jueves, 28 de mayo de 2020

A praia do Matadoiro pechará mañá de 11.00 a 17.00 horas para a hixienización e mantemento da area 

Estes traballos estanse levando a cabo en todas as praias municipais con bandeira azul, para que estean en perfecto estado para o desfrute da cidadanía 

A Coruña, 28 de maio de 2020.- A Concellería de Medio Ambiente e Sustentabilidade informa de que a praia do Matadoiro permanecerá pechada mañá desde as 11.00 até as 17.00 h para a realización labores de hixienización e achaiamento da area. Estes traballos estanse levando a cabo en todas as praias municipais con bandeira azul, co fin de poñelas en perfecto estado para o desfrute da veciñanza. 

A Coruña conta con cinco praias que posúen este distintivo outorgado pola Fundación Europea de Educación Ambiental: Riazor, Orzán-Matadoiro, Santo Amaro, As Lapas e Oza.

martes, 26 de mayo de 2020

Información do Concello sobre o incendio de Bens



Esta tarde os Bombeiros da Coruña, coa axuda de tres brigadas de axentes forestais da Xunta, sofocaron un incendio que afectou a aproximadamente trece hectáreas no lugar de Bens, na zona máis próxima a O Portiño, pasando a depuradora. 

Foron alertados ás 14.50 horas e unha vez alí, os efectivos traballaron para salvar a parte de arriba na que está a chatarrería que podería ocasionar máis danos. 

Os labores complicáronse polo forte vento que se desprazou hacia Bens e pola imposibilidade de accederen aos camiños cos camións, polo que tiveron que realizar o traballo a man con grandes tendidos de mangueiras. 

Na actuación interviñeron tres brigadas da Xunta, dous helicópteros e dous hidroavións até case as oito da tarde. 

En todo momento, os Bombeiros estiveron pendentes de que o lume non chegara ás casas do núcleo de Bens e lograron extinguilo sobre as nove, quedando pequenos rescoldos sobre os que seguen traballando. 

Cortaron tamén as liñas de alta tensión da zona e isto deixou sen subministro a Edar Bens e á pranta de Nostián que o volveron a recuperar ás 22.30 horas.

lunes, 25 de mayo de 2020

La Sinfónica de Galicia retoma su actividad musical con conciertos privados que emitirá tres días a la semana en su canal YouTube




Los músicos regresan al Palacio de la Ópera de forma escalonada y en pequeños grupos para ensayar la música de cámara que interpretarán a puerta cerrada en el Teatro Colón del 3 al 19 de junio

El canal YouTube de la OSG, con más de 86.000 seguidores, ofrecerá los nueve primeros conciertos de los integrantes de la OSG tras la cuarentena por la Covid-19

La Orquesta Sinfónica de Galicia retoma su actividad musical con la preparación de los nueve conciertos de pequeñas agrupaciones de cámara que se ofrecerán a puerta cerrada en el Teatro Colón para su emisión por su canal de YouTube que cuenta con más de 86.000 suscriptores.

Tras la puesta a punto de las instalaciones del Palacio de la Ópera, la OSG regresará a su sede de forma escalonada y en pequeñas agrupaciones de cámara desde hoy martes, 26 de mayo, para preparar los nueve programas que del 3 al 19 de junio se ofrecerán sin público en el Teatro Colón de A Coruña pero que se podrán seguir a través del canal YouTube de la OSG a las ocho de la tarde.

Tras más de sesenta días de cuarentena, Celine Landelle (arpa) y Claudia Walker (flauta) serán las primeras en tocar juntas para un público virtual el próximo miércoles 3 de junio, mientras que Ruslana Prokopenko (violonchelo), Florian Vlashi (violín), Raymond Arteaga (viola) y Steve Harriswangler (fagot) estarán en el escenario del Colón el día 4 de junio. El viernes 5 de junio se cierra esta primera semana de actividad musical con la presencia en escena del concertino de la OSG, Massimo Spadaño, acompañado de Luigi Mazzucato (viola) y María José Ortuño (flauta). 

La segunda semana de conciertos se inicia el miércoles 10 de junio con Ludwig Dürichen (violín) Carolina Cygan (violín) y Jeffrey Johnson (viola). El jueves 11 estará en el escenario del Teatro Colón la agrupación de músicos más nutrida, con un total de siete músicos integrando el Orphelion Ensemble, formado por Deborah y Berthold Hamburger (violín y violonhelo respectivamente), Francisco Regozo (viola), Todd Williamson (contrabajo), Pere Anguera (clarinete), Alejandro Salgueiro (fagot) y Nicolás Gómez (trompa). La semana se cierra el viernes 12 con el Quinteto de Solistas de Viento de la OSG que integran Claudia Walker, Casey Hill, Juan Ferrer, Steve Harriswangler y David Bushnell (flauta, oboe, clarinete, fagot y trompa respectivamente).

En la tercera y última semana desfilarán por el Colón de A Coruña el cuarteto de cuerdas formado por Gabriel Busi, Fumika Yamamura, Adrián Linares Reyes y Mavi Pedrero con un concierto el día 17 de junio y los contrabajistas Risto Vuolane, Serguéi Rechetilov, Fernando y Mario Rodrigues y Todd Williamson, estarán en escena el jueves 18 junto al viola Jeffrey Johnson y la chelista Rouslana Prokopenko. 

El cierre de este primer ciclo de conciertos a puerta cerrada –y que se emitirán en abierto siempre a las ocho de la tarde– tendrá lugar el viernes 19 de junio contará con la presencia del grupo de viento metal de la OSG.

As salas de exposicións reabrirán o próximo venres e os museos históricos, o 2 de xuño




Os Museos Científicos agardan instrucións por parte do Goberno do Estado para concretar o seu funcionamento ao se trataren de centros interactivos

A Coruña, 25 de maio de 2020.- A Concellería de Cultura anuncia a reapertura das salas de exposicións –Casa de Cultura “Salvador de Madariaga”, en Durán Loriga; o Kiosco Alfonso e a do Pazo Municipal de María Pita- para o próximo venres. Con respecto aos Museos Científicos, aínda que está permtido que na fase 2 retomen a súa actividade, desde os centros están esperando instrucións por parte do Goberno do Estado para concretar de que xeito facelo ao se trataren de centros interactivos con módulos que funcionan de forma táctil. No caso dos museos históricos, estes abrirán de novo o 2 de xuño.

Canto ás salas expositivas, as e os coruñeses poderán desfrutar desde o venres, ás 12.00 horas, da mostra do artista Miguel Zelada no Kiosco Alfonso e da do pintor Fermín Encinar, en María Pita. No espazo dos Cantóns, prepararán a partir do 9 de xuño a montaxe da seguinte, en que se abordará a historia do Real Club Deportivo.

En Durán Loriga inaugurarase a exposición de José Yáñez, titulada “Desde a miña mirada” e a sala de Palexco estará de momento inoperativa pola desmontaxe da última, “Unha autoestrada detrás do enchufe”, da Rede Eléctrica de España.

domingo, 24 de mayo de 2020

Medio Ambiente e Seguridade Cidadá activarán mañá o protocolo de uso das praias ata a apertura oficial do período estival





A concelleira Esther Fontán lembra que as duchas, os aseos e o posto de socorristas non estarán en funcionamento ata o comezo oficial do período de praias o próximo 15 de xuño

A Coruña, 24 de maio de 2020.- Tras o pase de Galicia á Fase 2 da desescalada, desde o vindeiro luns día 25 estará permitido tomar o sol e bañarse nas praias, motivo polo cal as áreas de Seguridade Cidadá e Medio Ambiente do Concello da Coruña activarán un protocolo que abarcará desde o mesmo luns 25 ata o 15 de xuño, data de apertura oficial, como todos os anos, do período de praias.

A coordinación desta primeira fase correrá a cargo dos mandos de Seguridade Cidadá que vixiarán que se cumpran as normas de distancia e capacidade en cada un dos areais; para iso instalarán un Centro de Mando na Coraza do Orzán desde onde dirixirán todo o operativo. Este centro permanecerá aberto todo o verán, con labores non só de coordinación e vixilancia senón tamén de información e seguimento. Ademais instalarase un servizo de megafonía que xunto coas cámaras de tráfico contribuirán ao mellor desenvolvemento destes labores.

