martes, 30 de junio de 2020

TéCanela, primeira actuación do Ciclo Metropolitano Elas Son Artistas



A Coruña, martes 30 de xuño de 2020.- Este venres 3 de xullo ás 21.00h terá lugar a primeira das actuacións do Ciclo Metropolitano pola Igualdade, Elas Son Artistas, pero tamén será o primeiro evento da "nova normalidade" no Concello de Oleiros, un dos oito concellos que forman parte desta iniciativa. 

O do dúo zaragozano TéCanela son as emocións, ritmos e experiencias convertidas en cancións nas que se mesturan a naturalidade e frescura coa experiencia e a maxia destes dous artistas que chegan a Oleiros presentando novos temas. 

As entradas poñeránse á venda o mesmo venres a partir das 19.30h na billeteira do Centro Cultural A Fábrica do Concello de Oleiros a un prezo de 3,5€. (Aforo reducido).

👉 Será OBRIGATORIO o uso de mascarilla.



sábado, 27 de junio de 2020

A Deputación mellorará a seguridade peonil na contorna da estación do tren de Cambre





Co obxectivo de que os peóns que transitan pola zona conten cunha ruta segura, construirase unha senda peonil que contará cunha pasarela metálica por riba das liñas de ferroviarias.

Dentro do proxecto tamén se inclúen dous novos pasos de peóns e a modificación dun para facelo elevado.

A Coruña, 27 de xuño de 2020. A Deputación da Coruña mellorará a seguridade peonil na DP 1702 na zona da estación de tren de Cambre. A actuación permitirá a construción dunha senda peonil que contará cunha pasarela metálica sobre as vías ferroviarias. O proxecto, cun investimento previsto de 286.069,10 euros foi aprobado onte por unanimidade no pleno da institución provincial.

Actualmente o tramo da estrada provincial comprendido entre o punto quilométrico 0+910 e o 1+070 non conta con itinerario peonil que conecte as beirarrúas existentes antes e despois da ruta, poñendo en risco a seguridade dos peóns que transcorren pola zona.

Para dar solución a esta problemática e mellorar a seguridade, a Deputación construirá unha senda peonil de 143 metros de lonxitude e 2 metros de ancho na marxe esquerda do tramo, que é polo que máis transitan as persoas do lugar ao haber máis vivendas nesa zona. A senda estará conformada por pavimento de formigón e quedará enmarcada por dous bordillos, un na zona da calzada, que contará cun alto de 28 centímetros, e outro na zona contraria.

Pasarela metálica, pasos de peóns e alumeado LED

Esta senda contará ademais cunha pasarela metálica de 12,27 metros de lonxitude cunha anchura tamén de 2 metros, dando continuidade á senda sobre a estrada. A estrutura desta será de aceiro patinable.

Dentro da iniciativa tamén se construirán dous novos pasos de peóns elevados, un ao final do tramo e outro no acceso á marxe esquerda da vía. Modificarase tamén o paso de peóns existente no comezo da ruta sinalada para convertelo nun paso elevado. Reporase o firme da estrada, necesario para a construción dos pasos de peóns e os cruces de servizos.

Á súa vez, repoñerase a sinalización horizontal e vertical afectada e pintaranse os pasos de peóns da nova construción, así como se soterrarán as liñas de baixa tensión e iluminación e unha liña de telecomunicacións. A iluminación proxectada na zona será LED.

Este iniciativa mellorará deste xeito as condicións de circulación dos peóns na zona, ofrecendo un camiño seguro, e terá un máximo de execución de 5 meses.

viernes, 26 de junio de 2020

La Sinfónica de Galicia ofrece su primer concierto con público tras el estado de alarma 




La OSG interpretará un monográfico Beethoven en un programa dedicado a los mecenas que apoyan a la agrupación orquestal a los que se suman ahora los abonados que renunciaron a la devolución del importe de los conciertos cancelados 

La Orquesta Sinfónica de Galicia ofrecerá su primer concierto con público tras el estado de alarma el próximo día 1 de julio a las 19.30h. en el Palacio de la Ópera de A Coruña. El concierto, al que únicamente se accederá con invitación, contará con la presencia de los mecenas Amigos de la OSG a la que ahora se suman los centenares de abonados que renunciaron a la devolución del importe de los conciertos cancelados desde el pasado 14 de marzo.

Bajo la dirección de su titular Dima Slobodeniouk, la Sinfónica de Galicia interpretará un programa monográfico dedicado a Ludwig van Beethoven –del que se cumplen este año los 250 años de su nacimiento– en el que sonarán su obertura Coriolano, su Sinfonía nº 1 y la Sinfonía nº 3.

Además de las medidas de seguridad dictadas por las autoridades sanitarias –y que incluyen el uso de mascarillas durante todo el tiempo que el público permanezca en el recinto– la OSG ha organizado accesos diferenciados por zonas al Palacio de la Ópera, estableciendo tres entradas distintas según las diferentes zonas del abono y ha establecido un sistema individualizado de butacas para garantizar la distancia social.

miércoles, 24 de junio de 2020

O concello destaca o comportamento exemplar da veciñanza durante a noite de San Xoán



A Coruña viviu unha festa atípica, en que apenas se rexistraron incidencias

O Goberno local pon en valor o papel responsable da hostalaría, nunha noite importante para o sector

Atendéronse unhas 200 chamadas ao 010 por pequenas molestias e recolléronse 197 toneladas de residuos, cifras similares ás dunha noite normal

A Coruña, 24 de xuño de 2020.- 

A concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán, acompañada do responsable de Seguridade Cidadá, Carlos García Touriñán, fixo esta mañá un balance da festa de San Xoán, da que a edila destacou “o comportamento exemplar da veciñanza” durante unha noite, en que A Coruña gozou dunha festa atípica e moi tranquila.

Fontán felicitou, en nome da alcaldesa, tanto as veciñas como aos veciños nas súas reunións como ao sector da hostalaría que onte abriron os seus negocios “por cumprir as medidas de seguridade, de limpeza e de capacidade dos locais”. Tamén remarcou a aqueles establecementos “que decidiron sacrificar unha noite tan importante e non abriron as súas portas”. En total, autorizáronse 303 grelladas entre particulares e establecementos de hostalaría.

Tal e como sinalou a concelleira, durante os festexos as incidencias foron mínimas. A Policía Local tan só tivo que intervir en casos de malos estacionamentos e en dúas cacharelas, unha no Campo de Marte e outra na rúa Ribeira Sacra, nas que se tivo que sancionar a dous grupos de persoas por desobediencia á autoridade policial e por incumprir o bando municipal.

