martes, 24 de enero de 2023

Recollida de sinaturas-ILP fortalecemento da atención primaria. SOS Sanidade Pública


Nota de prensa:

«O mércores 25 de xaneiro, a partir das 18:00 horas, estaremos no Obelisco de A Coruña para recoller sinaturas de apoio á Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) de fortalecemento da atención primaria. O tempo que deu o Parlamento para a recollida de sinaturas remata en febreiro e queríamos facer unha última recollida o máis grande posible. A ILP quere chamar a atención e poñer en marcha unha serie de medidas para revitalizar e fortalecer a atención primaria.

Un resumo esquemático das medidas propostas é o seguinte:

- Atención presencial ou telemática decidido polo paciente.
- Resposta telefónica por unha persoa, non dun robot, non de máquinas.
- Adecuar os cadros de persoal ás necesidades da poboación para garantir unha atención de calidade.
- Limitar o número de consultas diarias para permitir un tempo de atención axeitado ás necesidades dos pacientes.
- Garantir estabiliade laboral e condicións laborais adecuadas e atractivas, para fidelizar aos profesionais.
- Garantir a participación cidadá.
- Reducir as listas de espera para probas diagnósticas e para consultas hospitalarias.
- As persoas que non desexen ser atendidos en centros privados non perderán o seu posto no rexistro na lista de espera.
- Autonomía de xestión na atención primaria, sen dependencia do hospital.
- Garantir a accesibilidade sanitaria en condicións de equidade, independientemente do lugar onde se viva, xa que no medio rural hai zonas con moitas máis dificultades de acceso que o resto.

Pedímoslle á cidadanía que se acerque este día para asinar a ILP e apoiar e fortalecer a nosa sanidade pública, a nosa atención primaria.»

lunes, 23 de enero de 2023

Sala Mardi Gras: Levitants y 84 para cerrar enero en Mardi Gras

LEVITANTS
Anticipada 12 + gastos en Wegow
Taquilla 15
Viernes 27 enero. 22:30 apertura 23:00 concierto

La banda de Subterfuge llega el viernes a la Sala Mardi Gras.
En 2022 editaron Nuevas generaciones y La Ventana, pero su trallazo es el tema recién editado Adelante.
  
El grupo vallisoletano se embarca en una extensa gira que les llevará A CoruñaOviedoMálagaSevillaPontevedraSantiagoBarcelonaZaragozaZamoraLugoMadridToledoSalamanca
BurgosValencia.
 
"Adelante" no es una canción. Es una lección, aprendida a base de hostias con grandes dosis de humor. Un himno nihilista y sofisticado de alto impacto emocional. Autocrítica y fina ironía cantada por una voz que sumerge al oyente en un road trip vibrante de loops de guitarra que trasciende la barrera de los géneros. Honestidad brutal y un mantra en el horizonte: El camino es lo único importante. Levitants ya no es solo una banda, ahora son un movimiento. Un movimiento de resistencia y de unión frente a un mundo que se desmorona pero por el que sigue mereciendo la pena luchar. Aaadelaaanteee.
 
Grabado y producido por Carlos Hernández en "el Castillo Aleman" a finales de 2022.


___________



84 
Sábado 28 22:30 apertura 23:00 concierto
Anticipada en Wegow 19 +gastos
Taquilla 20 euros

El grupo 84 nace en 2005 de la mano de tres amigos, Enrique Berenguer, Ramón Vázquez y Jaime Fontecha, todos ellos con papel de guitarristas y cantantes dentro de la banda. Rápidamente y tras grabar algunos temas propios comienzan a aparecer en algunas de las salas más importantes de la escena musical madrileña. Los tres participan en la composición de las canciones, un hecho que da riqueza a sus proyectos, que son rápidamente seguidos por el público. 84 ya tiene ganada una gran comunidad de fans que afirma disfrutar de un directo distinto, sorprendente y atrapante.

Llegan a Mardi Gras por primera vez en formato acústico.