Ao longo do luns e martes, técnicos de Medio Ambiente e Seguridade Cidadá supervisarán a instalación dos valos que pecharán a praia de Riazor desde As Escravas á Coraza e sinalizaranse os accesos polos que deberán entrar e saír os coruñeses dos cinco areais da cidade: Riazor, Orzán - Matadoiro, Lapas, Santo Amaro e Oza. Haberá un único sentido de baixada e outro de subida no que será necesario gardar tamén as distancias, e teranse en conta os accesos para persoas con dificultades de mobilidade. Así mesmo, os técnicos de Medio Ambiente acompañados de responsables da empresa CESPA de limpeza e recollida de lixos comprobarán que os accesos permitan a posterior limpeza dos areais así como a recollida dos residuos.

O responsable de Seguridade Cidadá, Carlos García Touriñán, sinala que "a colaboración cidadá é fundamental á hora de manter as medidas de seguridade aprobadas polo Goberno e para calquera cousa que necesiten non dubiden en acudir ao centro de mando que estará instalado na coraza ou chamando como sempre á sala do 092, e demais servizos de seguridade e emerxencias da cidade: 112, 091, 080".

Desde Medio Ambiente lembran que as duchas non estarán en funcionamento, do mesmo xeito que outros servizos como o posto de socorristas ou os aseos ata o comezo oficial do período de praias o próximo 15 de xuño. “Estes días que van desde o luns 25 ata o próximo día 15 xuño servirán tamén para ir pulsando sobre os propios areais a resposta dos cidadáns e corrixir aqueles aspectos que se poñerán definitivamente en funcionamento a partir do 15: control de aforo en tempo real, aviso de pleamares e desaloxo de praias en caso de mareas vivas con antelación suficiente, medidas de hixiene e salubridade en todos os areais, posta en funcionamento do servizo de Salvamento e Socorrismo...”, asegura a concelleira Esther Fontán.

Os servizos de Medio Ambiente e Seguridade Cidadá seguirán traballando estreitamente nos próximos días e ao longo de todo o verán para que esta nova situación sexa o máis levadía e menos molesta posible para os coruñeses. Fontán sinala que "somos conscientes de que ningún sistema que poidamos aplicar vai satisfacer á totalidade dos coruñeses que se acheguen ás praias”.

sábado, 23 de mayo de 2020

O Concello dará luz verde á normativa para o uso de vehículos de mobilidade persoal


A nova instrución será aprobada a próxima semana a través dunha resolución da Concellería de Urbanismo e Mobilidade

A Coruña, 23 de maio de 2020.- O Concello da Coruña conta xa cunha instrución que regula o uso de patinetes e monopatins eléctricos na cidade, e que será aprobada a próxima semana. A nova normativa, que elaborou a Concellería de Urbanismo e Mobilidade, prohibe aos Vehículos de Mobilidade Persoal (VMP), tamén coñecidos como Vehículos de Mobilidade Urbana (VMU), circular pola beirarrúa e obrígaos a circular por vías cuxa velocidade máxima permitida non supere os 30 km/h, polo carril bici e polas sendas ciclables.

A instrución municipal autorizalles as persoas propietarias dos VMP a circular a unha velocidade máxima de 25 km/h pola calzada, mentres que polos carrís bici terán que facelo no sentido sinalizado e sen superar o 20 km/h. Polas sendas ciclables onde comparten espazo cos peóns, os VMP poderán transitar sen superar o 10 km/h. En todas elas, terán que respectar a sinalización xeral e a normativa sobre tráfico, circulación e seguridade viaria, sempre dando preferencia ás peoas e aos peóns.

No que se refire á circulación pola calzada, permítese o uso de VMP en zonas declaradas como “Zona 30”, “Zona 20” ou “Zona 10”, así como nas vías cun único carril de circulación cuxa velocidade máxima permitida estea limitada a 30 km/h, sempre que nas mesmas non exista vía ciclista e a circulación prodúzase polo centro da calzada. Excepcionalmente, en ausencia de zonas habilitadas para a circulación de VMP, poderán circular naquelas vías de único sentido e dun só carril de circulación a unha velocidade máxima de 25 km/h. Non se autoriza a circulación de VMP pola calzada do resto de vías.

A idade mínima permitida para circular é de 15 anos (de maneira excepcional permitirase utilizar os patinetes a persoas menores de 15 anos por vías ciclistas acompañados dunha persoa adulta). As e os menores deberán levar sempre casco.

Do mesmo xeito que outros vehículos non se poderá transitar baixo os efectos do alcol e as drogas nin utilizar auriculares con aparellos reprodutores de son, nin teléfono móbil. As persoas usuarias deberán levar pezas reflectoras cando circulen pola noite ou en condicións de baixa visibilidade. E só autorízase o uso unipersoal do vehículo.

Canto á documentación, as usuarias e os usuarios deberán levar consigo a documentación técnica do vehículo. Os patinetes privados non comerciais poderán estacionarse en espazos destinados ás bicicletas. Prohíbese o seu estacionamento en beirarrúas e zona peonís e non poden suxeitarse a mobiliario urbano ou árbores.

Quedan excluídos desta regulación os vehículos utilizados por persoas con mobilidade reducida e os ciclos de máis de dúas rodas con ou sen motor.

O concelleiro de Urbanismo, Juan Díaz Villoslada, aclarou que non se trata dunha ordenanza, senón dunha instrución que regula o uso na cidade destes patinetes eléctricos á espera de que o Goberno aprobe unha normativa de carácter xeral. “O concello, ante a recente aparición e proliferación de novos medios de mobilidade e transporte no ámbito urbano, considerou conveniente a elaboración dunha instrución municipal que regule as condicións de utilización e circulación dos mesmos”, sinalou. 

Trátase, insistiu, de favorecer a seguridade viaria e garantir que o uso destes vehículos se realice dunha forma regulada e segura, facéndoa compatible cos diferentes usos da vía pública, especialmente no ámbito das beirarrúas e zonas peonís. Para o concelleiro esta normativa faise agora máis necesaria que nunca para faciltarlle a cidadanía o uso de estos vehículos “que nesta etapa da desescalada debemos fomentar de cara a unha mobilidade máis sostible”.

A instrución é resultado do traballo realizado pola comisión técnica de regulación normativa da Mesa pola Mobilidade Sostible da Coruña, que tamén abordou a declaración da Coruña como “Cidade 30”.

Exposición censo electoral, eleccións ao Parlamento de Galicia


A Coruña, 23 de maio de 2020.- Ponse en coñecemento do público en xeral que, con motivo das eleccións ao Parlamento de Galicia a celebrar o día 12 de xullo de 2020; este Concello dispoñerá dunhas oficinas de información e consultas, así como do servizo do Teléfono de Información 010.

DATAS DE EXPOSICIÓN DO CENSO:
Do 25 de maio de 2020 ao 1 de xuño de 2020, ambos inclusive.

LUGARES DE EXPOSICIÓN:
Oficinas do Concello en Praza María Pita no 1,
Fórum Metropolitano en Parque Europa C/Rio de Monelos no 1
Agora en Lugar Gramela no 17

HORARIO DE EXPOSICIÓN:
De luns a venres de 8:00 a 14:00 h., ininterrompidamente.
Sábados de8:00 a 14:00 h.

TELÉFONOS INFORMATIVOS:
Pódese chamar ao 010 no mesmo horario ou chamar ao 981.92.00.10 se chama desde fóra do municipio. Requírese acreditación de identidade.

viernes, 22 de mayo de 2020

Inés Rey anuncia que o Concello habilitará un carril específico para correr sobre as vías do tranvía 




A nova senda, que irá desde Os Surfistas ata As Escravas, instalarase a próxima semana co fin de desconxestionar o Paseo Marítimo e o carril bici 

A Coruña, 22 de maio de 2020.- A alcaldesa, Inés Rey, anunciou esta mañá que o Concello habilitará nos próximos días un carril específico para corredoras e corredores desde a Fonte dos Surfistas ata As Escravas. A nova senda instalarase sobre as vías do tranvía, a carón do xardín, cun asfalto resistente á erosión do mar e específico para correr.  