Canto á limpeza, Fontán explicou que se recolleron un total 159 toneladas de residuos inorgánicos e 38 de residuos orgánicos, “un día normal na cidade”. O feito de que o acceso ás praias estivese pechado reduciu a recollida de lixo noutras 159 toneladas. Neste sentido, a responsable de Medio Ambiente sinalou que é un bo momento para poñer de relevo a necesidade de concienciar á cidadanía da necesidade de reducir os residuos e felicitou a veciñanza polo seu comportamento cívico ao recoller todo o lixo tras a festa.

O 010 recibiu un total de 200 chamadas, a maior parte delas para informar de ruídos. O resto de avisos tivo que ver con casos de auxilio cidadán de pouca relevancia.

martes, 23 de junio de 2020

El MUNCYT reabre sus puertas en A Coruña el día 30 de junio



El MUNCYT reabre sus puertas coincidiendo con su 40 aniversario.

El Museo Nacional de Ciencia y Tecnología, MUNCYT, se creó el 30 de junio de 1980. 

Coincidiendo con esta conmemoración, se reabrirá la sede del Museo en A Coruña y la sede de Alcobendas lo hará el próximo 7 de julio. 

Madrid, 23 de junio de 2020. El Museo Nacional de Ciencia y Tecnología, MUNCYT, cumple 40 años desde su creación por el Real Decreto 1691/1980 de 30 de junio. Coincidiendo con esta conmemoración se reabrirán las sedes del museo, que cerraron temporalmente al público tras la declaración del estado de alarma por la COVID-19. 

La sede de A Coruña reabrirá sus puertas el mismo día 30 de junio y la sede de Alcobendas lo hará el próximo 7 de julio. 

Para celebrar esta conmemoración, el museo dinamizará del 22 al 30 de junio en sus canales de redes sociales diverso contenido relacionado con estos 40 años de vida y lo hará utilizando nueve hashtags, uno por cada día: #MUNCYTHistoria, #MUNCYTColección, #MUNCYTMadrid, #MUNCYTCoruña, #MUNCYTAlcobendas, #MUNCYTExposiciones, #MUNCYTDifusion, #MUNCYTBiblioteca, #MUNCYTConservación. 

Los seguidores que lo deseen podrán compartir en redes sociales, a través de fotografías, videos o textos, sus recuerdos en cualquiera de nuestras sedes con el hashtag #YoenMUNCYT. 

Reapertura del MUNCYT 
Durante estos meses, el MUNCYT ha trabajado en el acondicionamiento de las instalaciones de ambas sedes para cumplir con las medidas higiénico-sanitarias y de organización establecidas por el Ministerio de Sanidad y garantizar que sus visitantes disfrutan del museo en condiciones de total seguridad. 

Se ha instalado una señalética especial para facilitar el recorrido, garantizar que se cumplen las distancias de seguridad y animar a los visitantes a acercarse a la exposición de una manera diferente. El público del museo contará en todo momento con el apoyo del personal de seguridad y de sala, que se ha reforzado para esta ocasión. 

Horarios y actividades disponibles 
El horario del museo en A Coruña será de martes a sábado de 11:00 a 19:00 horas y domingos y festivos de 11:00 a 15:00 horas. En Alcobendas, los martes, miércoles y jueves de 10:00 a 15:00 horas y viernes, sábados, domingos y festivos de 11:00 a 19:00 horas.  

El MUNCYT ha adaptado también su programa de actividades de forma que en A Coruña se ofrecerán visitas guiadas y otras actividades especiales fuera del horario de apertura entre las 19.00h y las 20.00h los martes, miércoles, jueves y viernes. 

En Alcobendas el planetario y otras actividades recuperarán su programación con un aforo limitado. En la página web del museo se publicará toda la información relativa a las nuevas normas de acceso, horarios, programación, reservas y adquisición de entradas del MUNCYT.

lunes, 22 de junio de 2020

O concello reforza os dispositivos de emerxencia para o San Xoán, que arrincan mañá pola tarde 



Pecharanse as praias desde as 21.00 h e controlaranse os accesos aos areais municipais pola tarde para impedir que as persoas baixen obxectos relacionados coas cacharelas 

O control da capacidade nas praias funciona desde hoxe e durante toda a semana a modo de proba 

A Coruña, 22 de xuño de 2020.- O concello ultima os dispositivos especiais de emerxencia que arrincan mañá pola tarde con motivo da festividade do San Xoán e que se estenderán ata a mañá do día 24. As praias permanecerán pechadas desde as 21.00 h e, polo tanto, estará prohibido acceder a elas. Haberá un dispositivo especial de emerxencia que funcionará desde a media tarde do día 23 para impedir que as persoas baixen obxectos relacionados coas cacharelas aos areais. 

O outro dispositivo especial de emerxencia abarcará todos os barrios da cidade para controlar que se cumpran as instrucións descritas no bando municipal e a normativa de prevención da COVID-19. Ademais, os servizos de emerxencia municipais e de Protección Civil revisarán todas as grelladas que teñen autorización por parte do concello. Ata o momento, recibíronse case 300 declaracións responsables de locais de hostalaría e de persoas físicas para realizar churrascadas e sardiñadas na vía pública. 

O dispositivo de emerxencia estará formado por preto de 200 persoas, polo que se mantén o número de efectivos das forzas de seguridade municipais pero suprímese o persoal dedicado á asistencia nas praias durante a festa do San Xoán do anopasado, como é o cadro de persoal da Cruz Vermella, os servizos sanitarios e de emerxencias, 061, o persoal das carpas, profesionais de rescate acuático e socorristas nocturnos. 

Canto ao control da capacidade nas praias, os sistemas xa están funcionando e continuarán a xeito de proba durante toda a semana. Ademais, as cámaras de videovixilancia de Riazor e Orzán – Matadoiro xa están instaladas, e as do resto de areais municipais quedarán instaladas antes do día 24. Respecto aos paneis informativos dixitais, que comezarán a colocarse entre mañá e pasadomañá, estarán vinculados coa web municipal onde tamén se mostrarán os datos informativos da capacidade dos areais.

martes, 16 de junio de 2020

Inés Rey comunica ás asociacións veciñais e de hostalaría as medidas para garantir a seguridade en San Xoán



A alcaldesa sinalou que non permitirá as cacharelas nos espazos públicos, a música ao vivo, o corte de vías públicas nin o acceso ás praias da cidade Autorizaranse sardiñadas ou churrascadas previa comunicación responsable dos locais de hostalaría

A Coruña, 16 de xuño de 2020.- 

A alcaldesa, Inés Rey, reuniuse esta tarde coas e cos representantes das asociacións veciñais e de hostalaría de toda a cidade para lles trasladar a decisión do Goberno municipal en relación coa celebración do San Xoán na Coruña.