 

martes, 17 de enero de 2023

O Concello publica as bases para participar nos concursos de comparsas, carrozas e choqueiros no Entroido deste ano


 

A comparsa gañadora interpretará dúas cancións do concurso no acto de entronización do Deus Momo que terá lugar no Obelisco o venres 17 de febreiro

Os concursos infantís de disfraces e choqueiros terán lugar o martes 21 de febreiro, entre o Campo da Leña e a rúa da Torre

A Coruña, 17 de xaneiro de 2023.- O Concello da Coruña, a través da área municipal de Cultura, publicou este martes as bases de participación nos concursos previstos na vindeira edición do Entroido, que abranguen a competición de comparsas (en dúas modalidades: música e letra; e vestiario, coreografía e orixinalidade); a de carrozas; o concurso infantil de disfraces (en dúas modalidades: individual; e en grupo); e o concurso de choqueiras e choqueiros, que tamén se desenvolverá baixo un dobre formato, ideado tanto para adultos como en categoría infantil.

O prazo de presentación de solicitudes de participación, no caso dos concursos de comparsas e carrozas, é de dez días naturais, que se contarán a partir deste mércores 18. As bases para as dúas modalidades do concurso de comparsas (música e letra; e vestiario, coreografía e orixinalidade) establecen que poderán formar parte do mesmo aquelas persoas ou entidades, con agrupacións dun mínimo de 10 participantes disfrazados para a ocasión, que efectúen previamente a súa inscrición mediante o envío dun correo electrónico á entroido.imce@coruna.es, ou mediante a súa presentación nas oficinas do IMCE (Avenida da Mariña, 18).

O concurso resolverase nun festival que terá lugar o sábado 11 de febreiro (18.00 horas) en Palexco. O venres 17 (21.00 horas), a comparsa gañadora terá que interpretar dúas cancións do concurso no acto de entronización do Deus Momo que terá lugar no Obelisco.

No caso do concurso de carrozas, o procedemento ábrese ás persoas e entidades que, tras efectuar o procedemento indicado anteriormente, se comprometan a construír unha carroza e a asistir con ela ao desfile de carrozas e comparsas que percorrerá o Cantón Pequeno, ata a praza de María Pita, o sábado 18 de febreiro, a partir das 17.30 horas. O Concello establecerá un mínimo de tres premios en metálico para estas tres categorías (comparsas, nas súas dúas modalidades; e carrozas), premios que oscilan entre os 800 e 1.500 euros en función do posto final, ademais de premios á orixinalidade e accésits. O Goberno de Inés Rey busca potenciar coa celebración do Entroido as tradicións locais, impulsando unhas das citas máis relevantes do calendario festivo coruñés e organizando diversas actividades para eses días.

Os concursos infantís de disfraces e de choqueiros

O Concello tamén notificou hoxe as bases para tomar parte no concurso infantil de disfraces de Entroido, ao que se poderán presentar todas as nenas e nenos que se inscriban o mesmo día da celebración (martes 21 de febreiro, desde as 17.00 horas, no Campo da Leña). A localización prevista é susceptible de variacións en función das condicións meteorolóxicas, e sería notificada, en tal caso, a través das canles oficiais do Concello. No concurso infantil de disfraces, con dúas modalidades (individual; e en grupo) poderán participar as nenas e nenos nados despois do 31 de decembro de 2010. Poderase participar nunha única modalidade.

Os premios, con tres gañadores tanto na modalidade individual como na grupal, oscilarán entre os 50 e 150 euros, valedeiros para lotes de libros de literatura infantil. Estas bases son idénticas ás que se plantexan para o concurso infantil de choqueiras e choqueiros, que tamén se levarán baixo modalidade individual e grupal, e co mesmo balance de premios ás nenas e nenos gañadores.

O concurso de choqueiros terá lugar o día 21 de febreiro

Por último, e tamén con vistas ás festas de Entroido, o Concello notificou as bases para a inscrición de participantes no tradicional concurso de choqueiras e choqueiros, que se abrirá o mesmo día da celebración (martes 21 de febreiro, de 19.00 a 20.00 horas), no acceso principal á Escola Municipal de Música (Rúa da Torre, 67).

