jueves, 23 de febrero de 2023

'Código Emperador', 'O corpo aberto', 'Valentina', 'O home e o can' e 'Life is Live', entre outras, volven á pantalla grande na IV Semana do Cinema Galego


 

  • A gran celebración cinematográfica non competitiva de Galicia proxectará na Coruña as mellores producións cinematográficas con selo galego do último ano, seleccionadas como finalistas dos XXI Premios Mestre Mateo

  • Deste xeito, o programa da IV Semana do Cinema Galego estará conformado por un total de nove filme que suman 40 nominacións aos Mestre Mateo, entre eles, catro largos de ficción (Código Emperador, Live is Life, O corpo aberto e O home e o can), catro documentais (A Foreign Song, María Casares. A muller que viviu mil vidas, No somos nada e Onde máis doe) e a película de animación gañadora do Goya en 2022 Valentina

  • Os pases, que terán lugar no Teatro Colón do 14 ao 19 de marzo, contarán coa presenza dos equipos artísticos e técnicos das películas

  • O acceso as proxeccións será gratuíto, con entrada libre, por orde de chegada á sala, ata completar o aforo

A Coruña, 23 de febreiro do 2023.- A Coruña acollerá do 14 ao 19 de marzo a IV Semana do Cinema Galego, a gran celebración cinematográfica non competitiva do país, que exhibe o máis salientable da produción audiovisual galega do último ano. Un total de nove filmes -os seleccionados como finalistas dos XXI Premios Mestre Mateo, que xuntos suman 40 nominacións- vanse proxectar no Teatro Colón da cidade herculina ao longo destes seis días, en sesións nas que participarán os equipos responsables das obras.

Deste xeito, o programa contará cos largos de ficción Código Emperador, Live is Life, O corpo aberto e O home e o can; os documentais A Foreign SongMaría Casares. A muller que viviu mil vidas, No somos nada e Onde máis doe; e a película de animación gañadora do Goya en 2022 Valentina. O acceso a todas as proxeccións do encontro será de balde, con entrada libre, por orde de chegada á sala, ata completar o aforo.

A presentación da programación tivo lugar esta mañá, xoves 24 de febreiro, no Café Copacabana, que operará como “Cantina da IV Semana do Cinema Galego” e espazo de encontro oficioso entre artistas e público durante todo o evento, para intercambio de impresións e conversas antes e despois dos pases.

No acto participaron Álvaro Pérez Becerra, presidente da Academia Galega do Audiovisual (AGA); Inés Rey, alcaldesa da Coruña; e Xosé Regueira Varela, vicepresidente da Deputación da Coruña.

Na súa intervención, Pérez Becerra salientou o carácter “selecto e diverso dunha programación que condensa o mellor do panorama galego actual”, que regresa á gran pantalla grande en aberto para todos os públicos e que vai estar articulada en “sesións nas que os equipos artísticos e técnicos das películas poderán compartir co público a súa visión persoal sobre os traballos e tamén as anécdotas que non saen na pantalla”.

Pola súa banda, Xosé Regueira Varela, recalcou que para “a Deputación da Coruña é un orgullo colaborar coa Academia e reivindicar o papel do audiovisual galego, un motor de emprego e talento que xera o 25 % do PIB cultural”. Insistindo en que “desde as institucións debemos apoialo como algo fundamental, poñelo en valor e lograr encher as salas”. Finalmente, a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, tomou a palabra para recordar que “A Coruña é a cidade galega do cinema porque aquí foi onde naceu da man de José Sellier, pioneiro do cinema e autor da primeira película galega, e dende o Concello seguiremos apostando por que a cidade siga na vangarda do audiovisual”.

6 días, 9 filmes

A actividade da IV Semana do Cinema Galego botará a andar con Código Emperador, película dirixida por Jorge Coira, que se exhibirá o martes 14 de marzo ás 20.00 h, tras o acto oficial de inauguración. A película, estreada no último Festival de Málaga, é unha reflexión sobre as cloacas do Estado, e nela Luis Tosar encarna a Juan, un home afeito a lidar cos asuntos turbios dos poderosos.

mércores 15, ás 20.00h, será a quenda do documental María Casares. A muller que viviu mil vidas, unha ollada íntima e profunda de Xavier Villaverde sobre a vida da grande actriz coruñesa que se estreou na Seminci de Valladolid.