A rexedora recordou os anuncios que xa fixeron públicos sobre o peche das praias desde aproxidamente as nove da noite do día 23 e a prohibición de facer cacharelas, non só nos areais, senón tamén en todo o termo municipal. Manifestou que todas e todos debemos asumir que este ano o San Xoán será diferente aos demais e apelou á responsabilidade individual e colectiva para evitarmos conductas que poñan en risco a saúde da veciñanza.

A alcaldesa informou aos colectivos veciñais e de hostalaría que o concello formulou o pasado venres unha consulta á Xunta de Galicia sobre as actividades que se poderán realizar esa noite, unha consulta que foi ampliada onte, unha vez que o DOG publicara o sábado o acordo do Consello da Xunta de Galicia referente ás normas sanitarias nesta fase de “nova normalidade”. A Xunta non achegou aínda resposta sobre o tema, de modo que a alcaldesa sinalou que emitirá un bando para informar á poboación da prohibición ao acceso a todas as praias da cidade, a realización de cacharelas en calquera zona pública e a música ao vivo. Tampouco haberá cortes de vías públicas.

O día 23 de xuño permitirase a realización de sardiñadas, churrascadas ou similares nos espazos solicitados polos locais e persoas particulares para a ocupación de vía pública. Só poderán facerse das 13.00 ás 16.00 horas e das 20.00 ás 00.00 horas do día 24. Para iso, as persoas solicitantes deberán presentar unha declaración responsable polo menos 24 horas antes do día 23. Neste aspecto, Seguridade Cidadá vixiará durante toda a xornada o cumprimento do acordado pola Xunta de Galicia sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola Covid-19, unha vez superada a fase 3 do Plan para a transición cara unha nova normalidade. Nesta publicación, o Goberno autonómico limita a un 75% a capacidade da clientela no interior dos locais e a un 80%, nas terrazas.

Mañana miércoles 17 de junio se cumple el primer aniversario de La Revolución de los Graneles, primera tienda dedicada a los productos de limpieza a granel en Coruña

 

Avenida Os Mallos 45, A Coruña.


Un año de productos de limpieza a granel

• En este año, los coruñeses consumieron más de trece toneladas de productos biodegradables provenientes de esta tienda, más de una tonelada al mes.

• La propuesta de “La Revolución de los Graneles” ahorró al medio ambiente el desperdicio de 8.000 envases plásticos que, de otro modo, acabarían contaminando la naturaleza.

La Revolución de los Graneles, primera tienda de productos de limpieza a granel de Coruña, cumple un año.

En este período, el local ubicado en la Avenida dos Mallos 45 dispensó con su novedosa propuesta más de una tonelada mensual de productos biodegradables.

El sistema, en el que sus propios clientes llevan su envase o usan uno donado desinteresadamente por otros vecinos, sigue siendo novedoso a pesar de que supone la vuelta al método habitual de hacer la compra no hace tantos años.

La tienda forma parte de 4eco, alianza de pequeños negocios para poder producir a gran escala sin perder la independencia de cada tienda y no comprar un producto existente, sino fabricar uno propio.

Además de productos de limpieza, en La Revolución de Los Graneles, se pueden encontrar productos de higiene personal y cosméticos. Aunque estos no se distribuyen a granel, por no estar permitido legalmente, los formatos que se pueden encontrar en la tienda vienen envasados en cartón, vidrio o aluminio, siempre libres de plástico.

El nombre de la tienda surge de la relación entre productos y precios que se pueden encontrar en ella. En palabras de su dueño, Dani Rocha, “cuando comienzas a buscar productos ecosostenibles, te encuentras con que el precio te impide acceder a muchos de ellos. El nombre de La Revolución de los Graneles viene de que la evolución que tiene pendiente el mundo eco es poder acercar los precios para que los use todo o mundo. Si la alternativa que das a los productos contaminantes no es accesible, no tienes una alternativa, tienes un club privado”.

La filosofía de la tienda, además de por el precio, se establece por sus proveedores, pequeñas empresas en su mayoría para fortalecer el hecho de que el pequeño comercio es la entrada de estos pequeños negocios al mercado del público en general.

Para acercar dicha filosofía de La Revolución de los Graneles más allá del público de a pie, como novedad para este año, está la tienda online que verá la luz en próximas fechas.

lunes, 15 de junio de 2020

Celta, Dépor, Lugo y Valladolid homenajearán a la hostelería en su regreso a los terrenos de juego




Estrella Galicia lanza una ambiciosa campaña de apoyo a la hostelería en la que ha querido involucrar también a algunos de sus principales patrocinios. 

“A las barras Resistencia” es el lema que llevarán en sus camisetas los equipos de futbol en un diseño formado por los nombres de los locales hosteleros más emblemáticos de sus respectivas ciudades. 

Además, impulsa una grada virtual en la que los aficionados podrán participar en sorteos y aportar sus donaciones destinadas a revitalizar este sector tan castigado durante esta crisis. 


15 de junio- Estrella Galicia ha puesto en marcha una ambiciosa campaña de apoyo a la hostelería con el objetivo de contribuir a revitalizar un sector que ha sufrido especialmente las consecuencias de esta crisis. Entre las múltiples acciones que la cervecera ha llevado a cabo se encuentra una iniciativa en la que ha involucrado a algunos de sus principales patrocinios dentro del mundo del fútbol.    

De este modo, el lema “A las barras Resistencia” acompañará a RC Celta, RC Deportivo, CD Lugo y Real Valladolid CF, en su regreso al terreno de juego. Los equipos de fútbol vestirán una edición especial de camisetas en la que aparecerán además los nombres de los locales de hostelería más emblemáticos de sus respectivas ciudades. El objetivo es visibilizar así su respaldo al sector hostelero, animar a los consumidores a regresar a las barras y recuperar nuestro estilo de vida.    

Esta acción irá acompañada de una grada virtual (www.alasbarrasresistencia.com) en la que los aficionados de cada equipo podrán participar en sorteos así como realizar aportaciones para apoyar distintas iniciativas que contribuirán a la progresiva recuperación de la hostelería en cada una de estas ciudades. 

