A programación das Letras Galegas inclúe concerto de Xurxo Fernández
xunto co Festival que realizarán as agrupacións musicais do municipio.
Sada, 11 de maio 2022.
As concellerías de Cultura, de Promoción Económica e Turismo e de Normalización Lingüística
programan máis dunha decena de actividades para o que resta do mes de maio que
comezaron co Festival Touliña POP celebrado o pasado fin de semana e que encheuu
municipio de xente.
Coincidindo mañá xoves 12 de maio coa data do pasamento de Emilia Pardo Bazán, ás 20:00
horas na Capela de San Roque o Concello de Sada presenta o libro de banda deseñada "O Voo
da Curuxa Unha tarde con dona Emilia no Pazo de Meirás" de Inacio e Iván Suárez. Obra
fascinante dos derradeiros meses de vida de dona Emilia que lembra a estética dos gravados
clásicos e incorpora relatos da propia Pardo Bazán.
O venres 13 a Asociación de músicos Tío Phill Crew de Sada, coa colaboración da concellería de
Cultura, programa o Meigallo Fest. Este festival adicado á cultura Hard Rock, contará con las
bandas Graxa, Al final solo habrá cenizas, Sickeeper, Strikeback e os madrileños Hamlet.
O sábado 14 terá lugar na Capela de San Roque ás 12:00 a presentación literaria do libro de
Ledicia Costas "Golpes de Luz", coa participación da autora e de Monste Pena.
E pola tarde o IX Festival Camiño ao Verán organizado polo Coro Galego Santa Comba de
Veigue, coa colaboración do Concello de Sada. A cita será ás 20:00 horas no auditorio da Casa
Cultura Pintor Lloréns e participará o Coro organizador e a coral invitada San Salvador de
Camanzo de Vila de Cruces.
Letras Galegas en Sada
A concellería de Cultura programa para o luns 16 de maio ás 22:00 horas, o concerto de Xurxo
Fernándes. “Levaino e Pandereteiras Sen Fronteiros” na carpa Irmáns Suárez Picallo - 22:00h
O músico e investigador Xurxo Fernandes aúna en Levaino! as dúas vertentes creativas que
conforman a súa traxectoria. Por unha banda, a do recoñecido etnógrafo da música de
tradición oral galega, da que beben proxectos artísticos como Radio Cos. Pola outra, a do
entusiasta intérprete da música urbana dos xudeus do Imperio Otomano.Levaino! é un
revelador xogo de espellos no que Galicia e Oriente.
O propio día das Letras Galegas, martes 17, a concellería de Normalización Lingüística
programa o contacontos pola tradición “Florencio Delgado Gurriarán” no auditorio da Casa da
Cultura Pintor Lloréns ás 11:00 horas. Unha producción de Trémola Teatro centrada na obra e
Vida de Florencio Delgado Gurriarán. A través da súa vida coñeceremos os seus poemas.
Pola súa banda a concellería de Cultura programa o Festival Día das Letras Galega ás 12:00
horas na carpa na praza Suárez Picallo. Teatro, música e danza, para festexar as Letras Galegas.
A Escola Municipal de Teatro de Sada interpretará “Flores para Florencio” en homenaxe a
Florencio Delgado Gurriarán, acompañada da Banda Municipal de Sada. A continuación a
Banda de Música de Sada deleitaranos co concierto das Letras xunto coa asociación de música
tradicional Queiroa. Ademáis a agrupación musical Nova Troula percorrerá as rúas de Sada
desde as 12:00 co grupo de canto e música.
Día da Diversidade e Food Trucks.
O venres 20 na Biblioteca Municipal de Sada ás 18:30 a a rapazada de Sada poderá aprender
recursos da linguaxe do cómic facendo a sua própia páxina de banda deseñada dentro do
Obradoiro que organiza a concellería de Normalización Lungüística. No cómic atoparán unha
ferramenta “afín á sua vida que lles axudará a comunicarse, contando as suas propias historias
nas que verquir as suas propias inquedanzas e intereses."
O sábado 21 ás 12:00 na Capela de San Roque prográmase o contacontos “Diferentes
Diferenzas” polo Día da Diversidade con Silvia Penide, contos e cancións e Natalia Navaza,
intérprete de signos. Entrada libre.
A Casa da Cultura acollerá ese mesmo día ás 20:00 o concerto coral de primavera da Coral
Polifónica San Martín de Meirás que tamén contará coa Rondalla Estrelecer do Círculo
Mercantil Industrial Unidad de Fene, e a Coral Polifónica de Casa del Mar (Coruña).
E durante todo o fin de semana a concellería de Promoción Económica e Turismo programa o
IV Festival Food Trucks Sada, comida sobre rodas na carpa situada na praza Irmáns Suárez
Picallo. Unha feira de establecementos de comida móvil con numerosos actuacións musicais.
O venres 20 comezarán as actuacións as 21:00 con Pioneers e DJ Susete Deluxe.
O sábado 22
haberá xogos infantís pola maña e pola tarde e tamén as actuacións de poesía escénica con
Aldao Lado (13:00), Doctor Snob (21:00) e Extrema Urgencia (23:00)
O domingo 22 pecharáse o Festival Food Trucks con xogos infantís pola mañá e pola tarde e as
actuacións musicais de Elman Band (13:00) e Javier Insua (19:00)