martes, 30 de junio de 2020

TéCanela, primeira actuación do Ciclo Metropolitano Elas Son Artistas



A Coruña, martes 30 de xuño de 2020.- Este venres 3 de xullo ás 21.00h terá lugar a primeira das actuacións do Ciclo Metropolitano pola Igualdade, Elas Son Artistas, pero tamén será o primeiro evento da "nova normalidade" no Concello de Oleiros, un dos oito concellos que forman parte desta iniciativa. 

O do dúo zaragozano TéCanela son as emocións, ritmos e experiencias convertidas en cancións nas que se mesturan a naturalidade e frescura coa experiencia e a maxia destes dous artistas que chegan a Oleiros presentando novos temas. 

As entradas poñeránse á venda o mesmo venres a partir das 19.30h na billeteira do Centro Cultural A Fábrica do Concello de Oleiros a un prezo de 3,5€. (Aforo reducido).

👉 Será OBRIGATORIO o uso de mascarilla.



sábado, 27 de junio de 2020

A Deputación mellorará a seguridade peonil na contorna da estación do tren de Cambre





Co obxectivo de que os peóns que transitan pola zona conten cunha ruta segura, construirase unha senda peonil que contará cunha pasarela metálica por riba das liñas de ferroviarias.

Dentro do proxecto tamén se inclúen dous novos pasos de peóns e a modificación dun para facelo elevado.

A Coruña, 27 de xuño de 2020. A Deputación da Coruña mellorará a seguridade peonil na DP 1702 na zona da estación de tren de Cambre. A actuación permitirá a construción dunha senda peonil que contará cunha pasarela metálica sobre as vías ferroviarias. O proxecto, cun investimento previsto de 286.069,10 euros foi aprobado onte por unanimidade no pleno da institución provincial.

Actualmente o tramo da estrada provincial comprendido entre o punto quilométrico 0+910 e o 1+070 non conta con itinerario peonil que conecte as beirarrúas existentes antes e despois da ruta, poñendo en risco a seguridade dos peóns que transcorren pola zona.

Para dar solución a esta problemática e mellorar a seguridade, a Deputación construirá unha senda peonil de 143 metros de lonxitude e 2 metros de ancho na marxe esquerda do tramo, que é polo que máis transitan as persoas do lugar ao haber máis vivendas nesa zona. A senda estará conformada por pavimento de formigón e quedará enmarcada por dous bordillos, un na zona da calzada, que contará cun alto de 28 centímetros, e outro na zona contraria.

Pasarela metálica, pasos de peóns e alumeado LED

Esta senda contará ademais cunha pasarela metálica de 12,27 metros de lonxitude cunha anchura tamén de 2 metros, dando continuidade á senda sobre a estrada. A estrutura desta será de aceiro patinable.

Dentro da iniciativa tamén se construirán dous novos pasos de peóns elevados, un ao final do tramo e outro no acceso á marxe esquerda da vía. Modificarase tamén o paso de peóns existente no comezo da ruta sinalada para convertelo nun paso elevado. Reporase o firme da estrada, necesario para a construción dos pasos de peóns e os cruces de servizos.

Á súa vez, repoñerase a sinalización horizontal e vertical afectada e pintaranse os pasos de peóns da nova construción, así como se soterrarán as liñas de baixa tensión e iluminación e unha liña de telecomunicacións. A iluminación proxectada na zona será LED.

Este iniciativa mellorará deste xeito as condicións de circulación dos peóns na zona, ofrecendo un camiño seguro, e terá un máximo de execución de 5 meses.

viernes, 26 de junio de 2020

La Sinfónica de Galicia ofrece su primer concierto con público tras el estado de alarma 




La OSG interpretará un monográfico Beethoven en un programa dedicado a los mecenas que apoyan a la agrupación orquestal a los que se suman ahora los abonados que renunciaron a la devolución del importe de los conciertos cancelados 

La Orquesta Sinfónica de Galicia ofrecerá su primer concierto con público tras el estado de alarma el próximo día 1 de julio a las 19.30h. en el Palacio de la Ópera de A Coruña. El concierto, al que únicamente se accederá con invitación, contará con la presencia de los mecenas Amigos de la OSG a la que ahora se suman los centenares de abonados que renunciaron a la devolución del importe de los conciertos cancelados desde el pasado 14 de marzo.

Bajo la dirección de su titular Dima Slobodeniouk, la Sinfónica de Galicia interpretará un programa monográfico dedicado a Ludwig van Beethoven –del que se cumplen este año los 250 años de su nacimiento– en el que sonarán su obertura Coriolano, su Sinfonía nº 1 y la Sinfonía nº 3.