No ecuador da Semana, o xoves 16 de marzo, comezarán as sesións dobres no Teatro Colón. Ás 20.00 h vaise proxectar Onde máis doe, un documental de Manane Rodríguez no que a cineasta uruguaia afincada en Galicia analiza un caso de violencia vicaria que aconteceu en Oza no que un pai asasinou o seu fillo para danar a nai. Un chisco máis tarde, ás 22.00 h, exhibirase O home e o can, dirixida por Ángel de la Cruz e protagonizada por un Manuel Manquiña nun rexistro inédito na súa carreira. O filme, que reflexiona sobre a soidade non elixida, a vellez e o abandono das aldeas, gañou seis galardóns na 31 edición do Festival de Cine de Madrid, incluído o Premio da Crítica.

O programa do venres 17 de marzo iniciarase coa proxección, ás 20.00 h, de A Foreign Song, de César Souto, filme inspirado na obra e biografía do poeta modernista estadounidense Wallace Stevens. O documental obtivo os galardóns á mellor película española e ao mellor director español do FICXixón, certame onde tivo lugar a súa estrea mundial.
Algo máis tarde, ás 22.00 h, o público poderá gozar de No somos nada, de Javier Corcuera, un repaso aos corenta anos de La Polla Records, unha das bandas máis icónicas do punk nacional.

A sesión do sábado 18 estará composta por un programa dobre de longametraxes de ficción con estilos moi diferentes. De primeiro, ás 19.30 h, a cita é con Live is Life, unha incursión de Dani de la Torre na comedia cunha historia ambientada nun verán inesquecible dun grupo de mozos na Galicia de 1985. E de segundo, ás 22.00 h, será O corpo aberto, de Ángeles Huerta, quen tome a pantalla do Colón, con Tamar Novas e María Vázquez como protagonistas dun filme gótico inspirado na obra Arraianos de Méndez Ferrín.

A clausura da IV Semana do Cinema Galego será a mañá do domingo 19, ás 11.30h, e virá da man de Valentina, a película de Chelo Loureiro gañadora do Premio Goya á mellor longametraxe de animación no 2022. Grandes e pequechos están convidados a acompañar a Valentina, unha nena con síndrome de Down, na súa aventura para facer realidade o seu soño: ser trapecista.

Cita co talento

O programa desta cuarta edición da Semana do Cinema Galego inclúe nove traballos finalistas dos XXI Premios Mestre Mateo que concede a Academia Galega do Audiovisual nas categorías de mellor longametraxe, documental e longametraxe de animación. Os títulos da programación suman un total de 40 candidaturas aos máximos galardóns do audiovisual galego, e dous deles, O corpo aberto e Código Emperador, con 16 e 8, respectivamente, parten como favoritos dos premios que se concederán no vindeiro mes de marzo.

Con esta nova cita, a Semana do Cinema Galego consolídase como mostra consagrada ao talento máis próximo, co foco na complicidade co espectador e cristalizando sinerxías coa cidade herculina, escenario e catalizador dos diálogos entre o público e os artistas. A Semana do Cinema Galego está impulsada pola Academia Galega do Audiovisual (AGA) e conta co apoio do Concello da Coruña e da Deputación da Coruña e mais coa colaboración de Abanca.

Logo da boa acollida da súa pasada edición, con máis de 3.000 espectadoras e espectadores que encheron os pases dos dez filmes proxectados en 2022, a mostra repite fórmula neste 2023 e propón unha semana para celebrar a puxanza do audiovisual galego na compaña dos seus profesionais. Unha ocasión carismática, sedutora e máxica, con todo o glamour do mellor cinema, que se consolida na súa cuarta edición como unha das grandes citas cinematográficas da tempada. E que situará, de novo, á cidade da Coruña no eixe da Sétima Arte.






Mundos Digitales llenará A Coruña de talento digital entre el 6 y el 8 de julio de 2023




La cita profesional del mundo de la animación, los efectos visuales y los nuevos media más importante de España volverá a A Coruña con un programa que incluirá presentaciones exclusivas, y prestará especial atención a la Inteligencia Artificial y las producciones virtuales.

El congreso contará de nuevo con una importante feria de empleo, que servirá de punto de encuentro entre los nuevos talentos y las empresas más punteras del sector en el panorama mundial.


A Coruña, 22 de febrero de 2023. Mundos Digitales, el Congreso Internacional de Animación, Efectos Visuales y Nuevos Media nacido hace más de dos décadas en A Coruña regresa a la ciudad hercullina con una nueva edición que tendrá su sede en Palexco, y que se celebrará entre el 6 y el 8 de julio de 2023. 
 
