vida, xa que ten unha infección por hemobartonella (unha bacteria que parasita o sangue causando anemia e que nos gatos da rúa custa detectar a tempo) que estamos combatindo con antibióticos e ferro. Tamén ten unha insuficiencia renal que non sabemos se é crónica ou se é causa da infección e estamos tratando con Semintra.

En principio estará en coidados intensivos un mes e despois faranse máis probas para valorar o estado de saúde.

Todas as probas, medicamentos, comida e suplementos especiais, incluso os empapadores da gaiola e produtos de limpeza por desgraza custan cartos...

Datos do Evento:

Lugar: Sala Mardi Gras (Tr.a Torre, 8, 15002 A Coruña)
Data: Sábado 12 de marzo
Hora: 12:30h
Prezo: 5€ (entrada solidaria)
Actúan: Marga Lago, Izquierdo Sisters (Marita Martínez e Lucía Veiga) e Diana Sieira
Reserva de entradas: eventosgatuchinhos@gmail.com

lunes, 7 de marzo de 2022

El pop punk llega a Galicia




El grupo coruñés Psychoducks estrena su nuevo sencillo Like 90's Rockstars cargado de espíritu adolescente pop punk, acompañado de un vídeoclip que refuerza esta actitud desenfadada y canalla de la juventud de los años 90. Supone un buen pretexto para volver a recordar una época en la que las guitarras distorsionadas, las zapatillas VANS o las carpetas forradas con nuestros artistas favoritos predominaban entre los gustos adolescentes.



 



Skaters, acrobacias, gomina y colores vivos destacan entre la estética visual de Like 90's Rockstars. Vídeoclip dirigido por Sandra Guedev en el que participan grandes profesionales del audiovisual como Ana Scast, Aitor Merelas o Iago Vilarinho. Este último, cinematógrafo en el documental sobre "Las estrellas del camino" de Estrella Galicia, así como del vídeoclip nominado a los premios Mestre Mateo, "Muinheira de Interior", de Boyanka Kostova.

La diversión y el buen ambiente durante los días de rodaje fueron claves para conseguir el aura de disfrute que desprende el vídeoclip y que representa a los jóvenes contemporáneos. Like 90's Rockstars invita a pasar un poco de todo y a que disfrutes como cuando la vida se medía en capítulos de Friends.

Este nuevo sencillo de los patos psicópatas sirve como entrante de su segundo EP, dipuesto a hacer disfrutar a todos los oyentes, del que pronto tendremos jugosas noticias.