Será baixo dúas modalidades: individual e en grupo (máis de dúas persoas). Só se permitirá tomar parte nunha única modalidade.

O concurso terá lugar nun escenario instalado na confluencia entre a rúa da Torre e a rúa Curros Enríquez, a partir das 20.00 horas. Se houbese variacións de localización por mor da situación meteorolóxicas, tamén será notificada polo Concello previamente.

Poderán tomar parte neste concurso todas as persoas nadas antes do 1 de xaneiro de 2011. Os premios na modalidade individual oscilan entre os 150 e 500 euros; e entre 200 e 600 na modalidade grupal.

lunes, 16 de enero de 2023

O Concello pecha as praias, parques e os accesos ao Paseo Marítimo para reforzar o dispositivo de seguridade ante a alerta por temporal


A Concellería de Benestar Social ofrecerá comida, bebidas quentes, roupa seca e sacos para durmir ás persoas sen fogar, que poderán pernoctar no Centro Cívico dos Mallos a partir das 21:00 horas de hoxe

A Coruña, 16 de xaneiro de 2023.- Ante a situación de alerta vermella polo temporal que azouta a cidade, o Concello da Coruña pechará este martes todas as praias e parques, así como os accesos ao Paseo Marítimo, co obxectivo de reforzar o dispositivo de seguridade por mor das inclemencias meteorolóxicas.

O Concello insta á cidadanía a extremar as precaucións e non achegarse ao bordo costeiro, asi como alonxarse das praias e lugares que podan ser afectados polas mareas e as ondas, debido á intensidade do vento, así como a non situarse nos extremos dos peiraos ou espigóns da cidade. Por outra banda, o Concello tamén recomenda non circular con vehículos polas estradas lindeiras á liña de praia no Paseo Marítimo, así como alonxarse de cornisas, muros, árbores ou vallas publicitarias.

A maiores, a Policía Local recomenda, como medida de carácter preventivo nos fogares, a retirada de macetas e de todos aqueles obxectos que sexan susceptibles de precipitarse á rúa por mor do vento e a choiva.

Ademais, a Concellaría de Benestar Social, Igualdade e Participación Cidadá vén de activar un dispositivo de emerxencia para acoller ás persoas sen fogar da cidade.

A partir das 21:00 horas de hoxe, as persoas que o desexen poderán pernoctar no Centro Cívico dos Mallos, onde se lles ofrecerá comida, bebidas quentes, roupa seca e sacos de durmir. "O dispositivo está previsto para esta noite e a de mañá, martes, e poderá prolongarse ao longo desta semana se fose necesario", explicou a concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación Cidadá, Yoya Neira.

O servizo de pernocta estará operativo entre as 21:00 e as 8:00 horas. Os equipos do Servizo Municipal de Atención ás Emerxencias Sociais (SEMUS) e os equipos de rúa percorren a cidade avisando aos posibles usuarios deste servizo de emerxencia para que se trasladen ao centro cívico.

Neira lembrou que, ademais deste dispositivo especial nocturno, as persoas sen fogar poden utilizar tamén os demais centros cívicos durante o día. Tamén a Institución Benéfico Social Padre Rubinos flexibilizou as súas condicións de acollida mentres dure o temporal. Nas próximas horas espérase un acusado descenso das temperaturas coa chegada das borrascas Gérard e Fien, que afectará sobre todo á metade norte peninsular con fortes ventos, choiva, frío e neve.

O Concello publica as propostas gañadoras dos Orzamentos Participativos nas que se investirán 2,5 millóns de euros


 

O Goberno municipal achegará 90.500 euros máis para incluír a creación dunha zona de lecer en Palavea

A Coruña, 16 de xaneiro de 2023.- Xa se poden consultar na web municipal as propostas gañadoras da última edición dos Orzamentos Participativos coas súas correspondentes partidas. Son 17 as propostas -cinco para toda a cidade e 12 correspondentes aos 10 distritos da Coruña- as máis votadas no proceso de participación cidadá que se levaron a cabo a finais do pasado ano.