Como en ediciones anteriores, Mundos Digitales busca dar cabida numerosos ámbitos de la creación digital de animación, efectos visuales o videojuegos, con numerosas presentaciones en exclusiva, pero este incorporará, además, de forma destacada, dos nuevas líneas muy relevantes para el sector, como son la Inteligencia Artificial y las Producciones Virtuales (de estas últimas, A Coruña contará este año con uno de los Platós Virtuales más grandes del país).
 
La cita contará además con su tradicional Feria de Empleo, otro de los patos fuertes de Mundos Digitales, una actividad que se ha afianzado como una de las más relevantes del congreso, y que el año pasado se convirtió en la feria de empleo más grande de Europa por número de empresas participantes.


Premios Especial e Imagen de la edición
 
Como cada año Mundos Digitales concederá la distinción de un Premio Especial  a uno de los profesionales del sector de la animación, de los efectos visuales o de los nuevos media en reconocimiento a su trayectoria profesional y aportaciones al mundo de la creación digital. Este año, el premio especial recae en Juan Cañada, Director of Graphics Engineering, de la compañía Epic Games, líder mundial en software en tiempo real, y que entre otros muchos proyectos son los creadores de Fornite.
 
Además, y como ya viene siendo tradición, cada año Mundos Digitales se vincula con una destacada producción que acompañará al evento como imagen del mismo. En esta ocasión, será el cuento legendario oriental, Dragonkeeper, una importante coproducción de Guardián de Dragones AIE y China Film Animation, una de las producciones más esperadas de este año y que verá la luz unos meses después de la celebración del congreso.

miércoles, 22 de febrero de 2023

Tanxugueiras protagonizan o inicio do terceiro foro "Pensando en Educación", que comeza este xoves


O trío de cantareiras dará unha charla sobre a educación fronte aos retos da muller no mundo da música

O coloquio será de balde ata completar capacidade no salón de actos da Fundación Paideia, ás 19.30 horas

A Coruña, 22 de febreiro de 2023.- O grupo musical Tanxugueiras protagonizará este xoves, 23 de febreiro, a primeira sesión da terceira edición do foro Pensando en Educación, organizado polo Concello da Coruña a través da súa Concellaría de Educación. Nesta edición diferentes mulleres de referencia nos seus eidos tratarán o tema da educación fronte aos retos femininos.

Sabela Maneiro, Aida Tarrío e Olaia Maneiro conversarán sobre os seus retos como mulleres no mundo da música. A charla estará moderada pola xornalista Loreto Silvoso e terá lugar no salón de actos da Fundación Paideia (praza de María Pita, 17). Todas as sesións serán gratuítas ata completar capacidade.

“Nesta edición o Goberno de Inés Rey quixo renovar por completo o programa e procurar achegalo a máis sectores da cidadanía”, sinala o concelleiro de Educación, Jesús Celemín. Tanxugueiras é unha das bandas galegas con máis repercusión do momento no territorio nacional. Este trío de cantareiras teñe unha proposta única que mestura a tradición musical galega con novos estilos.

Máis referentes femininos

O terceiro foro Pensando en Educación reunirá a outras voces femininas de gran relevancia nos seus eidos profesionais. Todas as sesións serán no mesmo horario e localización ca de mañá. O 30 de marzo será a quenda da coruñesa Sofía Toro, campioa olímpica, mundial e europea de Vela e xerente do Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar, e da defensa central do Deportivo Abanca, Raquel García. Falarán da educación fronte aos retos da muller no deporte.

A terceira e derradeira das sesións estará protagonizada por Isabel Blanco, comunicadora, actriz e produtora de formatos para televisión, documentais e pequenas ficcións e Mariana Carballal, docente, directora de cine, teatro, televisión e activista pola igualdade de xénero na cultura. Nesta ocasión as protagonistas falarán dos retos femininos no mundo do teatro, o cine e a interpretación.

VERA FAUNA y CLUB DEL RÍO encabezan la ecléctica programación de la Sala INN

 