Los partidos en los que los equipos vestirán esta edición especial de camisetas son:    

17 de junio: Real Valladolid CF– RC Celta 
28 de junio: RC Deportivo– SD Ponferradina 
8 de julio: RC Celta – Atlético de Madrid 
12 de julio: CD Lugo – Girona FC   

O concello abre de maneira gradual os parques infantís tras finalizar o estado de alarma


O persoal traballador continúa cos labores de limpeza e desinfección dos recintos e dos xogos para a cativada

A Coruña, 15 de xuño de 2020.- O concello abrirá de maneira gradual os parques infantís da cidade tras tres meses pechados pola pandemia da Covid-19. As nenas e nenos da cidade poderán desfrutar das áreas de xogos a partir de hoxe, data en que na Coruña, como no resto de Galicia, finaliza o estado de alarma.

Desde a Concellería de Infraestruturas anuncian que os equipos de limpeza do concello continúan cos labores de desinfección dos recintos e dos xogos infantís para garantiren o seu perfecto estado. Ademais están colocando uns carteis provisionais, que informarán sobre a capacidade de cada parque. Tan só permanecerán pechados aquelas instalacións que están actualmente en obras como as dos Rosais, Tabacos e As Conchiñas.

O concello pídelle á veciñanza que use as instalacións con prudencia e “sentidiño”, porque aínda que a evolución é boa, o virus segue activo e hai que evitar posibles brotes.

XIX Ciclo "Música para unha época 2020"



Os concertos celebraranse de forma presencial, con aforo limitado e reserva de localidade*, e retransmitiranse en directo a través de streaming, para aqueles que prefiran desfrutalos desde a súa casa

Domingo, 21 de xuño
12.00 h
Concerto:
O Romanticismo. Clara Schumann e Fryderyk Chopin
Domenico Codispoti, piano
O concerto retransmitirase por streaming a través do canle de YouTube do Museo: https://youtu.be/y2n50DEhqow 

Domingo, 28 de xuño
12.00 h
Concerto:
O Clasicismo e os inicios do Romanticismo
Trío Schubert
Fumika Yamamura, violín
Gabriel Bussi, viola
Elena Escalza Cortina, violonchelo
O concerto retransmitirase por streaming a través do canle de YouTube do Museo: https://youtu.be/T2v-l7j-7mo


*En virtude do disposto no Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade, “Os museos e salas de exposicións, de titularidade pública ou privada, poderán acoller tanto as visitas do público á colección e ás exposicións temporais, como a realización de actividades culturais ou didácticas sen superar un límite do setenta e cinco por cento da capacidade permitida para cada unha das súas salas e espazos públicos"

Por tal motivo, limitarase o aforo do salón de actos do Museo a 70 persoas, con localidade preasignada e o uso da mascarilla durante a celebración do concerto.

A reserva de praza para o primeiro concerto poderase realizar a partir do xoves, 18 de xuño, a través da dirección de correo electrónico: mu.belas.artes.difusion@xunta.gal ou no teléfono 881 881 700, en horario de 9:00 a 14:00h.

Luar Na Lubre publicará o venres 26 de xuño o seu novo álbum ‘Vieiras e vieiros, historias de peregrinos’



O 19º traballo discográfico do grupo, que inclúe un cedé recompilatorio, explora os escritos, as sonoridades e as pegadas que os viaxeiros deixaron ao seu paso polos múltiples sendeiros que conforman o Camiño de Santiago en Galicia

A reserva do disco, cuxas primeiras cen copias estarán asinadas pola banda, xa está activa a través da web https://WarnerMusicSpain.lnk.to/IwuKsSYE

A Coruña, 15 de xuño de 2020.- O novo disco de Luar Na Lubre xa ten data de publicación. O vindeiro venres 26 de xuño sairá á venda Vieiras e vieiros, historias de peregrinos, o 19o traballo discográfico do grupo, un álbum que visualiza a pegada artística, cultural e natural do Camiño de Santiago a través das historias de quen percorreu os sendeiros: os peregrinos. O disco, editado por Warner Music e producido por Mirmidón, conta co apoio da Xunta de Galicia a través do programa O teu Xacobeo.

O título do disco é un xogo de palabras que fai referencia, precisamente, as historias de fondo que son protagonistas neste traballo: o factor humano da ruta xacobea. Tal e como explica Bieito Romero, “as vieiras son o símbolo máis recoñecible de Santiago como apóstolo e tamén dos peregrinos que, en numerosas ocasións, levaron para a súa terra desde as nosas praias. Estes viaxeiros foron e son os portadores das vieiras quen, co seu camiñar, construíron e seguen a construír os vieiros que conforman as diferentes rutas xacobeas, desde o Camiño Primitivo até os numerosos sendeiros que hai na actualidade. Eles, que levan as vieiras, fan os vieiros”.

Vieiras e vieiros, historias de peregrinos é un amplo traballo no que Luar Na Lubre pon en valor a banda sonora dos territorios polos que transita o itinerario xacobeo, e que abrangue lugares como O Cebreiro, A Fonsagrada, a Costa da Morte ou a propia cidade de Compostela. “As prolongacións do Camiño ata Fisterra e Muxía son os remates naturais do antigo Camiño das Estrelas dos celtas, a ruta que levaba os peregrinos ao final da terra, até o punto no que comezaba o mar”, sinala Romero. Así, o disco inclúe, ademais das novas creacións de Luar Na Lubre, “as sonoridades propias que agroman ao longo do Camiño e as músicas tradicionais que estiveron, durante moito tempo, presentes na ruta xacobea”, afirma o artista.

O disco publicarase o 26 de xuño, pero todas aquelas persoas que desexen reservar o seu álbum con antelación xa poden facelo. Estas primeiras copias, ademais, distribuiranse asinadas pola banda e pódense adquirir, desde esta semana, a través do seguinte enlace, tamén dispoñible nas redes sociais de Luar Na Lubre: https://WarnerMusicSpain.lnk.to/IwuKsSYE.

Vieiras e vieiros, historias de peregrinos inclúe tamén un segundo disco que recompila algúns dos temas de Luar Na Lubre vinculados á ruta xacobea ou ao nacemento da mesma. “A nosa creación é moi propia e persoal, pero está moi relacionada coas músicas tradicionais e, especialmente, coa lírica galega medieval”, expón Bieito Romero. Así, neste segundo traballo aparecen cantigas que Luar Na Lubre versionou en anteriores ocasións, e conta con colaboracións tan interesantes como as de Diana Navarro, Ismael Serrano, Pablo Milanés, Miro Casabella, a Orquestra Sinfónica de Bratislava ou Carlos Jean.

