miércoles, 7 de diciembre de 2022

Inauguración do Nadal 2022 na Asociación de Comerciantes "A Transversal"

 


A TRANSVERSAL Nadal 2022. Un Nadal, #TanDeAquí!

XA É NADAL NA TRANSVERSAL!

A veintena de pequenas tendas sitas no centro da Coruña dan por inaugurada a campaña de Nadal deste ano 2022. Un Nadal #TanDeAquí como os negocios da Transversal!

Porque A TRANSVERSAL é tan de aquí como o mar, como o Dépor, como a praia, como o Obelisco, como o Entroido, como ir de viños, como María Pita, como a Torre de Hércules, como, en definitiva, o comercio local!

“A TRANSVERSAL somos de aquí, da Coruña, tan de aquí coma ti.”

Os estabelecementos da Transversal traballan con producto local e permiten un contacto máis persoal lonxe da friaxe das multinacionais e franquías. Na diagonal que se sitúa entre o San Andrés máis alternativo e a tradicional Rúa Real, podes atopar desde tendas de agasallos, tendas gourmet e deseño galego en 3d a xoierías, estudio botánico, tenda de mascotas, boutique sensual, tenda de comercio xusto, tenda hippie, artesanía moderna, local de estética, xoguetería, modelismo e, por suposto, hostalería con vinoteca, cervexería, comida chino-peruana e smart food.

SORTEO DE 300€*

E para inaugurar o Nadal 2022 os estabelecementos asociados á Transversal entregarán rifas para o sorteo dun VALE DE 300€ a canxear en compras en calqueiras dos estabelecementos asociados.

Por compras superiores a 30€ por tique entre o 5 de decembro deste ano e o 5 de xaneiro de 2023, a clientela poderá participar no sorteo e a rifa agraciada será a que conteña o número que coincida cas tres últimas cifras do Sorteo del Niño de 2023 (6 de xaneiro).

ESTABELECEMENTOS ASOCIADOS

I3D deseño galego en 3D - PTIT & CO. - INSPIRACIÓN boutique sensual - TOP NAILS estética - LA ROMÁNICA smart food - DE LIRIOS estudio botánico - O CANDIL cervexería – CHIN FAN restaurante - O CEO vinoteca- - RUVE modelismo - SOLIDARIEDADE INT. DE GALICIA comercio xusto - MUNDO GALEGO tenda gourmet - PLATABALÚU tenda hippie – SURFER PETS tenda de mascotas - GAOLO artesanía - LA ESMERALDA xoiería - PIPA’S ATELIER taller de xoias - LA EXTINCIÓN xoguetería