  • Los sevillanos Vera Fauna, una de las grandes revelaciones de 2023, presentarán en la Sala Inn su último trabajo, “Los Años Mejores”, el 22 de abril
  • El sonido más folk, con identidad sonora y lenguaje propio de Club del Río, inundará la sala herculina el 6 de mayo
  • Rufus T. Firefly, una de las bandas de culto dentro del panorama independiente de nuestro país, presentarán “El Largo Mañana” el 15 de abril dentro de los Directos Vibra Mahou
  • Ley Dj y Axel Sidonie Dj Set completan la programación con una selección de la mejor música indie para bailar
Falta casi un mes, pero ya casi podemos oler la llegada de la primavera. La culpa la tienen Rufus T. Firefly, una de las mejores bandas del país y su “Magnolia”, aquel disco que marcó un antes y un después para el grupo y que los dio a conocer al gran público. El grupo liderado por Víctor Cabezuelo y Julia Martín-Maestro ha escogido la Sala INN como una de las paradas de su gira por salas “Rufus T. Firefly y el Anochecer de Plata” y nos visitarán el próximo 15 de abril dentro de los Directos Vibra Mahou. Vienen a presentar “El Largo Mañana”, un álbum influido por el neo soul que artistas como Isaac Hayes, Marvin Gaye o Curtis Mayfield introdujeron en la música en los años 70. Sin dejar de lado la psicodelia que les caracteriza, la banda de Aranjuez incorpora el funk o el soul construyendo un sonido propio que en directo se crece y supera cualquier expectativa.
 
Apenas una semana después, el 22 de abril, la Sala INN recibirá la visita de una de las grandes revelaciones de este 2023, Vera Fauna. El gran Kiko Veneno, que ha colaborado con ellos en el tema “Martes”, les escogió como su banda de acompañamiento para celebrar los 30 años de “Échate un Cantecito”, todo un clásico de la música española. El segundo álbum de los sevillanos, “Los Años Mejores”, les ha confirmado como una de las bandas a seguir este año. Pop, psicodelia, lo-fi o nuevo flamenco se dan la mano en una propuesta que bebe tanto del influyente Kiko Veneno como de bandas de culto como Pony Bravo.

El folk llegará de la mano de un grupo que bien podría haber surgido de algún paraje montañoso de Norteamérica. Antes que banda, Club del Río eran amigos. Fruto de sus viajes y aventuras por toda Europa llegó “Monzón”, su álbum de debut. En sus discos han colaborado con Soleá Morente, Tomasito o Xoel López. Su cuarto álbum, “Lejos”, es un trabajo autoeditado y conectado con la naturaleza, como demuestran temas como “Arena Cósmica”. Los madrileños Club del Río recogen influencias de artistas como Fleet Foxes sin olvidarse de referentes nacionales como los Hermanos Cubero. Cerrando el círculo, Club del Río colaboraron el pasado año con Rufus T. Firefly en el single “El Filo”, creando una canción hipnótica en la que ambas bandas se crecen. El 6 de mayo les tendremos en la Sala INN.  

A mediados de marzo, también dentro de los Directos Vibra Mahou, visitarán la sala INN, The Rapants, el 18 de marzo. La banda de Muros viene a presentar “O Corasón Como un After”, un álbum que contiene canciones funk desenfadadas (“Musicote en Tu Coche”, “La Favorita”) y temazos para darlo todo en cualquier festival (“A Vida”, con Grande Amore). Les acompañará como artista invitado el compostelano Futuro Alcalde, que está despertando expectación con temas como “40K”.

Pero si lo que buscas es gastar zapatilla en la pista de baile, no puedes perderte este sábado 25 de febrero a Ley Dj. Esta valenciana ha conquistado los grandes festivales, actuando en el FIB, Sonorama, Dcode, Low Festival o Arenal Sound, entre otros. También se ha ganado el reconocimiento del indie nacional, con colaboraciones con Second (“Una Nueva Casa”) y remezclas para Delaporte, Sidonie o Dorian. Sus sesiones se caracterizan por el eclecticismo y la versatilidad de su selección musical, convirtiendo sus shows en toda una fiesta. No tenéis excusa para disfrutar de una noche que tendrá entrada libre hasta completar el aforo.

El 4 de marzo nos visitará Axel (Sidonie Dj Set). Axel Pi, batería de Sidonie, nos traerá un repertorio que puede incluir desde temas de bandas que han influido en la música del grupo, como The Buggles, ABBA o David Bowie hasta canciones de la propia banda como “Maravilloso” o “Estáis Aquí”. 

Ecléctica y diversa, la programación de la Sala INN para los próximos meses todavía puede depararnos sorpresas en forma de nuevos conciertos. 

Toda la información y entradas a la venta en https://innclub.ocionorte.com/ o a través de las redes sociales https://www.instagram.com/salainnclub/ 


La Sinfónica del Principado de Asturias interpreta música de Chaikovski, Saint-Saëns y Sibelius en su concierto en el Palacio de la Ópera de A Coruña como orquesta invitada de la OSG


La Orquesta Sinfónica del Principado de Asturias, bajo la dirección de Ari Rasilainen, ofrece un concierto extraordinario organizado por la Sinfónica de Galicia que tendrá lugar en el Palacio de la Ópera de A Coruña el jueves 23 de febrero de 2023 a las 20h.