Ademais destas 17 propostas, o equipo técnico municipal valorou o emprego dos remanentes para a inclusión dunha proposta máis nos distritos 1 ou 8, os únicos que non acadaron o límite de orzamento asignado por distrito. Seguindo o criterio de maior número de votos, inclúese a maiores o proxecto de creación dunha zona de lecer e ocio no barrio de Palavea, para cuxa posta en marcha o Concello achegará 90.500 euros que se sumarán aos 2.500.000 euros consignados para os Orzamentos Participativos. Mediante os orzamentos participativos o Goberno de Inés Rey amplía os investimentos previstos nos barrios da cidade, que neste mandato superan xa o 40 millóns de euros.

“A suma dos orzamentos das propostas gañadoras deixaba un remanente de 60.000 euros - explica a concelleira de Igualdade, Benestar Social e Participación, Yoya Neira-, unha vez analizadas todas as opcións e tendo en conta o número de votos recibido, o Concello decidiu destinar o dito remanente a poñer en marcha a segunda proposta máis votada do Distrito 8 (Palavea) e completar con fondos propios os 150.000 euros de orzamento que se necesitan”, agregou.

Neira destacou o aumento de cidadáns e cidadás que participaron na fase de votación, aproximadamente un 70 % máis que o ano pasado. O número de persoas que optaron pola votación presencial en urna experimentou igualmente un ascenso importante, sendo máis do dobre que o ano pasado, cando se habilitou esta opción de voto por primeira vez.

En canto á participación por distritos, destaca moi por encima dos demais o distrito 7, con máis de 1.000 votos contabilizados. O distrito 5 tamén tivo unha participación alta, con 636 votos contabilizados.

En total, houbo 1.747.745 visitas á plataforma "nacorunacontas" situada na web municipal, presentáronse 608 propostas e emitíronse 22.254 apoios. Na votación final participaron 3.140 persoas.

Propostas gañadoras


1. Para toda a cidade

● "Quero ser libre pola Coruña". Proposta de intervención global para a mellora da accesibilidade en toda a cidade presentada por GRUMICO (Grupo de persoas con discapacidade da Coruña) Orzamento: 250.000 euros.

● "Por unha cidade verde". Creación de novas zonas verdes e instalación de árboredo autóctono. Orzamento: 250.000 euros.

● "Parques infantís cubertos". Instalación de cubertas nalgúns dos parques infantís da cidade para poder utilizalos cando chove. Orzamento: 250.000 euros.

● "Baños públicos de calidade". Instalación de máis cabinas de aseo público con equipamentos modernos. Orzamento: 250.000 euros.

● "Mantemento e actualización da Domus". Proposta integral para o edificio de Arata Isozaki que inclúe a renovación do exterior e os accesos e a actualización da oferta expositiva dun dos museos máis populares da cidade. Orzamento: 98.000 euros.


2. Propostas por distritos

● Distrito 1 (Ciudad Vella, Cantóns, A Mariña e Orzán)

Rehabilitación dos bancos de cerámica dos Xardíns de Méndez Núñez. Orzamento: 60.000 euros.
Instalación de árbores na rúa Socorro. Orzamento: 25.000 euros

● Distrito 2 (Monte Alto, Orillamar, Zalaeta, Matadoiro e Durmideiras) Reparación da pista deportiva do CEIP Víctor Seoane. Orzamento: 148.000 euros.

● Distrito 3 (Catro Camiños, Juan Flórez, Ramón y Cajal e A Palloza) Ampliación da zona de xogos na praza de Tabacaleira. Orzamento: 150.000 euros

● Distrito 4 (Os Mallos, Vioño, avenida do Ferrocarril e contorna da estación de tren)

Ampliación do parque infantil da Sagrada Familia. Orzamento 70.000 euros. 
Equipamento do parque infantil da estación de tren. Orzamento: 70.000 euros.