“Seguimos traballando no cambio de modelo da mobilidade na nosa cidade”, asegurou Rey, quen lembrou a “declaración de Cidade 30 que se asinou esta semana, así como todas as melloras na mobilidade peonil da Coruña nos últimos meses” e que “o Goberno local está traballando no regulamento dos VMP”. 

A rexedora explicou que “o obxectivo é desconxestionar o carril bici e o Paseo Marítimo” e, matizou, “polo de agora manterase o carril provisional” que se habilitou para facilitar a mobilidade peonil durante a desescalada. 

A próxima semana, a Área de Infraestruturas comezará a instalar esta nova senda, unha acción que se enmarca dentro do plan de renovación do Paseo Marítimo. Ademais, a alcaldesa lembrou que “o proxecto de rexeneración do Paseo entre o Castelo de San Antón e Durmideiras, que xa se está redactando e que se licitará este ano, tamén contará cun carril específico para correr”. 

Dese o Concello explican que a creación deste carril non implica a eliminación da infraestrutura do tranvía, senón que esta se tapará para que este espazo poida ser aproveitado pola veciñanza e para evitar problemas de seguridade, unha iniciativa que estará en activo, polo menos, ata que haxa unha decisión acordada sobre a utilidade e a rendibilidade das vías do tranvía.

jueves, 21 de mayo de 2020

A Policía Local controlará de forma presencial a capacidade en todas as praias da cidade a partir do luns


O concello adianta un protocolo de transición sobre o uso dos areais no inicio da Fase 2 mentres non se publiquen as normas definitivas da Administración central e autonómica 

A Coruña, 21 de maio de 2020.- A concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán, mantivo esta mañá unha reunión co persoal técnico municipal desta concellería e co director da Área de Seguridade Cidadá do Concello, Carlos García Touriñán, para establecer un protocolo de transición sobre o uso das praias na Coruña co comezo da Fase 2. Estas medidas, que se implementarán desde o 25 de maio ata o 15 de xuño, serán provisionais, mentres non se publique un protocolo definitivo coas instrucións do Ministerio de Sanidade e da Consellería de Sanidade. 

O obxectivo, destacan desde a Concellería de Medio Ambiente, é non desmarcarse das medidas hixiénicas e de protección que se indican tanto desde o Ministerio como desde a Consellería de Sanidade. 

As normas deste protocolo de transición para o uso das praias consistirán en: 

- A Policía Local controlará de forma presencial a capacidade en todos os areais da cidade. No caso de que os/as axentes atopen unha praia cun número desmesurado de persoas, pecharase a entrada desta ata que se controle a situación. Haberá un posto principal na coiraza do Orzán, desde onde se xestionará a capacidade de todas as praias urbanas da cidade. Neste caso, os/as axentes empregarán as cámaras do Paseo Marítimo e a información das e dos axentes que van a pé para verificar que a capacidade é a correcta e que se poida garantir a distancia mínima de 2 metros. 

- Haberá unha vía única para entrar e saír dos areais. Nas praias de Riazor e de Oza delimitaranse estas vías de acceso e saída cun balado perimetral co fin de evitar a proximidade entre as persoas. 

- Estará prohibido usar as duchas das praias, pero poderanse utilizar os aseos. 

- A caseta que habitualmente utilizaba Medio Ambiente para actividades de educación medioambiental será ocupada para informar as persoas usuarias das medidas de hixiene e control que o concello porá en marcha. 

- O sistema tamén contará cunha aplicación que informará as usuarias e usuarios do estado da marea e da capacidade da praia en tempo real. 

Lembramos que ata o vindeiro luns, 25 de maio, está prohibido tomar o sol na praia.

miércoles, 20 de mayo de 2020

La Federación Española de Bancos de Alimentos e Hijos de Rivera se alían para hacer frente a la emergencia social




Los 54 Bancos de Alimentos de España e Hijos de Rivera cierran un convenio de colaboración por un período de 12 meses que recoge tanto aportaciones de fondos y producto, como campañas de sensibilización y recaudación. 

Hijos de Rivera hace una aportación inicial de 400.000 euros al proyecto para atender las necesidades más inmediatas y urgentes, especialmente destinados a paliar las consecuencias económicas provocadas por la Covid 19 en la sociedad. 

Como parte de esta contribución saldrá al mercado una edición especial de botellas de Estrella Galicia con FESBAL en agradecimiento a todas las personas que están en primera línea, y que todos vemos como héroes, que pretende dar ánimos y sensibilizar a los consumidores para apoyar la labor de atención social que están desarrollando los Bancos de Alimentos durante esta crisis.

A Coruña, 20 de mayo- La Federación Española de Bancos de Alimentos e Hijos de Rivera han cerrado un importante convenio de colaboración a nivel nacional por el que la compañía gallega se compromete a apoyar activamente la labor fundamental que está llevando a cabo esta entidad a lo largo del periodo de un año. Dicho acuerdo recoge un amplio abanico de acciones que van desde aportaciones de fondos y de productos al apoyo en la difusión de campañas y eventos de sensibilización y recaudación. 

El primer paso ha sido una donación inicial por parte de Hijos de Rivera de 400.000 euros a la Federación Española de Bancos de Alimentos para apoyar sus proyectos más urgentes, en especial los destinados a combatir la emergencia social que ha llevado a cientos de miles de familias a la precariedad. Además, la compañía se ha comprometido a seguir contribuyendo al aprovisionamiento de bebidas de la entidad a través de sus productos durante el próximo año, dando continuidad y ampliando así unos envíos que ya llevaba realizando de forma regular en los últimos años. 

El siguiente paso se materializará en los próximos días con la presentación por parte de Hijos de Rivera de una campaña de agradecimiento a todos aquellos que han estado en primera línea en la lucha contra la pandemia. Lo hace a través de una edición especial de su cerveza Estrella Galicia presidida por el lema: 1 millón de gracias, 1 millón de botellas. De este modo, los profesionales que han trabajado más activamente durante esta crisis se convierten en los protagonistas de las etiquetas de más de un millón de botellas de su marca de cerveza más emblemática con el objetivo de rendir homenaje a su labor. 

Estos son solo los primeros pasos de una colaboración en la que se irá profundizando a lo largo del próximo año. Ignacio Rivera, consejero delegado de Hijos de Rivera, señala que “esperemos que los difíciles momentos que estamos viviendo no tengan nada que ver con lo que se denomina la vuelta a la normalidad. Es un orgullo para nosotros colaborar con la Federación Española de Bancos de Alimentos, organización que demuestra con coraje y desde el primer día que hay necesidades básicas y urgentes que debemos atender ahora, una labor que ellos mejor que nadie, a través de sus más de 3.000 voluntarios y 54 Bancos de alimentos en toda España, realizan con eficacia y entrega. Se trata de una labor esencial, que atiende diariamente en primera línea con la entrega de productos básicos a cientos de miles de familias, que en este escenario dependen de una ayuda para salir cuanto antes de este golpe económico y social. Nos ponemos por tanto a disposición de la Federación Española de Bancos de Alimentos para esta misión que nos ocupará sin duda varios meses y que entre todos debemos superar.” 

A este respecto, Miguel Fernández, director general de FESBAL, asegura que “ahora mismo, nuestra mayor responsabilidad es tratar de que nadie quede atrás y de que las familias más vulnerables tengan cubiertas sus necesidades básicas. Por ello, en este escenario de pandemia y sobre todo ante la profunda crisis económica que se nos avecina, es esencial contar con colaboraciones tan extraordinarias como la de Estrella Galicia, que nos permitirán seguir apoyando a toda la avalancha de personas necesitadas que atendemos en la actualidad y las muchas nuevas que están comenzando a llamar a las puertas de las entidades con las que trabajamos”. 