El concierto contará con la presencia del violonchelista Narek Hakhnazaryan, quien interpretará el Concierto para violonchelo nº 1 de Camille Saint-Saëns, una de las obras más emocionantes y apasionantes para este instrumento. Además, el programa incluirá otras piezas de gran belleza como la obertura-fantasía Romeo y Julieta de Chaikovski, El cisne de la obra "El Carnaval de los animales”, también de Camille Saint-Saëns y la suite Lamminkäinen de Jean Sibelius.

La Orquesta Sinfónica del Principado de Asturias es una de las más importantes formaciones musicales de España y es reconocida internacionalmente por su excelencia artística y su calidad interpretativa. Con la dirección del aclamado maestro Ari Rasilainen y la participación del destacado solista Narek Hakhnazaryan.

Las entradas ya están a la venta y pueden adquirirse en la taquilla del Palacio de la Ópera de A Coruña y en la web entradas.ataquilla.com

A terceira edición do Encontro Mundial de Humorismo celebrarase na Coruña do 28 de abril ao 7 de maio


O EMHU, baixo a dirección artística de Luis Piedrahita, reunirá na cidade herculina ás figuras da comedia máis relevantes da escena galega e estatal


A programación ofrecerá espectáculos únicos como Fantastic Colofon ou Humoris Causa, incluirá algunhas das propostas máis vistas do momento e estreará novas producións


EMHU consolidouse no 2022 como o evento humorístico máis relevante de España ao xuntar na Coruña a máis de 19.000 espectadores



22 de febreiro de 2023.- O humor, en maiúsculas, regresa á cidade da Coruña. O EMHU, o Encontro Mundial de Humorismo, celebrará a súa terceira edición do 28 de abril ao 7 de maio de 2023. A cidade herculina acollerá esta primavera, de novo, a gran cita coa comedia ao vivo, que reúne nun único evento ás figuras e espectáculos de humor máis relevantes do momento en España e que na súa última edición sumou máis de 19.000 asistentes.

Impulsado polas produtoras Etiqueta Negra e El Espectador, e baixo a dirección artística de Luis Piedrahita, EMHU regresará aos escenarios coruñeses durante dez días con espectáculos únicos, novos formatos que achegarán as propostas máis divertidas, estreas absolutas e, por suposto, as funcións que máis público teñen no patio de butacas na actualidade. Entre as sesións exclusivas que se poderán ver na Coruña, producidas polo propio festival, atópanse galas como Fantastic Colofon ou Humoris Causacitas nas que EMHU reúne sobre o mesmo escenario a grandes figuras da comedia e para as que as e os asistentes esgotan, rapidamente, todas as entradas dispoñibles.


Con dúas edicións ás costas, EMHU consolídase como a cita coa comedia máis relevante e multitudinaria de España, ao xuntar na súa pasada edición a máis de 19.000 espectadores que asistiron a unha vintena de espectáculos. Figuras como Andreu Buenafuente, Sílvia Abril, David Broncano, Héctor de Miguel, Ignatius Farray, Carolina Iglesias, Victoria Martín, Inés Hernand, Nerea Pérez de las Heras, Eva Hache ou Javier del Pino, entre outras moitas, visitaron A Coruña no 2022 para participar no EMHU.

O Encontro Mundial de Humorismo dará a coñecer, proximamente, os nomes que conformarán o cartel da súa terceira edición, cuxa gráfica é obra de Riki Blanco e Rebeca Losada. A programación de espectáculos do EMHU 2023 completarase, tal e como é habitual, con diferentes actividades paralelas e de acceso libre, dirixidas a todos os públicos e que se desenvolverán en distintos recintos culturais da Coruña.

lunes, 13 de febrero de 2023

Abiertas las inscripciones para la I Carrera Ártabra, la primera carrera que unirá Oleiros y A Coruña el 12 de marzo de 2023 a las 10h00



NOTA DE PRENSA:

«Será la primera prueba deportiva que corra por la inclusión social con un recorrido pegado a la costa.

El Comité Anti-Sida de La Coruña “CASCO” y el club “BOXFIT” organizamos la primera edición de la carrera Costa Ártabra, 100 % solidaria, para visibilizar y apoyar nuestro programa de calidad de vida, a través de un deporte inclusivo y, que se complementa, con un programa médico/socio/deportivo que se realizará durante el año y en el que colabora la unidad de VIH del Chuac.