● Distrito 5 (Labañou, Os Rosales, Alfredo Vicenti e Manuel Murguía) 

Reacondicionamiento do “cole azul”, o espazo dedicado ás actividades extraescolares do CEIP Emilia Pardo Bazán. Orzamento: 149.500 euros.

● Distrito 6 (Agra do Orzán, As Conchiñas, Peruleiro e rúa Barcelona) 

Embelecemento do barrio con ampliación de beirarrúas, máis zonas peonís e axardinamento. Orzamento: 150.000 euros

● Distrito 7 (Os Castros, Monelos, Matogrande e Someso)

Patio urbano verde, humanizado e sostible para o CEIP Ramón de la Sagra. Orzamento: 150.000 euros

● Distrito 8 (Palavea, Pedralonga, Eirís e As Xubias)

Camiño seguro ao colexio: Facer un carril peonil na rúa Roma que una o colexio Andaina coa avenida Nova York para poder chegar á parada de bus urbano de forma segura. Orzamento: 70.000 euros.
Creación dunha zona de lecer e ocio na contorna das vivendas de Santa Cristina en Palavea. Orzamento: 150.000 euros.

● Distrito 9 (Elviña, Mesoiro, Novo Mesoiro, A Zapateira e Pocomaco) 

Reparación e asfaltado das pistas e camiños do Lugar de Elviña e Castro de Elviña. Orzamento: 150.000 euros.

● Distrito 10 (O Ventorrillo, Bens, Nostián e Penamoa) 

Renovación completa do patio do CEIP María Barbeito. Orzamento: 150.000 euros.


jueves, 12 de enero de 2023

Cervezas Alhambra impulsa la cocina nómada de Rafa Centeno en A Coruña


Rafa Centeno participará este sábado en el proyecto de cocina itinerante de la coctelería Mamavieja, ubicada en el barrio coruñés de Matogrande

Un encuentro que alimenta el espíritu viajero del chef de Estrella Michelin, y lleva su proyecto Maruja Granuja fuera de Vigo por primera vez

 A Coruña, 12 de enero de 2022. – Cervezas Alhambra impulsa la cocina nómada del chef vigués Rafa Centeno en A Coruña. Maruja Granuja, el concepto viajero del chef con Estrella Michelin que nació de los nuevos hábitos gastronómicos derivados de la pandemia, sale por primera vez de Vigo para llevar a la ciudad herculina todo el sabor del restaurante Maruja Limón.

De este modo, Centeno participará este sábado 14 de enero en el proyecto de cocina itinerante de la coctelería Mamavieja, ubicada en el barrio coruñés de Matogrande, donde los asistentes podrán degustar, en formato cena y bajo reserva previa, algunos de los platos que conforman la “carta granuja”, informales y basados en productos de cercanía, pero con una delicada elaboración.

Mamavieja acoge habitualmente las noches de los viernes y sábados a cocineros invitados que se encargan de elaborar diferentes especialidades, que resultan maridar a la perfección con las Cervezas Alhambra y con los cócteles de su carta.

Para Cervezas Alhambra nada que merezca la pena se hace deprisa. Por eso, tanto para la marca como para el premiado chef, el principal ingrediente en la cocina es el tiempo.

martes, 10 de enero de 2023

A Deputación completa as obras da senda ciclista que percorre o encoro de Cecebre ata Carral


Inaugurarase cunha marcha a pé e en bici que terá lugar o domingo 12 de febreiro

Para participar é necesario inscribirse, ata o 3 de febreiro, en www.dacoruna.gal/deporte/andaina/inscricion

Consta de 32 quilómetros de ruta por un dos espazos naturais de referencia na provincia e discorre polos municipios de Abegondo, Betanzos, Bergondo, Cambre e Carral

A Deputación impulsa a creación de 130 quilómetros de sendas ciclistas con proxectos singulares coma este ou a Vía Verde Santiago-Cerceda

A Coruña, 10 de xaneiro de 2022. A Deputación da Coruña organiza unha andaina e marcha cicloturista o domingo 12 de febreiro para inaugurar a nova senda ciclista que percorre a contorna do encoro de Cecebre e que conecta con Carral, un itinerario de 32 quilómetros nun dos espazos naturais de referencia da provincia polos municipios de Abegondo, Betanzos, Bergondo, Cambre e Carral.