Bonilla a la Vista reabre sus locales


Vuelven los desayunos y meriendas más sabrosos: bonilla a la vista reabre sus locales

La empresa gallega, cuyo chocolate con churros es todo un clásico coruñés, reabre el próximo miércoles 17 de junio sus seis locales propios en A Coruña. 

A Coruña, lunes 15 de junio de 2020.-

Después de unos meses de cierre, tras la declaración el pasado 14 de marzo del Estado de Alarma, por fin ha llegado el momento de volver a disfrutar de los mejores desayunos y meriendas.

La próxima semana, coincidiendo con la entrada de Galicia en la “nueva normalidad”, Bonilla a la Vista reabrirá sus seis churrerías en la ciudad de A Coruña.

La reapertura tendrá lugar el miércoles 17 de junio, y, de momento, con un horario especial -de 7:30 a 12:30 y de 18:00 a 21:00-, en el que el chocolate, los churros y, por supuesto, las tradicionales patatas fritas Bonilla a la Vista volverán a protagonizar los desayunos y meriendas de los coruñeses, como viene haciendo desde 1945, momento en que la firma se instaló en la ciudad.

Bonilla a la Vista en el Mundo

Bonilla a la Vista, nacida en Ferrol en el año 1932 a las órdenes de Salvador Bonilla, padre del actual responsable, César Bonilla, lleva casi 90 años dedicada a la producción de churros con chocolate -cuenta con 6 locales propios en A Coruña- y patatas fritas, su producto estrella, que ha logrado posicionarse como líder en el mercado.

En la actualidad las patatas fritas Bonilla a la Vista, elaboradas con patata de primera calidad, aceite de oliva y sal, pueden encontrarse en más de 20 países, incluyendo el Bélgica, Suiza, Reino Unido, Francia, Italia, EEUU, Panamá, Corea del Sur -uno de los mayores clientes de la marca- o incluso Australia, último país en incorporarse a la distribución directa, el pasado 2019, donde la primera remesa de patatas se agotó en apenas unas horas, y cuenta además con venta online al por menor.

jueves, 11 de junio de 2020

Inés Rey: “ As persoas teñen que ser as protagonistas dos nosos plans de mobilidade para transformar a cidade”

A remodelación dos Cantóns, entre A Mariña e a rúa Juana de Vega, permitirá recuperar máis de 11.000 metros cadrados para o uso da cidadanía e “coser” a relación entre os xardíns e a cidade

O Goberno local ten previsto licitar as obras de peonalización da rúa Compostela este ano e o resto dos traballos en 2021 






Máis planos aquí

Proxecto en PDF ➡ http://ow.ly/RKOZ50A5hds


A Coruña, 11 de xuño de 2020.- 

A alcaldesa, Inés Rey, acompañada do concelleiro de Urbanismo, Juan Díaz Villoslada, presentou esta mañá en María Pita o proxecto de remodelación dos Cantóns, entre a avenida da Mariña e a rúa Juana de Vega. Unha transformación que permitirá recuperar máis de 11.000 metros cadrados para o uso da cidadanía e que vén acompañada de peonalizacións para crear espazos públicos de calidade que lle garantan a accesibilidade a todo o mundo.

A alcaldesa sinalou que o concello dá un paso máis no reto de construír unha cidade amable e sostible, “cun plan para recuperar o espazo público e devolvérllelo ás peoas e aos peóns e que supón a primeira pedra do futuro urbanismo da cidade”. No caso concreto dos Cantóns, a remodelación está motivada polo desequilibrio na repartición de solo que existe nesta zona, onde na actualidade hai menos vehículos pero máis persoas. A finalidade do proxecto é adaptar o espazo dos Cantóns á realidade da mobilidade actual, gañar espazos para o uso cidadán e reducir a circulación rodada a dous carrís, un por sentido.

O estudo presentado hoxe, redactado polos arquitectos Carmen Calatayud e Xosé Manuel Vázquez Mosquera, responde ao compromiso recollido no programa co que a alcaldesa se presentou ás eleccións de maio de 2019. “Apostabamos pola creación de espazos onde a cidadanía poida desenvolver a súa vida con seguridade, igualdade de oportunidades e calidade de vida, e faciamos unha mención especial á reordenación e semipeonalización dos Cantóns”, lembrou.

A intención do Goberno local é a de construír unha cidade sostible, fiel á Axenda 2030. “Queremos que a veciñanza se sinta orgullosa desta actuación e desexe, coma nós, levar esta forma de entender a cidade aos seus barrios”, dixo ao tempo que apuntou que aínda que a remodelación empeza polos Cantóns, “o obxectivo é levar esta acción a todos os barrios para que en todos gocemos de espazos de convivencia como se fosen o mesmo centro da cidade”.

Rey reiterou que a finalidade é humanizar o centro urbano e recuperar para as persoas viandantes o espazo que o coche lles foi quitando: “as persoas son as protagonistas dos nosos plans para transformar a cidade”.

Destacou que a mobilidade impulsada polo concello busca crear espazos públicos de calidade, coidar o medio, garantir a saúde da veciñanza (coa redución do ruído e das emisións de CO2) e potenciar máis o uso do transporte público (aquí necesitamos complicidade da Xunta para mellorar as conexións coa rede de transporte metropolitano) da bicicleta e dos vehículos de mobilidade persoal.

Inés Rey ten claro que as cidades son as que deben liderar o cambio na mobilidade sempre desde o consenso social, pero conscientes de que o cambio é imparable. Un cambio que o Goberno local comezara a poñer en marcha antes da crise sanitaria e que a situación actual permitirá levar a cabo con máis forza: crear máis espazos públicos para a veciñanza, recuperar o uso da bicicleta e potenciar o transporte público e os VMP.

“Esta pandemia demostrounos a todas e todos o que moitos xa sabiamos: hai outra forma de mobilidade, unha mobilidade sostible pola que imos seguir apostando, agora con máis forza”, rematou. 

Doutra banda, o concelleiro de Urbanismo, Juan Díaz Villoslada, quixo agradecerlles aos servizos técnicos o seu labor e a súa participación nun proxecto que permitirá buscar solucións á mobilidade. Un proxecto que responde a unha planificación que inclúe a modernización da rúa Santo André e o paseo marítimo entre o castelo de San Antón e Durmideiras.

Destacou que o plan “coida a calidade urbana, arquitectónica e recupera parte do pasado da cidade” e sinalou que a intención do Goberno local é de licitar as obras de peonalización da rúa Compostela antes de que finalice o ano e de dispoñer do proxecto (agora estamos na fase de estudos preliminares para avaliar o seu impacto) este ano para poder licitar o resto dos traballos en 2021 e rematar toda a remodelación neste mandato.