A través de un programa transversal como el presente, buscamos mejorar la calidad de vida de nuestros enfermos y, potenciar el deporte como instrumento preventivo, especialmente en colectivos vulnerables, sin olvidar a la población general.

Aspira a ser un evento deportivo que tenga más y mejores ediciones, pero también sustenta un programa que utiliza el deporte para mejorar la calidad de vida y la inserción de personas vulnerables.

El recorrido son 10km (Aprox) y saldrá de As Galeras (Oleiros) y sin dejar la costa, en un itinerario rápido y de gran belleza, llegará al Parrote (meta en La Coruña).

La madrina de esta primera edición es la Atleta olímpica Julia Vaquero, que correrá con todos nosotros ese día. El precio de inscripción es de 15 euros y se realiza a través de Carreiras Galegas con link https://www.carreirasgalegas.com La recogida de dorsales será en Decathlon del centro Marineda de La Coruña.

Tenemos disponible información en instagram.com/costaartabracarrera, en el que personas de diversos ámbitos culturales y deportivos como, Julia Vaquero, Sofia Toro, Sergio Zearreta, Edu Lamas, Rozalén........ya han colaborado.»

miércoles, 8 de febrero de 2023

La Ganga Calé presenta en A Coruña su Isla Cayena Tour


La Ganga Calé llega a A Coruña y a Garufa Club el 11 de Febrero de 2023 (22.30h), concierto enmarcado en su gira GPS13 financiada por el Inaem. La banda madrileña de aires mestizos arranca nueva gira, con nuevas canciones, nueva imagen y energías totalmente renovadas.


La Ganga Calé presenta su Isla Cayena Tour 2023 que les llevará a todos los rincones de la península, las islas y Europa.  Esta gira supone hasta la fecha su gira más extensa con 18 fechas confirmadas y más que quedan por añadir a la lista de lugares a los que llevarán su Isla Cayena. De las 18 confirmadas hasta ahora 8 de ellas son conciertos GPS, pues la banda fue una de las 26 seleccionadas para participar en el programa #GPS13 (Girando por Salas) financiado por el INAEM.

🌶️ ISLA CAYENA TOUR 2023 🌶️

Cuando entras un concierto de La Ganga Calé estás en aguas internacionales, en una isla que no ubica ningún satélite, donde las reglas quedan a muchas millas de distancia. Esta isla es un pedazo de tierra inventado, que solo existe en las mentes de quienes por unas horas lo comparten, cuyas fronteras cambian de lugar cada fin de semana y en el que para entrar solo necesitas tener ganas de pasar unas horas de libertad, calor y picante rebeldía.

La orografía de esta isla se origina en las pulsaciones e instintos de cada miembro de la banda. Su volumen y línea de costa se transforman con cada nota, cada viaje, cada movimiento, cada melodía. De esta forma, el perímetro de la isla se mueve y se redibuja allá donde va La Ganga Calé. Los que se acercan a sus conciertos serán también habitantes de pleno derecho, por un período efímero, de su Isla Cayena.

13 fechas ya anunciadas:
28 ene SEVILLA Sala Höllander
3 feb MADRID Sala Shoko
11 feb A CORUÑA Sala Garufa
25 feb VALLADOLID Sala Cientocero
4 mar GUADALAJARA Festival Balkaribe Sala Óxido
11 mar CEUTA Velvet Live!
25 mar TENERIFE Aguere Cultural
1 abr MURCIA Sala Musik
14 abr SORIA Café Teatro Avalon
15 abr ZARAGOZA La Casa del Loco
22 abr VALENCIA La Salà
6 may BARCELONA Sala Sidecar
19 may CÁCERES El Corral de las Cigüeñas

martes, 7 de febrero de 2023

O Concello presenta a programación festiva do Entroido 2023, que recupera a tradición do partido de fútbol feminino iniciada nos anos sesenta



Ademais, este ano levaranse a cabo dúas homenaxes a Antón de Santiago e Romualdo Irijoa, persoeiros fundamentais na historia e desenvolvemento do Entroido coruñés

A alcaldesa, Inés Rey, detallou hoxe o calendario de actividades, que abrangue festas de Entroido e actividades infantís nos centros cívicos e veciñais, e tamén os concertos de Sidonie, Mojinos Escozíos e The Txandals

A Coruña, 7 de febreiro de 2023.- A alcaldesa, Inés Rey, presentou hoxe a programación das actividades previstas nesta edición do Entroido, que comezará este venres 10 e estenderase ata o día 25 de febreiro. Serán, en total, dez días de festexos “nos que renderemos homenaxe á identidade do Entroido coruñés, lembrando a persoas que fixeron moito por promover esta festa na cidade”.