Además de las medidas de seguridad dictadas por las autoridades sanitarias –y que incluyen el uso de mascarillas durante todo el tiempo que el público permanezca en el recinto– la OSG ha organizado accesos diferenciados por zonas al Palacio de la Ópera, estableciendo tres entradas distintas según las diferentes zonas del abono y ha establecido un sistema individualizado de butacas para garantizar la distancia social.

miércoles, 24 de junio de 2020

O concello destaca o comportamento exemplar da veciñanza durante a noite de San Xoán



A Coruña viviu unha festa atípica, en que apenas se rexistraron incidencias

O Goberno local pon en valor o papel responsable da hostalaría, nunha noite importante para o sector

Atendéronse unhas 200 chamadas ao 010 por pequenas molestias e recolléronse 197 toneladas de residuos, cifras similares ás dunha noite normal

A Coruña, 24 de xuño de 2020.- 

A concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán, acompañada do responsable de Seguridade Cidadá, Carlos García Touriñán, fixo esta mañá un balance da festa de San Xoán, da que a edila destacou “o comportamento exemplar da veciñanza” durante unha noite, en que A Coruña gozou dunha festa atípica e moi tranquila.

Fontán felicitou, en nome da alcaldesa, tanto as veciñas como aos veciños nas súas reunións como ao sector da hostalaría que onte abriron os seus negocios “por cumprir as medidas de seguridade, de limpeza e de capacidade dos locais”. Tamén remarcou a aqueles establecementos “que decidiron sacrificar unha noite tan importante e non abriron as súas portas”. En total, autorizáronse 303 grelladas entre particulares e establecementos de hostalaría.

Tal e como sinalou a concelleira, durante os festexos as incidencias foron mínimas. A Policía Local tan só tivo que intervir en casos de malos estacionamentos e en dúas cacharelas, unha no Campo de Marte e outra na rúa Ribeira Sacra, nas que se tivo que sancionar a dous grupos de persoas por desobediencia á autoridade policial e por incumprir o bando municipal.

Canto á limpeza, Fontán explicou que se recolleron un total 159 toneladas de residuos inorgánicos e 38 de residuos orgánicos, “un día normal na cidade”. O feito de que o acceso ás praias estivese pechado reduciu a recollida de lixo noutras 159 toneladas. Neste sentido, a responsable de Medio Ambiente sinalou que é un bo momento para poñer de relevo a necesidade de concienciar á cidadanía da necesidade de reducir os residuos e felicitou a veciñanza polo seu comportamento cívico ao recoller todo o lixo tras a festa.

O 010 recibiu un total de 200 chamadas, a maior parte delas para informar de ruídos. O resto de avisos tivo que ver con casos de auxilio cidadán de pouca relevancia.

martes, 23 de junio de 2020

El MUNCYT reabre sus puertas en A Coruña el día 30 de junio



El MUNCYT reabre sus puertas coincidiendo con su 40 aniversario.

El Museo Nacional de Ciencia y Tecnología, MUNCYT, se creó el 30 de junio de 1980. 

Coincidiendo con esta conmemoración, se reabrirá la sede del Museo en A Coruña y la sede de Alcobendas lo hará el próximo 7 de julio. 

Madrid, 23 de junio de 2020. El Museo Nacional de Ciencia y Tecnología, MUNCYT, cumple 40 años desde su creación por el Real Decreto 1691/1980 de 30 de junio. Coincidiendo con esta conmemoración se reabrirán las sedes del museo, que cerraron temporalmente al público tras la declaración del estado de alarma por la COVID-19. 

La sede de A Coruña reabrirá sus puertas el mismo día 30 de junio y la sede de Alcobendas lo hará el próximo 7 de julio. 

Para celebrar esta conmemoración, el museo dinamizará del 22 al 30 de junio en sus canales de redes sociales diverso contenido relacionado con estos 40 años de vida y lo hará utilizando nueve hashtags, uno por cada día: #MUNCYTHistoria, #MUNCYTColección, #MUNCYTMadrid, #MUNCYTCoruña, #MUNCYTAlcobendas, #MUNCYTExposiciones, #MUNCYTDifusion, #MUNCYTBiblioteca, #MUNCYTConservación. 

Los seguidores que lo deseen podrán compartir en redes sociales, a través de fotografías, videos o textos, sus recuerdos en cualquiera de nuestras sedes con el hashtag #YoenMUNCYT. 

Reapertura del MUNCYT 
Durante estos meses, el MUNCYT ha trabajado en el acondicionamiento de las instalaciones de ambas sedes para cumplir con las medidas higiénico-sanitarias y de organización establecidas por el Ministerio de Sanidad y garantizar que sus visitantes disfrutan del museo en condiciones de total seguridad. 

Se ha instalado una señalética especial para facilitar el recorrido, garantizar que se cumplen las distancias de seguridad y animar a los visitantes a acercarse a la exposición de una manera diferente. El público del museo contará en todo momento con el apoyo del personal de seguridad y de sala, que se ha reforzado para esta ocasión. 

Horarios y actividades disponibles 
El horario del museo en A Coruña será de martes a sábado de 11:00 a 19:00 horas y domingos y festivos de 11:00 a 15:00 horas. En Alcobendas, los martes, miércoles y jueves de 10:00 a 15:00 horas y viernes, sábados, domingos y festivos de 11:00 a 19:00 horas.  

El MUNCYT ha adaptado también su programa de actividades de forma que en A Coruña se ofrecerán visitas guiadas y otras actividades especiales fuera del horario de apertura entre las 19.00h y las 20.00h los martes, miércoles, jueves y viernes. 