A saída será ás 9:30 horas desde o pavillón de Guísamo, en Bergondo, e a chegada está prevista para as 15:30 horas no Campo da Feira de Carral. Serán en total 18 quilómetros de marcha a pé ou en bici nos que ademais haberá un punto de avituallamento intermedio en Abegondo, concretamente na Cidade Deportiva do Mundo do Fútbol do Real Club Deportivo de la Coruña.

A actividade é gratuíta pero para participar é necesario inscribirse, ata o 3 de febreiro, cubrindo o formulario habilitado na páxina web www.dacoruna.gal/deporte/andaina/inscricion. As persoas participantes recibirán unha camiseta de regalo e disporán dun servizo de bus con diferentes modalidades: desde o seu concello ao lugar de saída, desde a chegada ata o lugar de saída, desde a chegada ao seu concello ou desde o avituallamento a saída ou á chegada. Polo tanto, está iniciativa está adaptada ás necesidades e posibilidades de cada persoa, podendo facer a ruta completa ou só a metade.

Tres tramos con máis de 2,1 millóns de euros de investimento O proxecto da ‘Senda ZEC’ contou cun importante investimento de 2.150.688 euros, cofinanciados nun 80% con fondos europeos FEDER a través do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE). Esta ruta permite visitar en bicicleta ou a pé algúns dos espazos naturais de referencia na provincia da Coruña.

A Deputación da Coruña asumiu directamente a xestión das actuacións, que se dividiron en tres tramos. O primeiro deles transcorre polos municipios de Abegondo, Bergondo, Betanzos e Carral. O segundo e terceiro discorren por Abegondo e Carral.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, destaca a importancia de proxectos como este no cambio cara unha mobilidade máis sostible no territorio provincial. “Desde a Deputación estamos a realizar unha importante aposta para promover un novo modelo de mobilidade respectuosa co medio, onde a bicicleta adquire un papel central” indica.

Coexistencia de peóns e ciclistas

O novo carril bici discorre en gran parte polo territorio da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, empregando como base estradas, rúas, pistas municipais, camiños rurais e sendas de titularidade pública. Peóns e ciclistas compartirán ditos camiños, polo que a Deputación acometeu diferentes actuacións que permiten compatibilizar esa coexistencia a través de renovación de vías, mellora na seguridade viaria e instalación de sinalización ambiental e turística, respectando sempre o valor medioambiental da contorna.

A ruta, dividida nos tres tramos sinalados con anterioridade, discorre ao carón da ribeira do encoro de Cecebre, saíndo un ramal para Guísamo e outro que aproveita o Val do Barcés para chegar a Carral, discorrendo por núcleos de poboación como Sarandóns e pasando por lugares como a contorna do Pazo de Macenda, a ETAP de Cañás ou o Observatorio de Aves de Crendes, para rematar no monumento aos Mártires de Carral.

O deputado de Transición Ecolóxica, José Ramón Rioboo, destaca que esta iniciativa se suma “aos traballos que desde a Deputación estamos a facer para crear 130 novos quilómetros de sendas ciclistas en 19 concellos coruñeses”, sinala. Un proxecto que contou tamén co cofinanciamento de fondos FEDER e que inclúe a creación da primeira Vía Verde da provincia, que conecta o municipio de Cerceda co de Oroso empregando as antigas vías de ferrocarril e que este se estenderá ata Santiago de Compostela

Teatro do Noroeste chega ao Teatro Rosalía Castro da Coruña coa peza de teatro político ‘Último verán en Santa Cristina’

Fotografía: © César Seijas


A obra poderá verse na sala coruñesa o venres 20 de xaneiro, ás 20.30 horas

‘Último verán en Santa Cristina’ é un texto firmado polo dramaturgo Eduardo Alonso, ambientado nos anos 60, que aborda as sensibles e conmovedoras lembranzas dun neno que vive a súa infancia na España franquista