La crisis sanitaria derivada de la pandemia del Covid 19 ha tenido como consecuencia inmediata una emergencia económica y social que ha llevado a cientos de miles de familias a solicitar ayuda para cubrir sus necesidades básicas lo que ha incrementado exponencialmente la demanda recibida por los Bancos de Alimentos. 

Sobre la Federación Española de Bancos de Alimentos
En el año 2019, los 54 Bancos de Alimentos, asociados en la Federación Española de Bancos de Alimentos, repartimos más de 144,5 millones de kilos que llegaron a 1,1 millones de personas vulnerables y necesitadas, a través de una red de 7.216 instituciones benéficas, y todo ello gracias al inestimable esfuerzo de 3.211 voluntarios permanentes.




A Deputación e Concello de Oleiros cofinancian a contrución dunha pista de patinaxe de velocidade en Bastiagueiro



As obras están en fase de licitación ata o 27 de maio cun orzamento de 430.419 euros 

A pista contará con 200 metros de corda, polo que poderá acoller incluso campionatos nacionais desta disciplina deportiva

A Coruña, 20 de maio de 2020. A Deputación da Coruña e o Concello de Oleiros investirán 430.419,71 euros nas obras de construción dunha pista de patinaxe de velocidade en Bastiagueiro (Oleiros), que contará con 200 metros de corda, polo que poderá acoller incluso campionatos nacionais desta disciplina deportiva. A Deputación achega, a través do Plan Único (POS+2019), un total de 413.561 euros, mentres que o Concello complementa o financiamento con 16.858,58 euros de fondos propios. As obras están en fase de licitación ata o vindeiro 27 de maio.

A nova infraestrutura ubicarase ao carón das pistas do INEF e da estrada AC-173, na avenida Ernesto Che Guevara da localidade oleirense, entre a praia de Bastiagueiro e o parque de Liáns e solucionará a falta de instalacións deportivas aptas para o desenvolvemento deste deporte, fortemente consolidado en Oleiros, que conta cun club que participa de maneira habitual en diferentes competecións autonómicas, nacionais e incluso internacionais.

A nova pista contará con 200 metros de corda interior e 6 metros de ancho, con acabado en microaglomerado e acondicionamento do recinto interior da mesma para zona multiusos e zona de escape dos patinadores/as. A lonxitude das dúas rectas representará o 55% da lonxitude da pista, mentres que as curvas representarán o 45% restante.

A pista irá pechada no seu borde exterior cunha valla de policarbonato liso e transparente de 120 cm de altura con pasamáns continuo metálico, esquinas redondeadas e panel de seguridade inferior de noepreno ou madeira que garanta a protección contra os golpes sen supor un risco para os deportistas. Nas rectas disporanse portas de acceso cunha anchura de 1,20 metros, que abrirán en sentido antihorario cara o exterior da pista, asegurando sempre a continuidade da valla.

O acabado da pista será de microaglomerado sobre unha capa de zahorra artificial de 40 cm de espesor, de forma que premita unha rápida drenaxe da auga da choiva e, á súa vez, cumpra cos requisitos de rugosidade e resbalicidade necesarios para o correcto desenvolvemento do patinaxe de velocidade, segundo a normativa actual.

As pista de patinaxe contará cun andén peonil perimetral contruído no mesmo material e confinado entre bordos de formigón. No interior habilitarse unha pista multideporte, que cumprirá a normativa INDE para pistas polideportivas e que poderá ser usada para a práctica de diferentes deportes.

domingo, 17 de mayo de 2020

Os museos históricos e científicos celebrarán o seu día con vídeo-visitas caracterizadas nas redes




Isabel Zendal, María Pita, Caio Sevio Lupo ou Eusebio da Guarda protagonizarán estas pezas audiovisuais en que recordarán brevemente a súa relación cos centros e convidarán a veciñanza a que os volvan visitar pronto 

A Coruña, 17 de maio de 2020.- Os centros museísticos da cidade realizarán distintas actividades polo Día Internacional dos Museos, baseándose no lema “Museos pola igualdade, diversidade e inclusión”. Aínda que as instalacións decidiron trasladar a celebración da efeméride ao 14 de novembro, de acordo coa proposta de ICOM (Consello Internacional de Museos) España, participarán igualmente na Semana dos Museos subindo contidos a través das redes co seu cancelo. 

En colaboración co Consorcio de Turismo, organizarán tamén cinco vídeo-visitas breves caracterizadas. Nelas, distintos personaxes históricos da cidade, os cales gardan unha estreita relación cos museos e as casas, mandarán mensaxes de entre 20 e 30 segundos desde un punto de vista reivindicativo e de loita pola igualdade que farán fincapé na temática deste ano. 

Por outra banda, crearase o cancelo #revivirosmuseos co fin de agrupar todas as achegas da cidadanía e dos museos e as e os personaxes rematarán a súa intervención con esta frase e cunha chiscadela ao público para que volva visitar pronto os museos. A embaixadora da Domus será Isabel Zendal, que abandeirou a Expedición Balmis, mentres que na Casa María Pita, a heroína saudará a veciñanza nunha posta en escena que contará co arquitecto Caio Sevio Lupo, en representación da Torre de Hércules. 

Pola súa parte, Juan Díaz Porlier protagonizará a peza desde o Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón, onde estivo preso pola súa condición liberalista e Eusebio da Guarda representará a Casa Picasso por estudar o pequeno xenio no colexio da praza de Pontevedra que leva o seu nome. Á súa vez, o museo MEGA da Estrella Galicia lanzaralles un reto aos museos municipais.

sábado, 16 de mayo de 2020

A humanización de Severo Ochoa contará cun carril bici bidireccional, vexetación e beirarrúas máis anchas


Plano en PDF aquí

O Goberno local investirá un millón de euros en reorganizar o tráfico no polígono de Agrela, onde se gañará máis espazo para as e os peóns e disporase de 44 prazas de aparcamento novas 

A Coruña, 16 de maio de 2020.- O concello inviste 951.356,27 euros na humanización do polígono de Agrela, en concreto da rúa Severo Ochoa, en que se reorganizará o tráfico coa construción dun carril bici bidireccional e as prazas de aparcamento pasarán a ser en batería. Os traballos enmárcanse dentro da Estratexia Eidus Coruña e estarán financiados nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), dentro do eixe de desenvolvemento urbano do Programa Operativo Plurirrexional de España (POPE) 2014-2020. A actuación, que lle afectará á marxe dereita da vía, terá unha lonxitude aproximada de 700 metros, desde o cruzamento coa rúa Galileo Galilei até a rotonda que está na intersección coa rúa Newton. Aumentarase a beirarrúa, que se pavimentará con formigón e disporase dun carril bidireccional para as e os ciclistas, de 2,5 metros de ancho. 

Na medianeira, plantaranse árbores de gran porte nun espazo de 3,5 metros de ancho cunha beiravía de 0,25 metros e realizaranse escavas, sempre que a superficie das beirarrúas o permitir, ademais dun separador de terra dun metro de ancho entre o aparcadoiro e o carril bici. As prazas disporanse en sentido oblicuo e ocuparán 5,5 metros cada unha delas. Nun tramo, substituirase a medianeira por unha barreira coa que se gañarán máis metros para un terceiro carril e manter así á vez o xiro á esquerda. Os dous carrís de circulación son de 3,25 metros e o engadido medirá 2,8 metros. 

Ademais, proxectaranse tres paradas de autobús, en que se incorporarán vexetación, bancos de formigón, un novo paso peonil e mobiliario. 

Das 25 prazas de aparcamento en batería -das que catro son prazas para persoas con mobilidade reducida-, a rúa contará con 134 prazas nesta disposición tras reconverter as 66 que había en liña. A reorganización permite que a zona pase dunha capacidade para 100 vehículos a capacidade para poder estacionar 144. Canto á reserva de prazas para transportes lixeiros, na actualidade existen nove en liña e, coa nova planta, proxectaranse catro en liña e 3 máis en batería. 