As actividades específicas de Entroido darán comezo este sábado 11, co concurso de comparsas na modalidade de música e letra que se celebrará no Palexco, a partir das 18.00 horas. Este ano, inscribíronse sete agrupacións, unha máis que o ano pasado. A comparsa gañadora será a encargada de interpretar dúas cancións, en directo, no acto de entronización do Deus Momo, o venres 17.

O día 16, Xoves de Comadres, ás 20.00 horas, terá lugar un acto de homenaxe a Isabel Zendal, cunha ofrenda floral na estatua situada nos terreos do antigo Hospital de la Caridad, fronte ao IES Zalaeta. Posteriormente, e a partir das 21.00 horas, darase continuidade a esta homenaxe na estatua dedicada á Real Expedición no Paseo Marítimo, unha iniciativa coa que o Concello se suma á conmemoración do 220o aniversario da Real Expedición Filantrópica da Vacina. “Volvemos a lembrar a figura de Isabel Zendal, fundamental nesta histórica fazaña, e que en 1950 foi recoñecida pola OMS como a primeira enfermeira da historia en misión internacional”, apuntou Inés Rey.

A rolda de homenaxes no contexto do Entroido seguirá o venres 17. Este ano, o Concello lembrará as figuras de Antonio Santiago Álvarez ‘Nito’ e o seu neto, Antón de Santiago, falecido en xullo de 2022, aos 77 anos. “O seu legado como defensor do Entroido coruñés é imborrable. Queremos perpetuar a súa lembranza entre a cidadanía, e por iso instalarase unha placa que lle renderá homenaxe na avenida Pedro Barrié de la Maza”, apuntou a alcaldesa. O acto terá lugar o día 17, ás 19.30 horas, tras unha homenaxe floral a ‘Nito’. Ese mesmo día, e a partir das 21.00 horas, terá lugar o acto de entronización do Deus Momo na contorna do Obelisco.


Os concursos de comparsas e carrozas, na rúa de San Andrés, o sábado 18

O sábado 18, a partir das 17.30 horas, a rúa de San Andrés acollerá o concurso de comparsas na modalidade de vestiario, coreografía e orixinalidade. Case 1.200 persoas formarán parte da comitiva de participantes. Haberá comparsas de carácter tradicional, e tamén outras de nova creación. Hai, en total, 23 comparsas inscritas. Ademais das agrupacións coruñesas tomarán parte máis comparsas de Cambre, Oleiros, A Laracha, Arteixo, Culleredo e Tomiño.

Ademais, tamén na rúa de San Andrés, celebrarase o concurso de carrozas, con 14 agrupacións inscritas que buscarán sumarse ao palmarés histórico de carrozas gañadoras. No ano 2022, a vencedora foi a dos Amigos da Xoldra.

A fin da festa do sábado 18 terá lugar a partir das 21.30 horas, na praza de María Pita, co concerto de Sidonie, seguido polo Velorio da Sardiña no Circo de Artesáns da rúa de San Andrés, xa ás 23.15 horas.


A recuperación do partido de fútbol feminino dos Martes de Entroido

A alcaldesa anunciou hoxe que o Martes de Entroido, día 21, abrirase cunha cita moi especial. O Concello, coa colaboración do Relámpago de Elviña e o Club Eirís Sociedad Deportiva, remontarase atrás no tempo para lembrar o partido de fútbol feminino que se disputou o 14 de febreiro de 1961 no antigo campo do Relámpago.

“Alí, aquel martes de Entroido, enfrontáronse equipos femininos, de mulleres casadas e solteiras, nun contexto festivo”, detallou Inés Rey. “Agora, e tras moitísimos anos sen celebrarse, recuperamos este partido de fútbol feminino, que disputarán o Relámpago e o Eirís no campo de fútbol Víctor Fernández Alonso”, agregou a rexedora. Terá lugar o día 21, desde as 12.00 horas.

Inés Rey destacou que, con esta iniciativa, o Concello busca “avanzar no recoñecemento a mulleres pioneiras no eido deportivo da nosa cidade, que, como as mulleres que tomaron parte naquel partido do martes de Entroido e como Irene González Basanta, desafiaron os estereotipos da súa época”

.

Romualdo Irijoa, protagonista desta edición no Andar do Entroido

Tamén no Martes do Entroido, o Concello homenaxeará a Romualdo Irijoa, fundador da comparsa Os Maracos. A figura de Irijoa integrarase, desde este ano, no Andar do Entroido da rúa da Torre, unha iniciativa posta en marcha polo Goberno de Inés Rey en 2022, como un paseo da fama á coruñesa, co obxectivo de render homenaxe aos persoeiros máis relevantes e queridos desta festividade na cidade.

“Romualdo foi, e é, fundamental á hora de promover e implicar á cidadanía e ás institucións no Entroido coruñés. Fixo e fai moito para que todas as persoas que saen á rúa nestas datas disfruten como nunca”, abundou a alcaldesa. O acto de homenaxe a Romualdo Irijoa terá lugar na rúa da Torre, o día 21 (14.30 horas).

Será na previa do concurso infantil de disfraces (17.00 horas) e o concurso infantil de choqueiros e choqueiras (17.00 horas), que terán lugar no Campo da Leña. A inscrición abrirase dende unha hora antes de cada concurso, tamén no Campo da Leña. Xa ás 20.00 horas, na confluenza da rúa da Torre con Curros Enríquez, comezará o concurso de choqueiros e choqueiras, tanto o individual como o grupal. A inscrición poderá realizarse no acceso principal á Escola Municipal de Música de 19.00 a 20.00 horas.


A recta final do Entroido, entre o mércores 22 e o sábado 25

As derradeiras actividades do Entroido terán lugar entre o mércores 22 e o sábado 25, último día da programación. Concretamente o mércores 22, desde as 20.30 horas, celebrarase o tradicional desfile do Enterro da Sardiña ata a praia de San Amaro, onde terá lugar a desentronización do Deus Momo. O percorrido do desfile iniciarase no Circo de Artesáns, pasando pola praza de María Pita, o Campo da Leña e a rúa da Torre, antes da queima do Deus Momo en San Amaro.

Por último, e xa o sábado 25, terá lugar a ruada de comparsas que, desde as 13.00 horas, percorrerá o Cantón Pequeno, con encontro na praza de María Pita (13.30 horas) e saída cara a praza de Azcárraga.

Proxección do documental ‘Entroido Cascarilleiro: dende Elviña a Monte Alto’ Entre os días 17 e 21, o Circo de Artesáns abrirá as súas portas a un ciclo de proxeccións do documental ‘Entroido Cascarilleiro: dende Elviña a Monte Alto’, unha peza audiovisual dirixida polo coruñés Omar Rabuñal Varela.

A produción do documental foi apoiada polo Concello da Coruña a través da liña de axudas a creadores locais dos fondos Presco. As proxeccións no Circo de Artesáns terán lugar os días 17, 18, 19, 20 e 21, sempre as 22.00 horas.


Concertos de balde e actividades infantís nos centros cívicos e veciñais 

O Entroido tamén chegará as rúas da Coruña en forma de concertos, con asistencia de balde. O venres 18, o Ágora acolle o concerto ‘Unha banda de Entroido’, coa Banda Municipal de Música acompañada por Paula Carballeira como narradora.

Ese mesmo venres 18, e desde as 21.30 horas, actuará Sidonie na praza de María Pita, e xa o luns 20, tamén en María Pita, será o turno de The Txandals (21.00 horas) e Mojinos Escozíos (23.00 horas). O Martes de Entroido, día 21, e no contexto dos concursos infantís de disfraces, actuarán Los Mecánicos no Campo da Leña (17.00 horas).

Ademais, neste Entroido terán lugar festas temáticas e actividades infantís nos centros cívicos e veciñais dos barrios da cidade. O prazo de inscrición para tomar parte nas mesmas abrirase este venres, día 10 de febreiro, e as solicitudes das persoas interesadas poderán tramitarse nas conserxerías de cada centro cívico ou veciñal, no horario de apertura ao público.

Por outra banda, este martes 7 abriuse o prazo para inscribirse no obradoiro infantil de Entroido, que achegará esta tradición festiva aos máis pequenos. Inspirándose na herdanza de peliqueiros, pantallas e cigarróns, a rapazada poderá aprender a técnica de gravado sobre linóleo. A sesión, que terá unha duración aproximada de hora e media a dúas horas, comezará o sábado 18 de febreiro, ás 12.00 horas. Ofértanse un total de 20 prazas para este obradoiro, que será de balde, baixo inscrición previa ata completar a capacidade prevista. A inscrición pode facerse por vía telefónica, chamando ao número de teléfono 981 189 850, en horario de 10.00 a 19.30 horas.