No texto, un rapaz de 12 anos realiza o tránsito da adolescencia á madurez, descubrindo a natureza da vida e da morte, a esencia do amor e do sexo e, sobre todo, un terrible segredo que oculta a súa familia de militares franquistas

A lonxeva compañía de teatro regresa á Coruña cunha proposta protagonizada por Xavier Estévez, Luma Gómez, Miguel Pernas, Maxo Barjas e Manuela Varela

As entradas para ver o espectáculo están dispoñibles a través da plataforma online Ataquilla https://entradas.ataquilla.com, o mesmo día da función, na billeteira do Teatro Rosalía Castro

A Coruña, 10 de xaneiro de 2023.- A lonxeva compañía de teatro galego Teatro do Noroeste regresa á cidade da Coruña para presentar o seu novo espectáculo, Último verán en Santa Cristina, o venres 20 de xaneiro, ás 20.30 horas, no Teatro Rosalía Castro. A peza de teatro político, con tintes autobiográficos, firmada polo dramaturgo Eduardo Alonso, está ambientada nos anos 60 e aborda as sensibles e conmovedoras lembranzas dun neno que vive a súa infancia na España franquista.

No texto, un rapaz de 12 anos realiza o tránsito da adolescencia á madurez, descubrindo a natureza da vida e da morte, a esencia do amor e do sexo e, sobre todo, un terrible segredo que oculta a súa familia de militares franquistas. Teatro do Noroeste regresa deste xeito á cidade herculina cunha proposta protagonizada por Xavier Estévez, Luma Gómez, Miguel Pernas, Maxo Barjas e Manuela Varela.

As estradas para gozar do espectáculo están dispoñibles a través da plataforma Ataquilla (https://entradas.ataquilla.com) e, os días de función, na billeteira do propio teatro.

SOBRE O ESPECTÁCULO

Último verán en Santa Cristina conta o acontecido a un rapaz de 12 anos que, no ano 1960, pasa o seu último verán nunha praia preto da cidade na que vive. Moitos anos despois, cando xa é un home adulto, recibe unhas cartas supostamente propiedade da súa nai xa morta e, na lectura destas cartas, rememora o acontecido entonces.

Como é fillo de militar, o rapaz vive especialmente os acontecementos da sociedade franquista da época: os desfiles na praza da cidade que coinciden coa estancia de Franco no Pazo de Meirás, a poucos quilómetros de onde el veranea. Entre os seus propios recordos, moi escorados nas lembranzas relacionadas co seu paso de neno a adulto, e as cartas agora coñecidas vai descubrindo a relación da súa propia nai, a muller do militar, cun antigo amigo da xuventude, agora fuxido e enrolado na última partida de guerrilleiros antifranquistas que aínda fica activa en Galicia nese ano de 1960.

Para o protagonista, agora un adulto, a lectura das cartas e os recordos non moi precisos que aínda conserva de aqueles anos, dos que pasaron xa máis de trinta, vanlle descubrindo as relacións triangulares da súa nai, o seu pai e o partisano que, inevitablemente, rematarán en traxedia.

SOBRE A COMPAÑÍA

Teatro do Noroeste é unha compañía de teatro galega fundada en 1987. Na súa dilatada traxectoria de máis de 35 anos, ten producido e distribuído unha grande cantidade de espectáculos. Entre estas pezas se poden salientar desde textos clásicos, como Rei Lear, Macbeth ou Noite de Reis, de William Shakespeare, ou As vodas de Fígaro, de Caron de Beaumarchais; até textos máis contemporáneos, como Os Xustos, de Albert Camús; ou de autores galegos, como Historias Peregrinas e A grande noite de Fiz, de Miguel Anxo Murado, e Unha rosa é unha rosa, de Suso de Toro, ou o musical Imperial: Café cantante. Vigo 1936, de Eduardo Alonso, entre outros.

martes, 3 de enero de 2023

Museo Lar, exposición "Los Mariscos de Costa da Morte" en el Puerto de A Coruña


Desde hoy y hasta el 1 de marzo, el puerto de A Coruña acoge la exposición Los Mariscos creada en la obra social de Suministros Lar de Cee, una empresa familiar de Cee, en el marco de su Concurso de murales de azulejo Lar dirigida a estudiantes de ESO y personas con diversidad en riesgo de exclusión.