Por último, será necesario dispor dalgúns sistemas de drenaxe, iluminación e outros servizos, así como adecuar a sinalización existente. Na rúa, proxectaranse redes de separación, un colector de 315 mm para saneamento e un segundo colector de 400 mm para pluviais. Tanto para a iluminación como para a rede semafórica, cómpre executar novas canalizacións que conectarán os novos elementos á rede existente. De acordo coa normativa vixente, colocarase a sinalización vertical e horizontal oportuna no carril bici, nos pasos de peóns e no resto da vía para a circulación dos vehículos.

viernes, 15 de mayo de 2020

"My Secret Love" el nuevo single de Allova, artista rusa asentada en A Coruña



Escucha "My Secret Love", lo nuevo de ALLOVA aquí

Este single muestra una evolución en el sonido de la artista, mucho más trabajado ahora, mezclando su voz con instrumentos acústicos, sintetizadores y bases electrónicas. 

"My Secret Love" es una oda al amor secreto, oculto y casi imposible que, a través de pasajes de piano y bajos envolventes, crea un ambiente frágil, delicado e hipnótico en contraste con la sensación desgarradora que provoca su escucha⁣⁣. 

Se trata de una propuesta sólida con la que ALLOVA da un paso más en su trayectoria a la hora de establecer tanto su sonido como su marca personal. 

ALLOVA es un proyecto autogestionado de música Triphop / Indie-electrónica, creado en A Coruña y liderado por Alla Mikhaylova (cantante, pianista y compositora de origen ruso). ⁣⁣⁣⁣ ⁣⁣⁣⁣ 

Su música crea ambientes sonoros a través de una voz hipnótica, bases electrónicas potentes, piano y otros instrumentos acústicos. ⁣⁣ 

Actualmente, ALLOVA está a punto de publicar su álbum debut, autoeditado, combinando potentes bases electrónicas, instrumentos acústicos y voz. Un proyecto que cuenta historias personales de la artista combinando nuevos sonidos con arreglos instrumentales y vocales de gran calidad. 

ALLOVA ha pasado ya, entre otros, por los siguientes escenarios: Espacio Mahou Coruña, Festival CortaPega en Santiago de Compostela, Sofar de A Coruña, Mercado de Diseño en el Matadero de Madrid, Festival Ribeira Sacra, Osa do Mar, Festival de la Luz, Festival Observatorio y eventos de TeleCluble Lugo.

miércoles, 13 de mayo de 2020

O servizo da ORA restablécese este luns xunto coas cámaras de videovixilancia


A suspensión do cobro do estacionamento regulado foi unha das primeiras medidas tomadas polo Goberno local cando se decretou o estado de alarma 

A Coruña, 13 de maio de 2020.- O servizo da ORA restablécese este luns no termo municipal da Coruña para favorecer o movemento de coches e que as/os traballadoras/es que se teñan que desprazar pola cidade dispoñan de prazas de aparcamento, sobre todo, nas rúas máis concorridas. A suspensión do cobro do estacionamento regulado foi unha das primeiras medidas tomadas polo Goberno local cando se decretou o estado de alarma, para evitar a propagación do virus entre a veciñanza. Desde este luns, o servizo volverá a estar operativo, de cara a facilitar unha maior circulación de vehículos e volver así a recuperarmos a normalidade. 

Ademais, comezarán a funcionar tamén as cámaras de videovixilancia distribuídas por toda a cidade, co fin de controlar o tráfico e erradicar prácticas incívicas ao volante, como é o caso da segunda fila.

La Autoridad Portuaria de A Coruña impulsa una iniciativa para retrarar la realidad cotidiana y rendir homenaje a los ciudadanos durante la crisis del COVID-19



 • Bajo el título “Contra viento y marea”, la convocatoria invita a enviar fotografías sobre la visión personal de la pandemia y su efecto en la ciudad 

• Puede participar cualquier ciudadano, tanto aficionados como fotógrafos profesionales, que quiera aportar su homenaje con imágenes de la vida cotidiana o sobre las personas que han luchado en primera línea contra la pandemia 

• Las imágenes, que pueden ser realizadas con cámara o con el móvil, deben enviarse al mail contravientoymarea@puertocoruna.com, y se publicarán a través de las redes sociales del Puerto de A Coruña 

A Coruña, 12 de mayo de 2020. La Autoridad Portuaria de A Coruña ha puesto en marcha una iniciativa dirigida a los ciudadanos, que tiene como objetivo retratar, a través de las imágenes enviadas por todas las personas que quieran colaborar con sus fotografías, los momentos que hemos vivido y vivimos actualmente en el contexto de la crisis sanitaria del COVID-19, que nos ha traído situaciones de gran dureza y tensión, pero también testimonios de solidaridad, amistad y superación. 

La Autoridad Portuaria quiere rendir un homenaje a los ciudadanos, de manera que puedan verse reflejados, a través de sus propias fotografías, en las historias que encierra la visión de una ciudad vacía, pero unida desde sus casas por la solidaridad, o el valor de los llamados “esenciales”, que desde una UCI, desde una caja del supermercado o, también, desde un buque en alta mar, han conseguido que la vida se abra paso. En definitiva, describir un paisaje urbano y humano que se ha visto alterado de manera inédita a causa de la pandemia.

Esta iniciativa, que fue iniciada por la Autoridad Portuaria de Valencia y se está desarrollando también en diferentes puertos españoles, lleva por título “Contra viento y marea”, y permitirá obtener una visión de lo que ha sido este período tan complicado a través de la mirada de los ciudadanos. 

Desde las imágenes de las calles vacías o los barcos, las ambulancias y los vehículos policiales haciendo sonar sus sirenas, hasta la vida desde los balcones; la labor de las personas que han estado -y siguen estando- en primera línea para luchar contra el virus, o bien la resistencia de todos los que han contribuido, desde sus casas, a frenar su propagación. Cualquier escena es válida para participar en esta memoria fotográfica, exceptuando aquellas imágenes que puedan resultar ofensivas o que atenten contra el honor o la privacidad y que, por tanto, serán excluidas. Tampoco se aceptarán fotografías que acompañen marcas de agua u otros elementos que no formen parte de la imagen original. El envío de las fotografías implica su cesión a la Autoridad Portuaria para los usos indicados. 

Pueden participar en esta convocatoria tanto fotógrafos profesionales como aficionados, o bien cualquier persona que, a través de su cámara o de su dispositivo móvil, quiera expresar su visión de esta pandemia, rendir homenaje a personas o colectivos o, simplemente, dejar plasmadas escenas de la vida cotidiana que reflejen cómo nos hemos ido adaptando a esta nueva realidad. 

Las personas interesadas en participar pueden enviar sus fotografías al mail contravientoymarea@puertocoruna.com, indicando el título y el autor. Las imágenes serán compartidas por el Puerto de A Coruña a través de sus cuentas oficiales en redes sociales, y recopiladas en un álbum que dibujará el recuerdo de la vida y el alma de A Coruña durante este difícil período.

martes, 12 de mayo de 2020

Comunicado de prensa de la dirección de Cafeterías Herculinas S.L., Central Park Coruña y Roots Urban Food plaza de Vigo - A Coruña




1. El lunes 11/05/2020 hemos abierto las terrazas de nuestros establecimientos amparados en la orden publicada en el BOE 09/05/2020 que regula la fase 1 del plan de desescalada del estado de alarma por la crisis sanitaria del Covid-19.

2. La apertura se ha realizado siguiendo las normativas establecidas por la Consellería de Urbanismo de A Coruña respecto a número de mesas y separación y con la colaboración y autorización in situ de la Policía Local de A Coruña esa misma mañana.

3. Se han establecido protocolos internos de seguridad y salud en nuestra empresa ,Cafeterías Herculinas S.L , y se han publicado las normas de uso de la terraza para clientes en carteles en la terraza del local además de en nuestras redes sociales.

4. Ante la irresponsable actitud de una minoría y como medida extraordinaria de concienciación
social , con objeto de garantizar la seguridad de nuestros clientes y empleados, hemos decidido cerrar nuestros establecimientos hasta próximo aviso.