En Alcobendas el planetario y otras actividades recuperarán su programación con un aforo limitado. En la página web del museo se publicará toda la información relativa a las nuevas normas de acceso, horarios, programación, reservas y adquisición de entradas del MUNCYT.

lunes, 22 de junio de 2020

O concello reforza os dispositivos de emerxencia para o San Xoán, que arrincan mañá pola tarde 



Pecharanse as praias desde as 21.00 h e controlaranse os accesos aos areais municipais pola tarde para impedir que as persoas baixen obxectos relacionados coas cacharelas 

O control da capacidade nas praias funciona desde hoxe e durante toda a semana a modo de proba 

A Coruña, 22 de xuño de 2020.- O concello ultima os dispositivos especiais de emerxencia que arrincan mañá pola tarde con motivo da festividade do San Xoán e que se estenderán ata a mañá do día 24. As praias permanecerán pechadas desde as 21.00 h e, polo tanto, estará prohibido acceder a elas. Haberá un dispositivo especial de emerxencia que funcionará desde a media tarde do día 23 para impedir que as persoas baixen obxectos relacionados coas cacharelas aos areais. 

O outro dispositivo especial de emerxencia abarcará todos os barrios da cidade para controlar que se cumpran as instrucións descritas no bando municipal e a normativa de prevención da COVID-19. Ademais, os servizos de emerxencia municipais e de Protección Civil revisarán todas as grelladas que teñen autorización por parte do concello. Ata o momento, recibíronse case 300 declaracións responsables de locais de hostalaría e de persoas físicas para realizar churrascadas e sardiñadas na vía pública. 

O dispositivo de emerxencia estará formado por preto de 200 persoas, polo que se mantén o número de efectivos das forzas de seguridade municipais pero suprímese o persoal dedicado á asistencia nas praias durante a festa do San Xoán do anopasado, como é o cadro de persoal da Cruz Vermella, os servizos sanitarios e de emerxencias, 061, o persoal das carpas, profesionais de rescate acuático e socorristas nocturnos. 

Canto ao control da capacidade nas praias, os sistemas xa están funcionando e continuarán a xeito de proba durante toda a semana. Ademais, as cámaras de videovixilancia de Riazor e Orzán – Matadoiro xa están instaladas, e as do resto de areais municipais quedarán instaladas antes do día 24. Respecto aos paneis informativos dixitais, que comezarán a colocarse entre mañá e pasadomañá, estarán vinculados coa web municipal onde tamén se mostrarán os datos informativos da capacidade dos areais.

martes, 16 de junio de 2020

Inés Rey comunica ás asociacións veciñais e de hostalaría as medidas para garantir a seguridade en San Xoán



A alcaldesa sinalou que non permitirá as cacharelas nos espazos públicos, a música ao vivo, o corte de vías públicas nin o acceso ás praias da cidade Autorizaranse sardiñadas ou churrascadas previa comunicación responsable dos locais de hostalaría

A Coruña, 16 de xuño de 2020.- 

A alcaldesa, Inés Rey, reuniuse esta tarde coas e cos representantes das asociacións veciñais e de hostalaría de toda a cidade para lles trasladar a decisión do Goberno municipal en relación coa celebración do San Xoán na Coruña.

A rexedora recordou os anuncios que xa fixeron públicos sobre o peche das praias desde aproxidamente as nove da noite do día 23 e a prohibición de facer cacharelas, non só nos areais, senón tamén en todo o termo municipal. Manifestou que todas e todos debemos asumir que este ano o San Xoán será diferente aos demais e apelou á responsabilidade individual e colectiva para evitarmos conductas que poñan en risco a saúde da veciñanza.

A alcaldesa informou aos colectivos veciñais e de hostalaría que o concello formulou o pasado venres unha consulta á Xunta de Galicia sobre as actividades que se poderán realizar esa noite, unha consulta que foi ampliada onte, unha vez que o DOG publicara o sábado o acordo do Consello da Xunta de Galicia referente ás normas sanitarias nesta fase de “nova normalidade”. A Xunta non achegou aínda resposta sobre o tema, de modo que a alcaldesa sinalou que emitirá un bando para informar á poboación da prohibición ao acceso a todas as praias da cidade, a realización de cacharelas en calquera zona pública e a música ao vivo. Tampouco haberá cortes de vías públicas.

O día 23 de xuño permitirase a realización de sardiñadas, churrascadas ou similares nos espazos solicitados polos locais e persoas particulares para a ocupación de vía pública. Só poderán facerse das 13.00 ás 16.00 horas e das 20.00 ás 00.00 horas do día 24. Para iso, as persoas solicitantes deberán presentar unha declaración responsable polo menos 24 horas antes do día 23. Neste aspecto, Seguridade Cidadá vixiará durante toda a xornada o cumprimento do acordado pola Xunta de Galicia sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola Covid-19, unha vez superada a fase 3 do Plan para a transición cara unha nova normalidade. Nesta publicación, o Goberno autonómico limita a un 75% a capacidade da clientela no interior dos locais e a un 80%, nas terrazas.