O proxecto contempla a redución da calzada de vehículos a un carril por sentido desde A Mariña ata a praza de Mina. Así, a circulación pola calzada nos Cantóns e A Mariña quedará restrinxida ao transporte público, bicicletas, residentes, carga e descarga e de servizos. Formarase un anel de circulación ao redor do edificio de Correos para permitir o cambio de sentido. A carón da calzada colocaranse baías para as paradas de taxis e as reservas de carga-descarga mentres que a parada de transporte metropolitano trasládase á rúa Alcalde Manuel Casás á espera dos cambios que nesa rede suporá a entrada en funcionamento da Estación Intermodal.

Peonalízanse a rúa Compostela, rúa Nova, Entrexardíns e o treito final de Santa Catalina (a circulación da rúa Durán Loriga cambia de sentido e quedará derivada cara á rúa Santo André) coa finalidade de conectar, integrar e estender a actividade dos Cantóns, A Mariña e os xardíns ás rúas veciñas. Modifícanse os pasos de peóns que cruzan os Cantóns e A Mariña, e crearanse outros novos. O protagonismo que teñen os espazos peonís dos Cantóns compleméntase con numerosas zonas de descanso. Serán espazos diferentes e singulares con ámbitos de estancia a carón dos equipamentos culturais existentes na zona. O aparcadoiro subterráneo terá unha entrada accesible con ascensores na beirarrúa dos xardíns na parte máis achegada a Entrexardíns. Corrixiranse ramplas e escaleiras para que acaden unha relación máis acorde co espazo público. Así, desaparece a rampla de saída de vehículos da praza da Aduana e a de entrada no Cantón Grande. 

Canto ao aumento das zonas de descanso e de uso para a cidadanía, no Cantón Pequeno amplíanse os espazos peonís en máis de 2.100 m2 e no Cantón Grande en preto de 3.000 m2. As peonalizacións de Entrexardíns, Santa Catalina e rúa Nova supoñen un total de 2.600 m2. E na rúa Compostela gáñanse 1.500 m2 de espazo peonil, os mesmos que se recuperan na Mariña e na praza da Aduana. En total preto de 11.000 m2 novos para que os use a cidadanía.

OUTROS ESPAZOS NA INTERVENCIÓN

-A rúa Compostela tamén será peonil, como continuidade natural dos Cantóns.
-Na praza de Mina reordénase a circulación de vehículos.
-O Cantón Pequeno contará con estancias de descanso, na liña de favorecer o encontro cos Xardíns de Méndez Núñez.
-A peonalización de Entrexardíns permite unir as dúas áreas principais dos Xardíns de Méndez Núñez.
-No Cantón Grande poténciase a súa natureza de punto de encontro do conxunto da cidade e dótase de infraestruturas que faciliten as reunións. Recuperarase a peza do Obelisco, como foco e referencia do que acontece nesta parte dos Cantóns.
-Na avenida da Mariña amplíase a superficie peonil atendendo á actividade do Teatro Colón, cuxa entrada serve para organizar a contorna.
-Recupérase a antiga praza da Aduana (Subdelegación do Goberno), cuxo espazo se delimitará co mobiliario urbano. A rúa Alcalde Manuel Casás abórdase como continuación da praza nos percorridos cara ao bordo portuario.”

miércoles, 10 de junio de 2020

As Brigantias volvemos a la pista y buscamos patinadoras nuevas para el equipo



Desde el jueves 11 de junio el club de Roller Derby As Brigantias retomamos los entrenamientos tras los meses de confinamiento. Serán en la pista de Monte Alto de 20h a 23h

A Coruña, 10 de junio. Tras tres meses de confinamiento y sin poder entrenar, las patinadoras de As Brigantias por fin podemos retomar los entrenamientos. Serán todos los jueves de 20h a 23h en la pista de Monte Alto. Los entrenamientos irán enfocados a practicar y mejorar habilidades de patinaje dado que por las condiciones sanitarias por el momento no es posible realizar actividades de contacto.

Desde As Brigantias estamos buscando nuevas jugadores para el equipo, así como personal de voluntariado y personal de arbitraje, e invitamos a todas aquellas personas a las que les guste el deporte en equipo, el patinaje o a todas aquellas que quieran conocer gente nueva y descubrir más sobre el Roller Derby. No se requieren conocimientos previos de Roller Derby, el único requisito es tener más de 16 años.

Invitamos a todas las interesadas a asistir los jueves al polideportivo de Monte Alto desde las 20h a las 23h o escribirnos a uneteasbrigantias@gmail.com

Para más información, el equipo dispone de redes sociales (Facebook, Instagram, Twitter) y de la página web www.brigantias.com

Las fundaciones María José Jove y “La Caixa” abren hoy la inscripción para el programa “Esfuerza Verano”







El programa de este verano ha sido diseñado respetando las medidas oportunas de control y prevención de la transmisión del Covid-19

FACILITAN LA PRÁCTICA DE DEPORTE A PERSONAS CON DIVERSIDAD FUNCIONAL Y PROMUEVEN LA INCLUSIÓN, EN LA ACTUALIDAD MÁS NECESARIA QUE NUNCA.

A Coruña, 10 de junio de 2020.- 

ESFUERZA, el emblemático programa de actividad física adaptada que desarrollan las fundaciones María José Jove y “la Caixa” con la participación de CaixaBank, regresa este mes de junio. El programa de este verano ha sido diseñado respetando las medidas oportunas de control y prevención de la transmisión del Covid-19. 

ESFUERZA Verano 2020 consta de vela, piragüismo y senderismo inclusivos y del servicio de ayuda en playa. Los grupos serán más pequeños, pero se mantiene el espíritu de siempre: la apuesta de las Fundaciones María José Jove y “la Caixa” por facilitar la práctica del deporte a personas con diversidad funcional. Una vía de inclusión más necesaria que nunca tras los últimos meses de confinamiento.

ESFUERZA Verano 2020 consta de vela, piragüismo y senderismo inclusivos y del servicio de ayuda en playa. Los grupos serán más pequeños, pero se mantiene el espíritu de siempre: la apuesta de la Fundación María José Jove y de Fundación “la Caixa” por facilitar la práctica del deporte a personas con diversidad funcional. Una vía de inclusión más necesaria que nunca tras los últimos meses de confinamiento.

La inscripción debe efectuarse a través de la web www.fundacionmariajosejove.org y el plazo concluye el 19 de junio.

Las actividades de vela y piragüismo inclusivos de ESFUERZA Verano se desarrollarán del 29 de junio al 18 de septiembre en seis turnos en el dique de abrigo de Marina Coruña. Para ello, los alumnos contarán con embarcaciones diseñadas y adaptadas a sus necesidades con el fin de que las puedan manejar con total facilidad. Para, vela habrá un máximo de 4 personas por grupo y con dos horarios 10.30 a 12.15h y de 12.45 a 14.30. En el caso de piragüismo, habrá un máximo de 7 personas por grupo y los horarios son de 10 a 11.15h y de 11.45 a 13h.


Ayuda en la playa de Oza

La actividad de asistencia o ayuda en playa que permite a los usuarios el disfrute del ocio cotidiano de ir a la playa, tomar el sol o bañarse en el mar, se desarrollará en la playa de Oza. La asistencia se oferta para julio, agosto y septiembre con un máximo de 6 personas por grupo y de lunes a viernes y en horario de mañana o tarde. Durante la jornada, los monitores de la Fundación María José Jove facilitan a través de rampas, sombrillas y sillas anfibias el acceso a la arena y el mar en la playa a los usuarios del programa.


Senderismo inclusivo

La actividad de senderismo inclusivo incluye 2 rutas en domingo: la primera programada para el 19 julio y la segunda para el 23 de agosto. Hay 15 plazas por ruta, que comenzarán y finalizarán siempre en las instalaciones de la Residencia Rialta, en A Zapateira.


Requisitos para participar en ESFUERZA VERANO 2020:

Actividad Ayuda en Playa: -. Personas con un grado de discapacidad igual o superior al 33% y que sean mayores de 8 años y menores de 60 años cuando se inicie el programa.

Actividades de Vela y Piragüismo inclusivos:

- Personas con un grado de discapacidad igual o superior al 33% y que sean mayores de 8 años y menores de 60 años cuando se inicie el programa.

- Personas que no tienen diversidad funcional, que sean mayores de 12 años y menores de 60 años cuando se inicie el programa y que sepan nadar.

Actividad Senderismo inclusivo:

- Personas con un grado de discapacidad igual o superior al 33%, que sean mayores de 8 años y menores de 60 años cuando se inicie el programa, que sean autónomos en las Actividades Básicas de la Vida Diaria (ABVD) y que participen con un adulto a su cargo.

- Personas que no tienen diversidad funcional y que sean mayores de 12 años y menores de 60 años cuando se inicie el programa.


En esta convocatoria, y con el fin de prevenir la posibilidad de contagios del coronavirus, no se permitirá la participación de personas que pertenezcan a grupos de riesgo, o que convivan con grupos de riesgo: diabetes, enfermedad cardiovascular, incluida la hipertensión, enfermedad pulmonar crónica, inmunodeficiencia, cáncer en fase de tratamiento activo, mujeres embarazadas, mayores de 60 años.

martes, 9 de junio de 2020

O concello licita as obras de rehabilitación do mercado de Durmideiras por 2 millóns de euros





A Xunta de Goberno local adxudicaralle os traballos de urbanización da rúa A Nosa Señora do Rosario á empresa Manuel Rivas Boquete SL, por un importe de 669.254 euros.

A Coruña, 9 de xuño de 2020.- 

A Xunta de Goberno Local aprobará na sesión extraordinaria de mañá a licitación das obras de rehabilitación integral do mercado de Durmideiras por un importe de 1.996. 345, 33 euros e un prazo de execución de 28 semanas. A reforma conta con fondos europeos e ten como obxectivo modernizar o edificio e transformalo nun punto de encontro para a veciñanza. Trátase dunha reforma integral que permitirá mellorar non só o edificio e a accesibilidade ás instalacións, senón tamén a contorna. 

O concello reactiva deste xeito obras de mellora que se atopaban paralizadas e dá resposta a unha vella demanda veciñal. O Goberno local tamén ten previsto licitar as obras de reforma do mercado de Monte Alto antes de que remate o verán. A alcaldesa, Inés Rey, asegura que a reforma é unha mostra máis do compromiso do Goberno local coa modernización dos mercados municipais para a súa rexeneración e posta en valor. “Unha clara aposta polo comercio de proximidade, tal e como quedou demostrado nesta crise sanitaria, e pola creación de espazos urbanos de calidade nos barrios”, explica.

Os proxecto de rehabilitación do mercado sitúa na planta baixa os postos de venda cun espazo no medio para uso social. A planta alta será un espazo polivalente para o que aínda no están determinados os seus usos. Ademais, liberarase o espazo interior das dúas plantas, de maneira que a de arriba quedará diáfana e apta para albergar calquera tipo de evento promovido pola veciñanza. Na planta de abaixo reorganizaranse os postos e trasladaranse ao centro para que a fachada sexa totalmente aberta á rúa. O inmoble contará cun peche de cristal en todo o seu perímetro co obxectivo de darlle unha maior visibilidade á actividade comercial.

O proxecto enmárcase dentro da Estratexia EidusCoruña, que está financiada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do eixo de desenvolvemento urbano do Programa Operativo Plurirrexional de España (POPE) 2014-2020".

A Xunta de Goberno local acordará adxudicarlle as obras de urbanización da rúa A Nosa Señora do Rosario á empresa Manuel Rivas Boquete SL, por un importe de 669.254 euros. Os traballos terán un prazo de execución de 6 meses. Excluiranse do procedemento as empresas Alvac, SA, Hordescón, SL e Ovisa Pavimentos y Obras, SLU por non alcanzar a puntuación técnica mínima prevista no prego de cláusulas administrativas deste procedemento. Estas obras están financiadas nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do Programa Operativo Plurirrexional de España 2014-2020.

Na sesión de mañá, tamén se autorizará suspender as obras de restauración do Xardín de San Carlos (financiadas nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do programa operativo plurirrexional de España 2014-2020) ata o 30 de setembro de 2020. Fixarase a data de inicio das ditas obras para o 1 de outubro de 2020. Segundo o informe técnico, o inicio dos traballos en época estival poñería en risco a supervivencia dos exemplares catalogados, en especial dos olmos centenarios.

lunes, 8 de junio de 2020

O Concello de Sada precintará o acceso ás praias en San Xoan debido á pandemia polo COVID-19


-Non se permitirán lumeiradas nin concentración de xente en lugares públicos na noite de San Xoan.

Sada, 8 xuño 2020. Sada precintará as praias na noite do 23 de xuño e anuncia que tampouco se poderán utilizar os espazos públicos para realizar fogueiras ou concentracións lúdicas para así evitar calquera tipo de rebrote polo coronavirus

Deste xeito non haberá San Xoan nas praias, nin concentracións de xente nos areais xa que estas estarán precintadas e por outra banda non se poderán utilizar espazos públicos para celebracións dita noite.

Desde o Concello de Sada salientan que a pandemia non rematou a pesar de que se estean rexistrando unhas cifras alentadoras e por iso non é momento de relaxarse nas medidas con eventos que poidan reunir centos de persoas.

Non só non se celebrarán as fogueiras de San Xoan de forma oficial este ano, tampouco de forma oficiosa. O Concello de Sada non programará ningunha actividade lúdica nas festas de San Xoan por responsabilidade e en cumprimento da normativa e recomendacións sanitarias.

sábado, 6 de junio de 2020

O concello restablece a partir do luns a totalidade do servizo de transporte urbano 



Coincidindo coa Fase 3 da desescalada que se implantará na comunidade galega, e co fin de satisfacer as necesidades de mobilidade da cidadanía no proceso cara á nova normalidade 

O servizo desenvolverase con todas as garantías de seguridade e hixiene, seguindo os mesmos protocolos de seguridade aplicados desde o inicio da crise sanitaria 

A Coruña, 6 de xuño de 2020.- Coincidindo coa implantación da fase 3 de desescalada no proceso cara á nova normalidade, a Compañía de Tranvías reactivará a partir do luns, 8 de marzo, a totalidade do servizo habitual de transporte urbano. Así, o 100% da frota sairá á rúa para atender as necesidades de mobilidade das persoas usuarias.

Durante as últimas dúas semanas o servizo xa se viu incrementado nun 30% respecto á fase 1, e con este novo paso facilitarase á cidadanía que renoven a súa actividade movéndose nun transporte público e con todas as garantías de seguridade. 

A Compañía de Tranvías manterá vixentes todas as medidas de hixiene e prevención xa establecidas como a colocación de biombos de seguridade na cabina do condutor ou as medidas especiais de limpeza e desinfección dos vehículos, que a partir da próxima semana incluirán a instalación de dispensadores de xel hidroalcohólico para as persoas usuarias. O compromiso da Compañía de Tranvías e a súa eficacia á hora de implantar as medidas de protección verase en breve referendado pola certificación AENOR fronte ao COVID-19. Este selo avala a adecuada implantación de medidas de seguridade e hixiene de maneira que as empresas e institucións poidan garantir ás persoas usuarias, as súas empregadas e empregados e á súa clientela que nas súas instalacións están a desenvolverse prácticas eficaces para a xestión dos riscos derivados do COVID-19.

viernes, 5 de junio de 2020

Cancélanse os programas formativos Bolsas USA, Acore e Idiomas do mundo ante a incerteza ocasionada pola pandemia 


O concello decide suspendelos ao non poder garantir as medidas de seguridade e de hixiene e que se desenvolvan nos termos das convocatorias anteriores 

A Coruña, 5 de xuño de 2020.- O concello cancela os programas educativos internacionais Bolsas USA 20-21, Acore e Idiomas do mundo pola incerteza xerada polo desenvolvemento da pandemia e ao non lles poder garantir ás familias e beneficiarias/os que se poidan cumprir as medidas de seguridade e de hixiene. Ante esta situación, o Goberno local decide non seguir adiante coas convocatorias por non poder asegurar que se leven a cabo os programas nos mesmos termos doutros anos. Así que deixa sen efecto a resolución en que se aprobaron as bases reguladoras das Bolsas USA, dirixidas a estudantes de 4.º da ESO, en que se lles ofrecía a opción de adquiriren un dominio avanzado da lingua inglesa coa realización dun curso equivalente a 1.º de Bacharelato nos Estados Unidos. 

Do mesmo xeito, anúlase “Idiomas do mundo 2020” que posibilitaba a estadía do estudantado de 4.º da ESO e 1.º de Bacharelato en Francia, Irlanda, Portugal e Alemaña ou Austria durante catro semanas do verán, co fin de melloraren a competencia nalgunha das linguas europeas máis faladas no mundo. Por mor da crise sanitaria internacional, tampouco se poderá desenvolver o programa Acore, en que se ofertaban cinco prazas para que tituladas/os superiores en formación profesional nos ciclos formativos de Hostalería e Turismo, Comercio e Márketing, eAdministración e Xestión realizasen prácticas en empresas de Austria, Italia e Reino Unido. 

SUMMER TALK CORUÑA 
A Concellería de Educación, en colaboración coa Federación de APAS da Coruña, porá en marcha en xullo o programa Summer Talk, con actividades de dinamización dirixidas ao alumnado da ESO para a mellora da expresión e comprensión oral da lingua inglesa.

jueves, 4 de junio de 2020

La banda "Doctor Snob" sacará nuevo disco el 20 de junio



El disco se editará oficialmente el 20 de junio, día del Record Store Day, celebración que este año se dividió en tres días y se llamará "Salvemos las tiendas de discos".

Son 5 canciones, 3 nuevas grabadas durante el 2019 (Mi rubia dorada, Perdedores y Carpe Diem) y dos grabadas en 2007 y 2011 que no tenían soporte físico (Cuéntame algo más de ti y O terrible Doctor Snob), estas últimas remasterizadas para la ocasión. 

Todas (excepto "Cuéntame algo más de ti") se grabaron en El Taller Recordings con Carlos Areán, y "Cuéntame algo más de ti" se grabó en Bonham Studios. "Cuéntame algo más de ti" es una versión de "Gatos Locos" que se iba a incluir en un disco homenaje que finalmente no se llegó a editar. 

Del diseño se encargó la ilustradora y diseñadora Paula Mayor y la foto interior es de José Luis DC. De la edición del disco se encarga Trilobite.

Puedes escucharlos en los siguientes enlaces: 

- Mi rubia dorada

Perdedores

Carpe Diem

O terrible Doctor Snob (audio sin remasterizar original de 2011)

RECREA, Campamento de verano 2020 en Rialta




Un año más la Residencia Universitaria Rialta ofrece RECREA, Campamento de Verano dirigido a niñ@s entre 4 y 12 años que en esta edición combinará juegos y gymkanas al aire libre con actividades de vela, piragüismo y salidas culturales. La actividad cuenta con todos los protocolos de prevención del Covid-19 y se desarrollará en Rialta entre el próximo 22 de junio y el 14 de agosto.

Para más información pincha aquí.