5. Cafeterías Herculinas S.L aboga por el cumplimiento estricto de las medidas adoptadas por las administraciones por parte de todo el sector de hostelería, como medida necesaria y efectiva para poder ejercer nuestra actividad de manera sostenibe y segura.

6. Queremos recordar a todo el mundo que en el momento en que estamos terminando de redactar esta nota de prensa hay 26920 fallecidos en España por causa de esta pandemia y aún permanecemos en Estado de Alarma por emergencia sanitaria.

7. Agradecemos el comportamiento de la inmensa mayoría de ciudadanos y especialmente la magnífica colaboración de la Policía Local y el Ayuntamiento de A Coruña.

Comunicado oficial do Concello da Coruña sobre o funcionamento das terrazas



A Coruña, 12 de maio de 2020.- O Concello da Coruña, tras a situación que se observou na xornada de onte con respecto ao funcionamento dalgunhas terrazas, quere informar do seguinte: A situación observada onte nalgunhas terrazas da cidade non responde ao espírito da instrución pública que presentou a semana pasada para garantir o distanciamento social e a saúde nestes elementos de mobiliario.

A Concellería de Urbanismo recorda que todas as medidas que se toman ao respecto realízanse en beneficio do sector hostaleiro e que son acordes ao que permite o Goberno central co fin de frear a pandemia. Neste sentido, lémbranlle á cidadanía a importancia de non relaxarse nesta fase de desescalada e de gardar a distancia social porque, de non o facer, poderiamos dar un paso en falso e volver atrás.

O concelleiro de Urbanismo, Juan Díaz Villoslada, lembra que o número de mesas permitidas limítase ao 50% do número total de mesas que xa tiñan autorizadas previamente, agás nos espazos públicos que constan no Anexo, en que se autoriza incrementar a superficie destinada a terraza. Neste caso, poderase incrementar o número de mesas recollido no apartado anterior, mais deberase respectar, en todo caso, a proporción do 50% entre mesas e superficie dispoñible e levando a cabo un incremento proporcional do espazo peonil no mesmo tramo da vía pública en que se sitúe a terraza, e que, en ningún caso, pode superar o número de mesas que constan na solicitude de licenza. 

As mesas ou agrupacións de mesas deberán estar, como mínimo, a dous metros unhas das outras. O Goberno autoriza as reunións nas terrazas de até un e máximo de dez persoas por mesa ou conxunto de mesas. Ademais, os locais deberán cumprir as medidas de hixiene e prevención que esixen as autoridades sanitarias.

Beirarrúas:
1. Avenida de Linares Rivas
2. Cantón Pequeno
3. Avenida da Mariña - Obelisco
4. Avenida da Mariña- Dársena

Rúas peonís:
1. Rúa Emilia Pardo Bazán
2. Cidade Vella
3. Rúa Corcubión - Mercado das Conchiñas
4. Rúa Barcelona
5. Rúa Ángel Senra
6. Rúa da Gaiteira
7. Rúa Posse
8. Rúa Cuba

Prazas:
1. Praza de María Pita
2. Praza de España (Campo da Leña)
3. Praza de Lugo
4. Rúa Manuel Azaña
5. Rúa Corcubión - Praza das Conchiñas
6. Polígono de Vioño
7. Praza da Fábrica de Tabacos
8. Praza da Gaiteira
9. Praza Centro Comercial
10. Rúa Vicente Ferrer
11. Rúa Emilio González López
12. Praza Padre Rubinos
13. Praza de Santa María
14. Paseo Marítimo - Circunvalación
15. Praza das Atochas
16. Praza da Cormelá
17. Rúa Perillá
18. Rúa Pastoriza
19. Praza do Africano
20. Praza de Santo Andrés
21. Praza Fonte Luísa
22. Travesía do Orzán
23. Rúa José Luis Pérez Cepeda
24. Praza da Alcaldesa Berta Tapia
25. Rúa Enrique Mariñas Romero
26. Praza do Papagaio

A Administración local velará porque se cumpran as normas establecidas no referente ás terrazas, co fin de que se poida seguir movendo a economía nos locais de hostalaría e de que a veciñanza acuda a elas con garantías de seguridade e salubridade.

lunes, 11 de mayo de 2020

A Xunta intensifica o proceso necesario para a reapertura do servizo nas bibliotecas e museos de xestión autonómica




Traballa nas actuacións preliminares para o inicio progresivo da atención presencial seguindo as indicacións publicadas polo Goberno central este sábado no BOE 

Nesta primeira semana o persoal directivo realizará unha análise das medidas e actuacións necesarias para garantir a seguridade de traballadores e usuarios 

Para o persoal, seguirase o Protocolo polo que se establece a reincorporación dos empregados públicos ao traballo presencial aprobado no Consello da Xunta 

Santiago de Compostela, 11 de maio de 2020.- A Xunta de Galicia intensifica o proceso necesario para a reapertura progresiva dos centros da súa titularidade e daqueles que xestiona no ámbito dos museos e bibliotecas. Neste sentido, desde o día de hoxe, no que Galicia entra na fase 1 do Plan para a transición cara unha nova normalidade, co obxectivo de determinar as actuación necesarias para a súa posta en marcha, cada centro directivo realizará unha análise das medidas establecidas polo Goberno central a través da Orde SND/399/2020, que foi publicada o pasado sábado no Boletín Oficial do Estado (BOE). 

Unha vez rematadas estas actuacións preliminares, que terán unha duración mínima dunha semana, e cumpridas as medidas preventivas contidas en dita orde, acordarase a apertura progresiva dos equipamentos en varias fases e a reincorporación efectiva do persoal, seguindo o Protocolo polo que se establece a reincorporación dos empregados públicos ao traballo presencial e as medidas de prevención aprobado no Consello da Xunta. 

No caso dos Arquivos xestionados pola Xunta, a atención é telemática desde o pasado 4 de maio, agás nos supostos nos que sexa absolutamente imprescindible a atención presencial, en cuxo caso se limita a 10 documentos ou unidades de instalación física por xornada de traballo. As condicións de apertura dos arquivos foi fixada previamente polo Ministerio de Sanidad a través da Orde SND/388/2020 publicada o pasado domingo 3 de maio. 

Atención e recursos online 
Cómpre lembrar que, durante estas semanas de confinamento, a Xunta de Galicia impulsou as potencialidades de GaliciaLe, a plataforma de préstamo electrónico, cuxo uso se está a disparar neste período. De feito, só nas primeiras semanas incrementou notablemente o seu número de usuarios e quintuplicou o número de préstamos. Este sistema, que permite acceder a máis de 4.500 títulos, entre libros, revistas ou audiovisuais, seguirá activo ao tempo que as bibliotecas retomen progresivamente a súa actividade e servizos presenciais. 

Igualmente, os museos continuaron abertos en visitas virtuais a través do microsite Galicia, na túa casa, que permite percorrer monumentos e espazos expositivos. Durante o estado de alarma, máis de 13.000 persoas accederon a esta opción, á que tamén se sumou a Cidade da Cultura a través da dixitalización da exposición Galicia, un relato no mundo. 

Un total de 23 centros en toda Galicia 
Os centros de titularidade da Xunta ou de xestión autonómica no ámbito dos arquivos, museos e bibliotecas son un total de 23 dotacións repartidas por toda Galicia. No caso dos arquivos trátase do Arquivo do Reino de Galicia, na Coruña; o Arquivo de Galicia, na Cidade da Cultura, e os Arquivos Históricos Provinciais de Ourense, Pontevedra e Lugo. 

Dentro do ámbito dos museos, o Goberno autonómico xestiona os seguintes: Museo de Belas Artes da Coruña, Museo das Peregrinacións e de Santiago, Museo Massó de Bueu, Museo Arqueolóxico de Ourense, Museo do Castro de Viladonga, Museo Etnolóxico de Ribadavia, Museo do Mar de Galicia, en Vigo; a Casa Museo Camilo José Cela, o Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura e o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC). 