Concretamente en esta exposición una de las obras la realizo la asociación Buen Pastor de A Coruña. La temática de esta exposición son Los Mariscos de Costa da Morte, un total de 20 representados. Entre ellos el percebe propuesto a ser patrimonio de la Unesco. Representan cultura, arte, patrimonio y raíces. Estas obras arquitectónicas están realizadas por alumnos de ESO y asociaciones de personas con diversidad.

Costa da Morte exporta desde A Coruña al mundo su riqueza marítima.


Estos murales están apadrinados con un manuscrito original que se puede leer en el mural, de escritores de Costa da Morte, como Concha Blanco, Maria Canosa, Maria Lado, Modesto Fraga, Alexandre Nerium, Rafa Villar, David Creus, Miro Villar, Roberto Traba y Xosé Iglesias. La mayoría componentes del I Batallón Literario de Costa da Morte.


Vídeos: 





lunes, 2 de enero de 2023

Agenda de la sala Mardi Gras para esta semana

 


ELADIO Y LOS SERES QUERIDOS + LAS ANTONIAS

Martes 3,21:15 apertura, 21:45 actuación.
Taquilla 12€
Anticipada 8€ en entradasmardigras@gmail.com

Las Antonias y Eladio y los Seres Queridos repiten en Coruña la experiencia de tocar juntas y juntos. Una forma inmejorable de comenzar el año, no diréis que no.
____________________________________________________________

ALDAOLADO
Miércoles 4, 21:15 apertura, 21:45 actuación.
Taquilla 10€
Anticipada 8€ en entradasmardigras@gmail.com

Este é o tradicional bolo de Nadal de Aldaolado na Mardigras, unha escusa máis para xuntarnos e botar unhas risas. É o mesmo bolo que o ano pasado cancelamos por responsabilidade coa situación sanitaria, e aí gastamos o cupo enteiro de sensatez. Vinde vernos, que levamos un ano enteiro acumulando as ganas deste bolo que agardamos que sexa imprudente e informal e todas esas cousas ás que lles perdoamos o mal que nos fan polo ben que nos/vos saben.
____________________________________________________________

AMOEBA SPLIT
Jueves 5, 21:45 apertura, 22:15 actuación.
Entrada 10€. Reservas en entradasmardigras@gmail.com

La banda coruñesa de jazz rock progresivo, reconocida por la crítica internacional en múltiples ocasiones como una de las mejores formaciones de jazz-rock progresivo de Europa y premiados por la crítica especializada en el género (Premio Progawards a mejor disco de debut de Rock Progresivo), nos visita en lo que será su primer concierto del año.

En 2023 Amoeba Split publicará finalmente su tercer trabajo en estudio, titulado «Quiet Euphoria» y editado por el sello ÁMarxe. El disco ofrece nuevas sonoridades no exploradas en anteriores entregas, y supone la confirmación del grupo como una de las referencias del estilo a nivel europeo. No en vano, se les cataloga como banda fundamental del Neo-Canterbury por la prestigiosa publicación «Daily Bandcamp».
____________________________________________________________

EXIT
Viernes 6, apertura 22:30, actuación 23:00
Entrada 10€
Socios República Musical Mardi Gras 8€

¿Qué mejor regalo de reyes que un conciertazo de Exit?.
Ahí lo dejamos…
____________________________________________________________

SOLRAIN
Sábado 7apertura 22:30, actuación 23:00
Taquilla 10€
Anticipada 8€ en entradasmardigras@gmail.com

La banda coruñesa Solrain celebrará el 7 enero ,en la sala Mardigras, el  primer aniversario se su disco debut “Haz Que No Pare”.Para ello contarán con invitados de lujo que harán el disfrute del personal.