No ámbito das bibliotecas os centros de xestión autonómica son a Biblioteca de Galicia, no Gaiás; a Biblioteca Miguel González Garcés da Coruña, a Biblioteca de Lugo, a Biblioteca de Ourense, a Biblioteca Antonio Odriozola de Pontevedra, a Biblioteca Ánxel Casal de Santiago de Compostela e a Biblioteca Juan Compañel de Vigo.

sábado, 9 de mayo de 2020

As obras do polideportivo do Castrillón comezan este luns




Coa edificación deste complexo de tres plantas, o Goberno local dá resposta a unha vella demanda do barrio. Contará con espazos para practicar deporte, ocio e coidado da saúde, así como cunha piscina e cunha zona SPA 

A Coruña, 9 de maio de 2020.- As obras do polideportivo do barrio do Castrillón comezarán este luns cun prazo máximo de execución de dez meses, logo de que o concello asinase onte a acta de replanteo. A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, destacou que con esta actuación, o Goberno local dá resposta a unha vella demanda da veciñanza do Castrillón, que leva anos solicitando que se dote o barrio de infraestruturas deportivas. 

Os traballos, adxudicados á empresa Desarrolla Obras y Servicios SL por un importe de 1.536.000 euros, consistirán en construír un complexo deportivo cunha superficie de 3.445,95 metros cadrados, repartidos entre dúas plantas e mais o baixo. 

O primeiro piso incluirá a pista polideportiva, que terá unhas dimensións 23,50 x 44,40 metros, habilitados para acoller distintas disciplinas, xunto a unha bancada retráctil con capacidade para entre 100 e 120 espectadoras/es. A instalación poderá dividirse en dúas mediante un sistema de cortinas. Na planta primeira tamén estarán situadas a piscina e o spa e contará cun vaso de natación de 25,00 x 10,00 metros, unha piscina de hidromasaxe, zona de saunas con sauna seca e de vapor e zona de duchas con cinco cabinas destinadas a ducha cubo, escocesa, bitérmica e tres estacións, así como unha fonte de xeo e pediluvio. Noutro bloque, acondicionaranse salas para practicar distintas actividades deportivas, de ocio e coidado da saúde e dúas máis destinadas a especialidades específicas como pilates ou stretching. Ademais, haberá a opción de crear dous espazos nunha delas a través de paneis móbiles. 

Os equipamentos do primeiro piso completaranse con vestiarios masculino e feminino, servizos e fisioterapia. Este último espazo para fisioterapia e masaxes estará localizado xunto á zona SPA, con acceso desde as saunas. Fóra do estritamente deportivo e do dedicado a tratamentos, habilitarase unha área social e de administración, en que estarán as oficinas, os vestiarios para o cadro de persoal do centro e un posto de enfermaría e socorrismo. 

Xa na planta de arriba, reservarase outra área para actividades deportivas, de ocio e coidado da saúde, que disporá dunha sala para realizar exercicios cardiovasculares e de musculación (aeróbic, aparatos etc.), e unha segunda para actividades específicas como pilates ou stretching, que á súa vez se poderá converter en tres estancias, diferenciadas mediante paneis móbiles. Seguidamente, estarán os aseos masculino e feminino previos ao control de acceso para espectadoras/es da pista polideportiva. 

Por último, no baixo situarase a entrada ao recinto, aínda que tamén se permitirá acceder desde o exterior, onde se poderá desfrutar de máis instalacións para practicar outros deportes e actividades.

O concello retomará a atención ao público o día 18 con cita previa e medidas de hixiene e separación





As/os empregados municipais incorporaranse ao traballo en dúas quendas, o día 11 a primeira delas e o 18, o resto de cadro de persoal, agás as persoas máis vulnerables.

A Coruña, 9 de maio de 2020.- O concello comeza este luns a volta á nova normalidade coa reincorporación de parte do cadro de persoal que traballaba de xeito telemático desde a declaración do estado de alarma. As/os xefes de servizo e de departamento e o persoal de apoio que determinen as/os titulares de cada concellería volverán aos seus postos presenciais tanto no concello como no IMCE, Emalcsa, Emvsa, Consorcio de Turismo, Fundación Luis Seoane e Fundación Emalcsa. Tamén se incorporarán as/os conserxes dos colexios atendendo á resolución da Consellería de Presidencia do 5 de maio para facer viable a apertura dos centros educativos. 

As/os responsables das distintas áreas reorganizarán os servizos para cumpriren coa separación mínima de dous metros entre traballadoras/es e instalando barreiras cando non se poida acadar esa distancia. O concello repartirá luvas, máscaras e hidroxel entre o cadro de persoal, evitará as reunións e manterá a separación de seguridade dentro das dependencias municipais. Se algunha ou algún traballador presentara síntomas de enfermidade, aplicarase o protocolo existente e quedará na casa ou illarase nun espazo cerrado mentres chegan os servizos médicos, en caso de que os síntomas aparezan no traballo. 

O resto das e dos traballadores, salvo as persoas consideradas especialmente vulnerables ao Covid-19 (persoas con patoloxías previas, mulleres embarazadas e maiores de 60 anos), retornarán ao traballo presencial o día 18, seguindo co proceso de desescalada. 

O público volverá a recibir atención presencial desde o día 18, pero sempre con aforos limitados, cita previa e gardando as distancias de seguridade establecidas. En todos os lugares abertos ao público haberá barreiras de separación, dispensadores de hidroxel e colectores para luvas e máscaras. 

O Goberno local que preside Inés Rey avanza así hacia a nova normalidade e restablece a atención persoal despois de dous meses de peche a causa da pandemia, tempo en que até 500 traballadoras/es chegaron a conectarse a diario á rede do Concello para desenvolveren o seu labor. Neste período o executivo fixo melloras na páxina web municipal para facilitar á cidadanía que realizase por ese medio máis de 60 trámites. Agora volve a atención persoal, co mantemento da saúde de usuarias/os e traballadoras/es como principal prioridade para o Goberno local.

viernes, 8 de mayo de 2020

Se reanudan en el puerto exterior de A Coruña las obras del nuevo muelle de 350 metros




• Los trabajos habían sido suspendidos como consecuencia de la crisis sanitaria y se han retomado esta semana 

 • La obra concluirá este verano y a continuación se contratará la habilitación de la explanada contigua al muelle, generando una superficie de operaciones de 40.000 metros cuadrados 

• Con este nuevo muelle, los operadores dispondrán de 1.550 metros de línea de atraque en Punta Langosteira 

A Coruña, 8 de mayo de 2020. Esta semana se han reanudado en el Puerto Exterior de A Coruña las obras de construcción del nuevo muelle de 350 metros de longitud, que habían sido suspendidas en marzo tras la declaración del estado de alarma y la posterior paralización de todas las actividades económicas excepto las consideradas esenciales. 

En el momento actual, y una vez que se autorizó la ejecución de obras públicas en toda España, la Autoridad Portuaria de A Coruña y la empresa que realiza este proyecto acordaron retomar las obras. Para ello, se han adoptado las instrucciones del Ministerio de Sanidad para este tipo de trabajos, incluyendo medidas relativas a los equipos de protección individual (EPIs), distancia personal y limpieza en todo el recinto, entre otras. 

De esta forma, las obras se han reanudado este pasado lunes con la perspectiva de que puedan estar finalizadas a lo largo del verano, dado que se encuentran muy avanzadas. Ya están colocados todos los cajones de hormigón que componen el muelle y los trabajos se centran ahora en completar la superestructura del cantil y en el aporte de áridos para conformar la explanada de operaciones. 

A continuación, la Autoridad Portuaria contratará la habilitación de esta explanada, lo que comprenderá su pavimentación, iluminación y la instalación de las redes de servicios y suministros, generando un nuevo espacio de 40.000 metros cuadrados que se pondrá a disposición de los operadores. 

Con la puesta en servicio de este nuevo muelle, el Puerto Exterior de Punta Langosteira dispondrá de 1.550 metros de línea de atraque continua, respondiendo así a la demanda de los operadores a corto y medio plazo y facilitando la captación de nuevos tráficos y la instalación de nuevas concesiones. 

A pesar del estado de alarma instituido a causa de la pandemia originada por el coronavirus, el Puerto Exterior, al igual que los muelles urbanos, mantiene su actividad de carga y descarga de mercancías, garantizando el suministro de productos industriales, de forma destacada en el ámbito de los graneles agroalimentarios destinados a la alimentación de la cabaña ganadera gallega.

jueves, 7 de mayo de 2020

O concello amplía a zona peonil entre Catro Camiños e Matogrande


Desde hoxe, a veciñanza contará nas súas saídas con máis espazo para pasear en Fernández Latorre e nas avenidas de Monelos, Pérez Ardá e Salvador de Madariaga 

A Coruña, 7 de maio de 2020.- O concello ampliará desde hoxe as zonas peonís no itinerario que vai desde Catro Camiños até Matogrande, para favorecer o tránsito das e dos coruñeses nas saídas permitidas dentro desta desescalada. En Fernández Latorre, desde Alcalde Marchesi até Ramón y Cajal, manterase un único carril de circulación en sentido Catro Camiños, para o que se desprazará a parada de taxis ao carril dereito. A dita parada quedará sinalizada cunha barreira Newyersys. Tamén se suprimirá o estacionamento fronte á farmacia Castro, que se reservará xunto ao carril dereito, co fin de lle facilitar o paso a pé á veciñanza. Neste punto, respectaranse a reserva do hotel e a praza para persoas con mobilidade   reducida. En Benito Blanco Rajoy, eliminaranse temporalmente as reservas de motos. 

Por outra banda, na avenida Pérez Ardá, actuarase na marxe de El Corte Inglés e manterase como mínimo un carril de circulación. No tramo onde está o centro comercial, habilitaranse beirarrúas unidireccionais para as peoas e peóns, usarase a medianeira vexetal como separación. Instalaranse carteis informativos coma os que xa hai na avenida da Habana, sen que estes invadan en ningún momento a calzada. 

No tramo do colexio San Francisco Javier, desprazarase o estacionamento ao carril dereito e suprimirase o carril bici. O espazo gañado para o tránsito peonil sinalarase mediante unha barreira Newyersy. En Joaquín Galiacho non se realizará ningún cambio, ao considerar que a beirarrúa existente ten o ancho suficiente e que, en caso de necesidade, poderíase suprimir o carril bici para ampliar a zona peonil.   Canto ao cruzamento coa avenida de Monelos, manterase o paso peonil e  habilitaranse beirarrúas unidireccionais para as persoas que se despracen a pé.  Tomarase a medianeira como barreira. 

Na avenida Salvador de Madariaga, actuarase na marxe esquerda en sentido  Matogrande e manteranse os dous carrís de circulación. Ademais, suprimirase o  carril bici case na súa totalidade e habilitaranse beirarrúas unidireccionais para as  peoas e peóns, que usarán a beirarrúa existente para se dirixiren á avenida  Monelos, e o carril bici para iren en sentido a Matogrande. Con esta medida, non hai  que retirar os elementos de balizamento do carril bus e aproveitarase para facer  unha separación nos cruzamentos coas prazas intermedias a través de barreiras  Newyersys, coa finalidade de definir eses puntos críticos.    

martes, 5 de mayo de 2020

O concello habilita un carril provisional nos Cantóns para garantir que se cumpran os protocolos de seguridade sanitaria




A contorna de Riazor tamén conta desde onte cunha ampliación do espazo peonil na rúa Manuel Murguía e na avenida da Habana, e a senda habilitada no Paseo Marítimo quedará implantada de forma permanente ata novo aviso 

A Coruña, 5 de maio de 2020.- Ás doce da mañá de hoxe quedaba completamente habilitado o carril provisional dos Cantóns, que vai desde A Mariña ata a praza de Mina, co fin de garantir que se cumpran os protocolos de seguridade sanitaria para a práctica da actividade deportiva e os paseos da veciñanza.

 Infraestruturas tamén deixou rematado onte o carril provisional de ampliación do espazo peonil da rúa Manuel Murguía e avenida da Habana. O obxectivo da habilitación desta senda na contorna do estadio de Riazor, explican desde esta área municipial, é evitar as aglomeracións. 

 Ademais, o carril provisional do Paseo Marítimo, que vai desde o Monte San Pedro ata o Dique de Abrigo e que nun primeiro momento só se habilitaría durante as fines de semana, quedará implantado de forma permanente ata novo aviso. Así mesmo, a Concellería de Urbanismo, Infraestruturas e Mobilidade está traballando na sinalización e na optimización deste carril.

Canto á senda peonil que unirá Catro Camiños e Matogrande, atópase en estudo por parte dos técnicos municipais e está previsto que se implante antes da fin de semana.

sábado, 2 de mayo de 2020

Comunicado de prensa en referencia a la decisión de la RFEP de dar por concluida la OKLiga 2019-20



Conocida la decisión comunicada esta mañana por la Real Federación Española de Patinaje (RFEP) de dar por concluida la OKLiga 2019-20, proclamando campeón al Fútbol Club Barcelona, anulando cualquier tipo de descenso y autorizando el ascenso del primer clasificado de cada uno de los dos grupos de OKPlata, el Deportivo Liceo quiere expresar que:

1. El Deportivo Liceo se mostró siempre partidario de finalizar la competición si las condiciones sanitarias lo permitían, tanto en los meses de junio y de julio, y a puerta cerrada si así lo requerían las autoridades competentes. Tanto el club como la Asociación de Clubes de Hockey a Patines (ACHP) se mostraron siempre a favor de negociar con la RFEP el modelo de competición, al menos para jugar por el título, a tenor del punto siguiente.

2. El Deportivo Liceo, en el afán de que no hubiera ningún equipo perjudicado, no se opuso a la anulación de los descensos a OKPlata y la aprobación de los ascensos a OkLiga, a pesar de que siempre entendió prevalente el finalizar la competición, y, por lo tanto, que hubiese el mismo criterio coherente, por la parte alta y por la baja de la tabla. No siendo eso, no perjudicar a nadie y sí beneficiar la competición supondría permitir luchar por el título (a nadie perjudica), aún sin descensos y sí con ascensos. De ahí, también, la postura de la ACHP.

3. Siguiendo esta línea, el Deportivo Liceo entiende que disputar una final a 2 o a 4, siempre atendiendo a criterios de salud, no perjudicaría a ningún otro club y beneficia al hockey nacional.

4. El Deportivo Liceo se siente el principal y único perjudicado de una decisión que podría modificar claramente el modelo de competición para la próxima temporada, atacando una vez más los intereses de nuestra entidad.

5. El Deportivo Liceo felicita al Fútbol Club Barcelona por el título de OkLiga, y confía en que, por el bien del hockey sobre patines, la decisión acatada sirva al menos para abrir una profunda y amplia reflexión que permita que nuestro deporte pueda afrontar la transformación necesaria para afrontar retos futuros.

A Coruña, 2 de mayo de 2020 

viernes, 1 de mayo de 2020

Prexton estrena videoclip grabado desde ventanas de todo el mundo




El artista extremeño Prexton estrena su nuevo videoclip "Wings", que ha sido realizado durante estas semanas de confinamiento con vídeos enviados por sus seguidores desde las ventanas de sus hogares. Además de imágenes desde Cáceres o A Coruña (ciudades entre las que vive el músico), también forman parte del videoclip otros planos enviados desde puntos tan distantes como Santiago de Chile, Helsinki o incluso Australia.

"Wings" es una canción que habla de libertad y de volar, por lo que Prexton y la productora encargada de la edición del vídeo, Drum&Roll Studios, decidieron darle una vuelta al planteamiento inicial del videoclip y realizar un homenaje a las diferentes formas de asomarse al mundo desde las ventanas durante estas semanas. Esperan poder contribuir a crear algo bonito a partir de una situación tan difícil como la que estamos viviendo. 

Enlace al videoclip en Youtube: