miércoles, 29 de abril de 2020

El Gobierno aprueba un plan de desescalada que se prolongará hasta finales de junio



Nota de prensa

Plan para la transición hacia una nueva normalidad (PDF)

Anexo I: Panel de indicadores integral (PDF)

Anexo II: Previsión orientativa para el levantamiento de las limitaciones de ámbito nacional establecidas en el estado de alarma (PDF)

Anexo III: Cronograma orientativo (PDF)

El mercado de la plaza de Lugo estrena un vídeo de ánimo a todos los coruñeses






Ver vídeo aquí 


 La pieza, de unos 40 segundos de duración, y en la que los propios placeros, miembros de la asociación de comerciantes de la plaza, son los actores, quiere agradecer a los clientes su confianza en estos tiempos de confinamiento, y animar a los coruñeses en esta recta final.

 --------------------------------- 
 
 A Coruña, miércoles 29 de abril de 2020.-
 
Llevan más de 40 días haciendo frente a una situación inusual, compleja y, en ocasiones, límite. Sin desfallecer, sin dejar de pelear y sin perder la sonrisa. Los coruñeses se han comportado como auténtico héroes en este confinamiento, y los placeros del Mercado Plaza de Lugo han querido agradecerles su esfuerzo y su confianza en estos tiempos, y animarles a mantener las fuerzas en la desescalada anunciada ayer por el presidente del gobierno.
 
La pieza, de unos 40 segundos de duración, ha sido distribuida en las redes sociales del Mercado Plaza de Lugo -facebook e instagram-, y cuenta con la participación de algunos de los placeros asociados, que, en representación de todos los miembros de la asociación, y con un guion lleno de humor, han querido agradecer personalmente a los coruñeses su responsabilidad y buen hacer en este tiempo de confinamiento, y la confianza depositada en los puestos del mercado.
 
Durante estos 40 días el servicio de reparto a domicilio ha aumentado considerablemente, permitiendo a muchos clientes hacer sus compras sin salir de casa, y los puestos han aumentado sus medidas de protección y seguridad para garantizar que la compra en el mercado es completamente segura. 
 

lunes, 27 de abril de 2020

O concello decretará o próximo luns loito oficial polas vítimas do coronavirus




A medida foi adoptada por unanimidade de todos os grupos políticos na Xunta de Voceiros que se realizou esta mañá en María Pita. 

O próximo 4 de maio, as bandeiras ondearán a media hasta no pazo municipal e realizarase unha declaración oficial 


A Coruña, 27 de abril de 2020.- O concello decretará loito oficial o luns 4 de maio polas vítimas do coronavirus. As bandeiras do pazo municipal ondearán a media  hasta, en lembranza das persoas falecidas polo Covid-19. A medida foi adoptada por unanimidade de todos os grupos políticos da corporación. Así o anunciou esta mañá a alcaldesa, Inés Rey, tras a Xunta de Voceiros que se desenvolveu en María Pita e na que, ademais da rexedora e do portavoz do Goberno local, José Manuel  Lage, estiveron presentes as/os voceiros de Marea Atlántica e do Partido Popular,  María García e Roberto Rodríguez, o voceiro do Bloque Nacionalista Galego, Francisco Jorquera, e a voceira de Cidadáns, Mónica Martínez. 

“Acordouse por unanimidade declarar loito oficial en recordo de todas as persoas que faleceron nesta crise sanitaria, pola terrible traxedia que supón perder a un ser querido sen poder choralo nin despedilo”, anunciou a alcaldesa. Todas as voceiras e voceiros, dixo, cremos necesario e xusto gardar dó polas veciñas e veciños coruñeses que faleceron nesta pandemia, que suman na área sanitaria da Coruña un total de 114 persoas. A Xunta de Voceiros tamén acordou asinar unha declaración institucional que recolle a dita medida.

Por outra banda, o Concello da Coruña ten previsto adherirse ao loito oficial se así o decretaren o Goberno do Estado ou a Xunta de Galicia.

sábado, 25 de abril de 2020

La Autoridad Portuaria de A Coruña implanta medidas económicas para facilitar liquidez a sus proveedores y clientes



- Desde el 13 de marzo se abonaron a los proveedores 260 facturas, por importes que suman 1,75 millones de euros

- El plazo de pago es inferior a dos semanas, lo que proporciona liquidez a numerosas empresas de sectores muy diversos

- La Autoridad Portuaria aplica a sus clientes las medidas orientadas al aplazamiento de pagos y la reducción de tasas, evaluando las vías de ayuda más adecuadas a cada caso

- Enrique Losada subraya el compromiso con la competitividad de las empresas y reconoce el esfuerzo de la comunidad portuaria para garantizar el pulso económico y los suministros a la población

A Coruña, 25 de abril de 2020. La Autoridad Portuaria de A Coruña ha puesto en marcha una serie de medidas de carácter económico destinadas a facilitar liquidez a sus proveedores y a las empresas usuarias del puerto, especialmente a aquellas que se han visto más afectadas por la pandemia provocada por el coronavirus.

Así, el pago a los proveedores se ha agilizado de forma que el plazo medio de abono de las facturas se ha reducido a solo 12 días. El presidente de la Autoridad Portuaria, Enrique Losada, solicitó a todos los departamentos de la entidad un esfuerzo para reorganizar el trabajo de forma telemática y atender con carácter prioritario las necesidades de las empresas, lo que se ha traducido hasta el momento en el pago de 260 facturas por importe de 1,75 millones de euros.

El 11 de marzo, cuatro días antes de la declaración del estado de alarma, la Autoridad Portuaria ya comenzó a prepararse para la situación que era previsible, lo que permitió abonar solo dos días después, el 13 de marzo, todas las facturas que se habían recibido y autorizado hasta el día anterior, un total de 53 recibos que sumaban 435.000 euros. Desde entonces y hasta el día de hoy, se pagó a los proveedores otras 207 facturas, por 1.315.000 euros. En total, 1,75 millones que han llegado a múltiples empresas de sectores muy diversos.

Asimismo, con el fin de apoyar a las empresas que conforman la comunidad portuaria de A Coruña, la Autoridad Portuaria ha aplicado desde el primer momento las disposiciones recogidas en las Recomendaciones efectuadas por Puertos del Estado el 19 de marzo, y desde esta semana en el Real Decreto de medidas urgentes que entró en vigor el 22 de abril.

Entre las acciones que están en marcha figuran el aplazamiento de los pagos de tasas y liquidaciones, sin intereses ni necesidad de garantías adicionales, así como la rebaja de la cuantía de las tasas portuarias en los casos en que estén permitidos, evaluando la situación concreta con cada operador y aplicando las bonificaciones y vías de ayuda que se adapten mejor a cada caso.

Con todas estas medidas, la Autoridad Portuaria quiere plasmar su compromiso con el impulso a la competitividad de las empresas coruñesas, con el objetivo de apoyar al tejido productivo y en consecuencia a todos los trabajadores en estos momentos de dificultades.

Enrique Losada ha subrayado asimismo su reconocimiento a la comunidad portuaria y al conjunto de los profesionales, tanto de organismos oficiales como de entidades privadas, que hacen posible el óptimo funcionamiento de la actividad portuaria a pesar de las restricciones existentes, y con garantías de seguridad. “Este esfuerzo colectivo –indico- permite mantener el pulso a nuestros cientos de operadores y usuarios, y, además, garantiza el abastecimiento a la población de bienes de primera necesidad como pescado, carburantes o graneles agroalimentarios, entre otros”.

La Autoridad Portuaria continuará aplicando todas las medidas que estén a su alcance para impulsar la recuperación económica e industrial en su área de influencia. A pesar de que las oficinas están cerradas al público, todas las áreas de gestión del organismo están activas y a disposición de los operadores con fórmulas de trabajo no presencial.

O Concello de Sada solicita conciencia medioambiental




O Concello de Sada, a través da concelleria de Medio Ambiente, fai un chamamento a realizar un uso axeitado do servizo de recollida do lixo, a realizar o separativo e depositalo dentro dos colectores correspondentes nas horas axeitadas, máis neste tempo onde é imprescindible concienciarnos dunha maior limpeza polo que estas actitudes incívicas supoñen un perigo para todos os veciños e veciñas. 

Non é a primeira vez que desde o Concello de Sada se lembra a prohibición de depositar lixo, entullo, mobles ou residuos voluminosos en lugares non autorizados, mais, debido ao incremento detectado de depósitos incontrolados e de actitudes de mal uso dos contedores de lixo o Concello reitera a petición da necesidade de adoptar dinámicas cívicas e respectuosas co medio ambiente. Lémbrase tamén o carácter sancionable deste tipo de comportamentos e a necesidade do compromiso e a colaboración cidadá á hora de loitar contra este tipo de actitudes. 

O Concello de Sada, a través do Consorcio das Mariñas, dispón dun servizo de retirada de residuos voluminosos (mobles, electrodomésticos, colchóns, somieres, etc) totalmente de balde, previa chamada ao 981 795524. 

miércoles, 22 de abril de 2020

O Goberno local prepara xa o desconfinamento, que comezará pola desinfección de espazos públicos para garantir a seguridade das nenas e nenos




A alcaldesa Inés Rey reuniu ao seu goberno para analizar as medidas a tomar, que hoxe constaron tamén na entrega de 15.000 novas máscaras en mercados, transporte público ou entre o voluntariado e que se ampliarán cun modificativo negociado co resto da Corporación

A Coruña, 22 de abril de 2020.- A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, reuniu ao seu goberno a primeira hora desta mañá no Pazo de María Pita para analizar as medidas e servizos que se porán en marcha de cara ao inminente inicio do “desconfinamento” así como para seguir profundando nas actuacións que desde o Concello se están a tomar de cara á recuperación económica da cidade tras a crise provocada polo Covid-19. Unha vez coñecido que o goberno central comezará a rebaixar as restricións xerais derivadas do Estado de Alarma nos próximos días, o executivo local acordou un novo paquete de de medidas urxentes para abordar a nova fase da emerxencia. Así, entre outras medidas, unha das primeiras será a desinfección das zonas verdes e parques públicos, pechados até agora, para así darlle a maior seguridade aos necesarios paseos controlados das nenas e nenos, así como reapertura do servizo público de alugueiro de bicicletas, que hoxe mesmo se puxo en marcha, ou os programas que, segundo as indicacións do Goberno central, haxa que poñer en marcha desde o concello para paliar a moi probable cancelación de eventos festivos de carácter masivo. 

“Un goberno ten que ser previsor, e esa é a nosa vocación. Levamos moitas medidas postas en marcha e sabemos que haberá que reforzalas e amplialas, polo que hoxe decidamos tres horas de xuntanza para perfilalas e evitar, dentro do posible, a improvisación. Polo seu coñecemento do terreo e a súa capacidade para escoitar directamente as demandas veciñais, os concellos somos as administracións máis preparadas para xestionar o desconfinamento e, á vez, seguir poñendo os alicerces da recuperación económica”, indicou a alcaldesa tras a reunión, que tivo lugar no Salón Dourado do Pazo de María Pita, coas correspondentes precaucións, e na que participaron todos os concelleiros e concelleiras, agás a titular de Turismo, Diana Cabanas, que o fixo de forma telemática.

O Goberno local profundou na situación de emerxencia sociosanitaria e estudou os programas e actuacións municipais que non se poderán executar e que, por tanto, se reorientarán de cara ao plan de reactivación económica en que se está traballando de forma conxunta co resto de grupos políticos. Neste sentido, Rey apuntou que buscará “o consenso con todas as forzas municipais nas Comisións de Facenda, que empezarán esta semana, ante unha posible modificación do Orzamento 2020 para facer fronte á necesaria reactivación económica e ao previsible aumento da emerxencia social, prioridade que, como levamos facendo desde o comezo do mandato, construiremos desde o diálogo”.

Así mesmo, durante a xuntanza, o equipo de goberno avaliou a situación de cada un dos seus departamentos e a evolución dos programas postos en marcha desde o inicio do Estado de Alarma decretado polo Goberno central. Así, abordáronse, entre outras cuestións, os dispositivos de emerxencia social para xente sen fogar tras o aumento da demanda observada nos últimos días ou a distribución de equipos de protección entre as e os traballadores municipais e de concesionarias de servizos esenciais. Esta mesma mañá repartíronse 15.000 máscaras máis entre as e os vendedores de mercados municipais, transporte público, empregadas/os do SAD, voluntarias/os, e servizos de Medio Ambiente, que se suman ás 25.000 distribuídas desde o principio desta crise.

O Goberno local considera “especialmente importante" a decisión de manter o emprego tras garantir a continuidade de todos os contratos dos servizos públicos. “Non se suspendeu ningún convenio desde o inicio da crise nunha aposta firme polo mantemento dos postos de traballo na cidade”, afirmou Inés Rey.

Por outro lado, falouse dos programas de ampliación do servizo de atención cidadá 010; co incremento dos postos de atención do servizo e de horas de traballo; o funcionamento do voluntariado; o repartimento dos menús escolares ás familias máis vulnerables (máis de 10.500 até este momento); o servizo “Acompáñote”, de atención ás e aos nosos maiores e para combater a soidade; o incremento do talón restaurante para persoas vulnerables e os comedores sociais; ou o servizo especial no confinamento de atención ás vítimas de violencia de xénero. Ademais, o Goberno local analizou o programa de apoio educativo “Ninguén atrás” de axuda ás familias sen acceso aos recursos didácticos e educativos, que se iniciou hoxe precisamente co repartimento de material nos fogares que demandaron o servizo.

As e os concelleiros avaliaron tamén a moratoria no prazo dos pagos de alugamento para persoas en situación de vulnerabilidade económica e social e, neste sentido, os trámites destinados ás e aos arrendatarios de vivendas municipais. Ademais, trataron a evolución do servizo de mediación posto en marcha por Benestar Social para a resolución de conflitos vecinais e persoais, en colaboración co Círculo de Mediación de Galicia (Cimega). Do mesmo xeito, analizaron a afluencia de vehículos de sanitarias/os nos aparcadoiros do Materno infantil, Abente e Lago, e do Oncolóxico, para coñecer os datos de ocupación das prazas por se for preciso amplialas nas próximas semanas.

“O balance do feito até agora desde o concello, nunha situación inédita e moi complicada, é razoablemente positiva, pero non se trata de mirar atrás senón de manter ou acelerar o ritmo, porque hai moito camiño por percorrer, labor no que será fundamental o apoio que recibamos por parte doutras administracións, coas que nos coordinaremos e coas que é seguro que acadaremos, entre todas e todos e con unidade, vencer ao virus e ás súas consecuencias”, resumiu a alcaldesa, que volveu solidarizarse coas vítimas e agradeceu o traballo das persoas que combaten en primeira liña o Covid-19, entre elas, o cadro de persoal municipal.

Ibermutua gallega reconoce la prestación extraordinaria por cese de actividad a 14.400 autónomos de Galicia



  • El importe total de las prestaciones tramitadas y reconocidas por la Mutua en esta Comunidad Autónoma, desde la entrada en vigor de la prestación y hasta el 17 de abril, asciende a 11,1 millones de euros.
  • El 76% de las prestaciones reconocidas en Galicia corresponde a solicitudes de autónomos que han tenido que cesar su actividad por el estado de alarma y el 24% a autónomos con bajadas de ingresos en, al menos, un 75% en relación con la efectuada en el semestre anterior.
  • A nivel nacional, Ibermutua ha reconocido esta prestación extraordinaria a cerca de 72.000 beneficiarios, con un importe total de 54,1 millones de euros.
  • Se han reconocido 9 de cada 10 solicitudes presentadas, gestionando el 25% de todas las prestaciones extraordinarias por cese de actividad reconocidas en Galicia.
 
(A Coruña, 22 de abril de 2020). Ibermutua gallega ha reconocido prestaciones extraordinarias por cese de actividad a 14.398 trabajadores autónomos de la Comunidad Autónoma de Galicia que se han visto afectados por la declaración de estado de alarma para la gestión de la situación de crisis sanitaria ocasionada por el COVID-19, con un importe total superior a 11,1 millones de euros. En concreto, Ibermutua gallega ha gestionado y abonado el 25% de todas las prestacionesextraordinarias por cese de actividad reconocidas en esta Comunidad a los trabajadores por cuenta ajena.
 
Se trata de una nueva prestación extraordinaria por cese de actividad, establecida en el Real Decreto-ley 8/2020, de 18 de marzo y cuya vigencia está limitada a la duración del estado de alarma, que está dirigida a los trabajadoresautónomos que hayan tenido que cerrar su negocio, y cuya actividad se encuentre recogida en el listado de CNAE´s (Clasificación Nacional de Actividades Económicas) que ha establecido la Administración de la Seguridad Social. Este listado tiene un carácter orientativo, y no excluye a aquellas actividades que, aun no estando recogidas en él, hayan tenido que cesar forzosamente por entenderse susceptibles de haber sido suspendidas en el contexto actual del estado de alarma.  Esta prestación, que puede solicitarse hasta el último día del mes siguiente a que termine el estado de alarma, está también dirigida a trabajadores autónomos que demuestren que su facturación del mes anterior a la solicitud se ha visto reducida, al menos, en un 75% en relación con el promedio de facturación del semestre natural anterior. 



 
En Galicia, de las prestaciones reconocidas por Ibermutua, 10.913 (el 76%) son solicitudes realizadas por autónomos que han tenido que cesar su actividad durante el estado de alarma, mientras que 3.485 (24%) prestaciones solicitadas a la Entidad hasta el momento son de trabajadores autónomos que reconocen una bajada de ingresos en, al menos, un 75% en relación con la efectuada en el semestre anterior.

A nivel nacional,Ibermutua ha gestionado y reconocido esta prestación extraordinaria por cese de actividad para 71.700 beneficiarios, lo que supone el 12% del total de prestaciones reconocidas por el conjunto del sector de Mutuas, con un importe total de 54,1 millones de euros.
 
Con el objetivo de facilitar al máximo la tramitación de esta prestación económica a los autónomos adheridos a la Entidad susceptibles de solicitarla, Ibermutua ha desplegado, en un breve espacio de tiempo, tanto un formulario online para presentar la solicitud de una manera ágil a través de su en la página web, como una campaña informativa digital(web, newsletter y de atención directa en redes sociales), dirigida tanto a su colectivo de autónomos protegidos como a la red de asesorías y despachos profesionales que gestionan estos profesionales, con la información y novedades de esta prestación.
 
Sobre Ibermutua
 
Ibermutua es una entidad colaboradora con la Seguridad Social de ámbito nacional, cuya actividad, que depende del Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones, consiste en la cobertura de las contingencias  profesionales (accidente de trabajo y enfermedad profesional), que incluye la asistencia sanitaria, la rehabilitación, el abono de la prestaciones económicas derivadas del accidente de trabajo y enfermedad profesional -incapacidad temporal, lesiones permanentes no invalidantes, incapacidad permanente (parcial, total, absoluta y gran invalidez), muerte y supervivencia (auxilio por defunción, viudedad, orfandad y en favor de familiares), riesgo durante el embarazo, riesgo durante la lactancia natural y la prestación económica para el cuidado de menores afectados por cáncer u otra enfermedad grave-  y la mejora de las condiciones de trabajo y salud en las empresas; la gestión de la incapacidad temporal (baja laboral) por contingencia común (enfermedad común y accidente no laboral);  y la protección por cese de actividad de los trabajadores autónomos.
 
En la actualidad, la entidad cuenta con cerca de 120 centros propios distribuidos por toda la geografía española. La Mutua protege a un colectivo de más de 1,5 millones de trabajadores y al 9% de los autónomos de nuestro país, da cobertura a cerca de 170.500 empresas, situándose como la tercera mayor Mutua Colaboradora con la Seguridad Social por cuota de mercado.

O concello reactiva a partir de mañá o servizo de BiciCoruña e será obrigatorio utilizar luvas durante todo o traxecto






O Goberno local considera que as bicicletas son un medio de transporte máis seguro e adecuado para evitar a concentración de persoas noutros medios de transporte público, ao facilitar o distanciamento social

O seu uso está restrinxido a aquelas actuacións permitidas polo estado de alarma, como o traslado xustificado ao posto de traballo e ás consultas médicas

A Coruña, 22 de abril de 2020.- O concello reactiva desde mañá o servizo de alugamento de bicicletas de uso público municipal BiciCoruña, tras establecer un protocolo que reforza as medidas de limpeza e desinfección das biacicletas e das instalacións, co fin de garantir a seguridade da cidadanía. Para usalas, será obrigatorio levar luvas.

O Goberno local considera que, ao reactivárense algúns sectores, é necesario facilitar a mobilidade da veciñanza dunha maneira segura. A bicicleta, explican, ao ser un modo de transporte individual, permite o distanciamento social necesario, imprescindible para evitar contaxios e cumprir coa normativa establecida no estado de alarma decretado polo Goberno de España.

Durante as semanas de suspensión do servizo, EMVSA, empresa pública xestora do dito servizo, limpou e desinfectou todas as bicicletas, bases de estacionamento, furgonetas de repartimento e o resto das infraestruturas, con produtos desinfectantes homologados. Estas tarefas continuaranse desevolvendo a diario coa finalidade de reducir e minimizar, na medida do posible, os riscos para as persoas usuarias e evitar contaxios. 

Así mesmo, EMVSA adoptará as medidas necesarias para que o persoal traballador de Bicicoruña en contacto co servizo cumpra todas as medidas sanitarias preceptivas para desempeñar as súas funcións na reparación de bicicletas e mais na repartición destas polas estacións da cidade.

A reapertura efectuarase de maneira gradual para todas e todos os usuarios habituais, así como para quen se dea de alta a partir mañá, atendendo ás necesidades e demandas detectadas. As persoas usuarias poderanse informar a través da web www.bicicoruna.es.

As estacións reabriranse de luns a venres, das 7.30 ás 20.30 horas. O horario do sábado será de 7.30 a 14.30 horas. O domingo e o resto dos festivos permanecerán cerradas. Só se poderán utilizar as bicicletas para realizar traxectos xustificados e permitidos polas autoridades no estado de alarma e durante o tempo necesario para iso. Nun primeiro momento, instalaranse só tres bicicletas en cada estación. Ademais, será obrigatorio usar luvas de protección (durante todo o traxecto, así como na retirada e depósito da bicicleta en cada estación) e seguir as normas de hixiene, seguridade e distancia social aprobadas polas autoridades sanitarias. Ademais, as e os usuarios evitarán tocar a estación aparca-bicicletas e as partes das bicicletas que non sexan necesarias para poder conducilas.

A Policía Local será a encargada de velar porque as persoas usuarias cumpran as normas. Pola contra, poderán ser sancionadas e mesmo poderían retirarlles o abono de BiciCoruña se incumpriren estas indicacións. Os responsables municipais, sen prexuízo do que dispoñan en cada momento as normas sanitarias, recomendan levar durante os traxectos un documento que xustifique o desprazamento, e recomendan tamén usar unha máscara de protección.

Até que finalice o estado de alarma, os abonos anuais das e dos usuarios activos prorrogaranse desde o peche do servizo (13 de marzo de 2020), sen que sexa necesario que a persoa usuaria contacte con atención ao cliente ou rexistre unha incidencia.

Calquera xestión, poderase tramitar a través do correo electrónico a contacto@emvsa.es ou chamando aos teléfonos 981 910 460 e 881 922 316.

martes, 21 de abril de 2020

O Servizo Municipal de  Bibliotecas do Concello da Coruña “móllase polos libros”




Os centros municipais lanzan unha campaña polo Día do Libro en que apostan  polo acceso universal á cultura e preparan actividades que difundirán a través de  medios convencionais para lle achegar a lectura á cidadanía que non se manexa  nas redes.

A Coruña, 21 de abril de 2020.- O Servizo Municipal de Bibliotecas do Concello da Coruña  lanza a campaña “Mollámonos polo libro”, en que amosa o seu compromiso co sector do  libro e aposta por lles dar acceso á cultura a todos os públicos. Con motivo do Día do Libro,  que se conmemora este xoves, a Rede de bibliotecas municipais da Coruña únese ás  diferentes manifestacións que se están dando no mundo da cultura para pór en valor este  obxecto con tapas e a todas e todos os axentes implicados nel co fin de que non se queden  atrás. 

Baixo o lema “Mollámonos polo libro”, a campaña evidencia a fraxilidade dun sector que  vive o seu día grande no medio dunha ameazante tormenta. Por iso, desde os centros  bibliotecarios quérenlles lanzar unha mensaxe de unidade e apoio a todas as actrices e  actores do mundo do libro. 

Esta orixinal iniciativa lidera un programa de actividades dirixidas a todos os públicos que,  xunto coa súa programación actual (que se pode atopar baixo o cancelo  #BibliotecaenCasa), definirán a adaptación do servizo municipal nun contorno atípico onde  os medios de comunicación constitúen un aliado indispensable para que as persoas  usuarias se poidan introducir no sistema bibliotecario da cidade. 

Ademais da información publicada na páxina web e dunha programación diaria nos espazos  virtuais (blogs e perfís de Facebook, Twitter e Instagram), en que se ofrecen recursosformativos e informativos, contacontos e divertidos retos, a rede de bibliotecas municipais  impulsa o seu compromiso coa democratización da cultura e cos colectivos non conectados  mediante a presentación de programas deseñados para a súa execución en medios de  comunicación convencionais. 

Deste xeito, as bibliotecas da Coruña presentarán “Lemos para ti”, un conxunto de  narracións orais que as traballadoras e traballadores dos centros difundirán a través da súa  canle de Spotify e na radio, un medio imprescindible para que a cidadanía menos  familiarizada coas redes poida desfrutar da literatura.

Comunicado de la dirección de Atlantic Pride


A Coruña, martes 21 de abril de 2020.-
 
Tras varias semanas de reflexión, y haciendo de tripas corazón, la dirección de Atlantic Pride, El Orgullo del Norte, ha decidido cancelar la edición 2020 del festival, prevista para la semana del 5 al 12 de julio.
 
La actual situación sanitaria y económica originada por la pandemia COVID19 nos ha llevado a tomar esta decisión, pensando en todo momento en la salud y el bienestar de nuestros espectadores, a los que ya consideramos amigos, y de los artistas participantes. Tomamos, pues, esta dura decisión, basándonos en la responsabilidad de garantizar el buen desarrollo de un proyecto en el que creemos fervientemente.
 
Desde la dirección de Atlantic Pride, El Orgullo del Norte, queremos agradecer a todas las partes implicadas su trabajo y responsabilidad: A las administraciones públicas, que nos han apoyado desde el principio y facilitado el trabajo; a los patrocinadores, que confiaron en una primera edición cuyo éxito fue incontestable, y que, estamos seguros, volverán a apostar por nuevas ediciones en cuanto todo esto se normalice; a los artistas, que se sumaron al proyecto con toda la ilusión y el talento; y al público, que respaldó nuestra propuesta y demostró que un festival inclusivo, sin barreras y sin etiquetas es, no solo posible, sino necesario.
 
El equipo de Atlantic Pride, El Orgullo del Norte, trabaja desde ya mismo para que la propuesta siga creciendo y madurando en cuanto todo esto pase. Mientras tanto, y desde nuestras casas, os pedimos que no desfallezcáis. Todo pasa, y esto también pasará. Ánimo.


sábado, 18 de abril de 2020

El Festival Fica Na Casa Fest celebra su cuarta edición reuniendo a numerosos profesionales de la industrial musical



- La Asociación Cultural Galicia Molona organiza la IV, y última, edición de este festival streaming. 

- Al igual que en ocasiones anteriores, colaboran con el movimiento solidario #YoMeCorono (www.yomecorono.com). 

A Coruña. 18 de abril del 2020. Este sábado, el colectivo cultural Galicia Molona organiza la cuarta, y última, edición del festival streaming Fica Na Casa Fest, para animar al público gallego durante este período de confinamiento y colaborar en la lucha contra la pandemia del Covid-19 a través de la campaña #YoMeCorono (www.yomecorono.com). 

En esta ocasión se centra en varias charlas, con profesionales de referencia de la industria musical gallega, que analizarán el impacto de la crisis del Covid-19 en el presente y el futuro en el sector. 

Empezarán a las 16:00 con Javier Becerra, periodista de La Voz de Galicia, especializado en música y cultura; tras él, a las 16:30, el protagonista será Xaime Miranda, director de videoclips, ganador del último Mestre Mateo a mejor videoclip por “Esquimales” (Heredeiros da Crus); a las 17:00 llegará el turno de Arturo Rodríguez (Indomable), uno de los muchos artistas afectados por esta crisis; y a las 17:30 será el turno de una de las músicas más relevantes de la esfera alternativa gallega, Anxela Baltar (voz y guitarra de Bala). Para finalizar el bloque de charlas, contarán con Chus Rodríguez, parte importante del colectivo cultural Tele-Clube de Lugo. 

Por último, desde las 19:00 y hasta las 22:00, nos ofrecerán tres sesiones de música de la mano de tres Djs de gran prestigio: O Neno Albino, Bañobre Dj y Schulz Dj. 

Las charlas y las actuaciones podrán seguirse en directo a través de la página web de la asociación (www.galiciamolona.com).

miércoles, 15 de abril de 2020

A G2 emite esta fin de semana o torneo benéfico virtual que enfronta aos tres equipos galegos de fútbol profesional



Celta de Vigo, Deportivo da Coruña e Club Deportivo Lugo competirán neste evento on line organizado por ABANCA, onde a recadación será destinada ao SERGAS

Santiago, 15.04.2020.- Esta fin de semana a segunda canle da Televisión de Galicia terá unha cita cos afeccionados ao fútbol e emitirá, en directo, o torneo solidario virtual de FIFA 20 en que competirán o Celta de Vigo, o Deportivo da Coruña e o Club Deportivo Lugo para recadar fondos na loita contra a COVID-19. Organizado por ABANCA, este evento celebrarase o 17, 18 e 19 de abril entre as 19:30 e as 20:30 horas e destinará os fondos ao Servizo Galego de Saúde (SERGAS).

Desde o venres, os representantes de cada equipo e algunhas caras coñecidas da Televisión de Galicia collerán os mandos da consola e xogarán apoiando ao seu club. O Celta de Vigo estará representado polos futbolistas Denis Suárez e Brais Méndez e os presentadores Fran Cañotas e Duarte Galbán. No equipo do Deportivo da Coruña participarán Mujaid e Mollejo, xunto co actor Marcos Pereiro e o presentador da TVG Rodrigo Vázquez.

O Club Deportivo Lugo xogará con Yanis Rahmani e Jaime Seoane, co guionista Víctor Grande e con Brais Doval, presentador do programa da TVG `Malicia Noticias´ e colaborador do programa ‘Déitate’ da Radio Galega. A xornalista de deportes da TVG, Rocío Candal, narrará estes encontros, que poderán seguirse a través da G2, da páxina web desafio.abanca.com e por Facebook Live.

A CRTVG demostra, unha vez máis, o seu apoio ao deporte galego e ás iniciativas solidarias que se desenvolven en moitos eidos sociais e deportivos nesta crise sanitaria fronte a coronavirus. Na primeira fin de semana de abril xa a Radio Galega narrara o Torneo de Fútbol Virtual LFM, participado por clubs de 2ª División B e da Terceira galega.

martes, 14 de abril de 2020

As voluntarias e voluntarios de Protección Civil repartiron máis de 2.000 menús durante o estado de alarma



O corpo realizou 94 compras de alimentos e fixo até 433 entregas de material de  prevención nun período de confinamento en que chegaron ás 2.559 actuacións  de cara a lle facilitar a vida á veciñanza que non pode saír da casa 

A Coruña, 14 de abril de 2020.- As voluntarias e voluntarios do corpo de Protección  Civil repartiron 2.015 menús desde que se decretou o estado de alarma até a  semana pasada, unha tarefa que se intensificou especialmente nos últimos días en  que chegaron a distribuíren 455 menús ente as xornadas do 6 e do 7 de abril e 409,  os días 8 e 9. 

Ademais, fixeron 94 compras de alimentos a particulares e levaron material de  protección a outras/os 433 nun período en que asumiron outros labores como o de  animar a rapazada que está de aniversario, acudindo á súa rúa a cantarlles os  parabéns. As e os efectivos déronlles sorpresas a 17 nenas e nenos da cidade  desde que comezaron o 3 de abril. 

En total, sumaron un total de 2.559 actuacións nestas semanas de confinamento  nos fogares. Canto ás persoas cooperantes, déronse períodos en que colaboraron  até 70 operarias/os de Protección Civil pero tamén contaron a maiores con persoas  inscritas no equipo de voluntariado no concello, co fin de cubrir as necesidades  básicas da veciñanza e, en todo, caso, rexistrouse unha media de máis de 50cooperantes a pé de rúa co obxectivo de lles facilitar a vida ás persoas que por seren dependentes ou teren a súa mobilidade reducida, non poden saír da casa.  

domingo, 12 de abril de 2020

As empresas adxudicatarias do concello retoman este luns a súa actividade



Activaranse tamén os trámites para que as firmas que recentemente gañaron os concursos convocados polo Goberno local inicien as actuacións 

A Coruña, 12 de abril de 2020.- As empresas adxudicatarias e concesionarias dos distintos concursos convocados polo concello retomarán as súas obras e servizos  este luns despois de seren suspendidas de actividade até o pasado día 9 de abril  segundo o Real decreto lei 10/2020. Ademais, activaranse todos aqueles trámites  que lles permitan iniciar as actuacións ás firmas recentemente adxudicadas.  

Desde o Goberno local, recórdanlles a todas elas que teñan en conta a guía de  boas prácticas para a súa volta ao traballo, información que está subida no BOE  (Boletín Oficial do Estado) e que atende a reforzar a prevención de riscos laborais  do persoal, desde o seu desprazamento ás obras até a súa saída. Aborda medidas  de tipo organizativo como son a xornada continua e por quendas e as pausas, así  como potencia as medidas de hixiene e recomenda outras como a distancia de  seguridade e o uso de luvas e de máscaras eficaces en tarefas que requiran que  dúas persoas estean a menos de dous metros, seguindo os procedementos  establecidos polo Ministerio de Sanidade. 

En materia de Mobilidade, manteranse as medidas adoptadas antes deste parón e a  suspensión dos prazos administrativos ao proseguir o estado de alarma.

sábado, 11 de abril de 2020

O concello e a Delegación do Goberno poñen en marcha un plan de desinfección na cidade con camións que nebulizarán 22.000 litros de hipoclorito en cada viaxe


A alcaldesa, Inés Rey, agradeceu a colaboración da Delegación do Goberno para desenvolver esta titánica tarefa de limpeza en toda a cidade

A Coruña, 11 de abril de 2020.- O concello e a Delegación do Goberno porán en marcha un sistema de desinfección por toda a cidade que consistirá na nebulización dunha solución de hipoclorito cargada en dous camións de Demarcación de Estradas do Estado de enormes dimensións.

Os vehículos, que xa participaron na desinfección das zonas máis afectadas polo Covid-19 na Comunidade de Madrid, teñen tanques con capacidade para 10.000 e 12.000 litros, e traballarán nas principais rúas da cidade, como as roldas de Nelle e Outeiro, Linares Rivas, Manuel Murguía, a avenida de Arteixo ou o paseo marítimo. Medio Ambiente deseñou a ruta pola que pasarán os camións, que irán escoltados en todo momento por axentes da Policía Local debido ás súas grandes dimensións. O obxectivo é realizar unha desinfección xeral dos espazos públicos, das principais rúas e zonas de paso para eliminar partículas contaminadas que poidan causar contaxios de Covid-19. Estes vehículos foron empregados tamén no recinto feiral de Ifema, onde se instalou o hospital de campaña que agora atende a centos de persoas enfermas afectadas polo virus. A alcaldesa agradece a colaboración da Delegación do Goberno en Galicia nesta tarefa de desinfección, xa que é a primeira vez que estes vehículos se desprazan á comunidade galega. “O obxectivo é común para todas as administracións públicas e, neste caso, póñense os recursos do Estado e da cidade para combater unha pandemia que ten as e os coruñeses confinados desde o pasado 13 de marzo”. 

RUTAS

Unha vez que se reestruturen os equipos de desinfección da Concellería de Medio Ambiente e de CESPA, as primeiras rutas asignadas aos camións de Estradas do Estado, son:

RUTA 9, de 2 quilómetros e 5 minutos de duración, irá desde Santo André e praza de Pontevedra até Juan Flórez.
RUTA 10, dun quilómetro e nun tempo estimado de catro minutos, transcorrerá pola praza de Portugal, avenida da Habana e Manuel Murguía.
RUTA 11, de 5 quilómetros e 22 minutos, pasará pola praza de Mina, rúa Compostela, praza de Galicia, praza de Lugo, Médico Rodríguez, avenida de Arteixo, Federico Tapia, avenida de Fisterra e Palomar.
RUTA 12, de 7 quilómetros e 15 minutos de duración, centrarase no campus de Elviña.
RUTA 13, de 5 quilómetros e 5 minutos de duración, irá por Alfonso Molina e Pedralonga até a estrada de Eirís polo Oncolóxico.

CESPA encargarase das rúas que, debido ás súas dimensións, non permitan manobrar os camións de Estradas do Estado. 

Nos próximos días, remitiranse o resto dos percorridos que están sendo estudados polo persoal técnico da Concellería de Medio Ambiente, e mais os de CESPA, para seren reestruturados..

jueves, 9 de abril de 2020

Benestar Social colabora con  varias superficies comerciais nunha campaña de doazón de alimentos



Os víveres doados nesta iniciativa que promove a concellería son destinados á Cociña Económica, Cáritas e o Banco de Alimentos Rías Altas 

A Coruña, 9 de abril de 2020.- A Concellería de Benestar Social, Igualdade e Participación, en colaboración con Vegalsa, El Corte Inglés e Gadisa, inicia unha campaña de recollida de alimentos a favor da Cociña Económica, Cáritas e o Banco  de Alimentos Rías Altas, que se prolongará ata o 20 de abril. 

As persoas interesadas en colaborar doando alimentos para este fin terán á súa  disposición nestas superficies comerciais do termo municipal carros para poder realizar as súas doazóns, que posteriormente serán recollidas polas diferentes  entidades. 

A recollida de alimentos en El Corte Inglés xa comezou a pasada fin de semana, e  Vegalsa iniciouna o pasado luns día 6 de abril en 14 tendas Eroski Center e Familia.  Pola súa banda, Gadis comezará a campaña de recadación o vindeiro martes día 14 nos 33 supermercados que a empresa galega ten na cidade. 

Esta campaña súmase ás numerosas iniciativas que a Concellería de Benestar Social está a liderar e desenvolver durante a crise do coronavirus para axudar e  protexer os colectivos máis vulnerables da cidade. As tres cadeas de supermercados colaboraron coa concellería en diferentes iniciativas durante esta  crise.

lunes, 6 de abril de 2020

Descubre el MUNCYT sin moverte de casa 


El Museo Nacional de Ciencia y Tecnología, MUNCYT, se une a la iniciativa  #CienciaEnCasa junto a los organismos dependientes del Ministerio de Ciencia e  Innovación para que los ciudadanos puedan disfrutar de la ciencia sin necesidad de  salir de casa. 

Visitas virtuales a las sedes del Museo, retos científicos en redes sociales y  publicaciones, son algunas de las propuestas divulgativas que ofrece el Museo para  disfrutar y aprender de ciencia y del MUNCYT desde casa. 

Madrid, 6 de abril de 2020. El Museo Nacional de Ciencia y Tecnología, MUNCYT se une a la  iniciativa #CienciaEnCasa ofreciendo contenido divulgativo para que cualquier ciudadano lo  pueda disfrutar y consultar desde casa: publicaciones, pasatiempos y retos científicos en sus  canales de redes sociales, información curiosa sobre su colección de patrimonio científico,  videos acerca de sus exposiciones y mucho más. 

- Visitas virtuales para recorrer el interior de las sedes del MUNCYT de Alcobendas y A  Coruña. 
- Retos científicos en el perfil de Twitter cada fin de semana. 
- Publicaciones sobre divulgación científica, catálogos sobre diversas exposiciones y  sobre la colección que conserva y expone el Museo, Pasatiempos Científicos y mucho  más. 
- Imágenes de objetos curiosos relacionados con la ciencia y la tecnología en el perfil de  Instagram del MUNCYT. El Museo invita a sus seguidores a publicar fotografías de  objetos relacionados con la ciencia y la tecnología que tengan en casa y a compartirlas  en su perfil de Instagram. Para ello pueden usar el hashtag #MUNCYTenCasa. 

Y cada día, el Museo compartirá en Twitter y Facebook diferentes piezas de su colección para  dar a conocer el patrimonio científico y tecnológico que conserva. 

La Biblioteca del Museo y artículos de interés sobre la conservacion de parimonio científico  será también parte del contenido que el ciudadano podrá consultar tanto en la web del  MUNCYT como en sus perfiles de redes sociales.

sábado, 4 de abril de 2020

O concello fai una redución intelixente da iluminación nos espazos públicos nos que a poboación non pode transitar durante o confinamento



Esta racionalización das luces públicas púxose en marcha onte á noite e continuará gradualmente nos próximos días sen afectar á seguridade  cidadá 

A Coruña, 4 de abril de 2020.- O concello, a través da Concellería de Urbanismo, Infraestruturas e Mobilidade, comezou onte á noite a racionalizar a iluminación pública da cidade, co fin de manter esta redución durante o período de  confinamento da poboación. Esta racionalización das luces, que non afectará en ningún momento á seguridade cidadá, seguirá a realizarse de maneira gradual nos próximos días. 

Onte á noite apagáronse as luces do groso da proposta de racionalización da área  de Infraestruturas, correspondente a estes emprazamentos: praza de María Pita,  contorna da Torre de Hércules, Parque Monte de San Pedro, Parque de Bens,  Xardíns de Méndez Núñez, Parque de Santa Margarida, Parque de Oza, prazas da  contorna de Catro Camiños, Parque de Vioño, Parque de San Diego, praza  Pontevedra, iluminación ornamental da Cidade Vella e da súa contorna, Rolda Real  Club Deportivo (terceira rolda), estrada Baños de Arteixo, Parque Ofimático, PaseoMarítimo (entre o dique de abrigo e As Lagoas / entre As Lagoas e Labañou / entre  Labañou e O Portiño) e o polígono da Grela. 

As iluminacións ornamentais de zonas singurales da cidade tamén se apagarán, así  como as luces de viais, prazas, e instalacións deportivas, de forma selectiva  eliminando 1/3 ou 2/3 fases. Ademais, nas luminarias dotadas de telexestión punto a  punto tamén se axustarán os niveis de iluminación. 

Desde Infraestruturas explican que esta é unha proposta inicial para a  racionalización da iluminación pública posto que, á hora de realizar os apagados  selectivos, o persoal operario en coordinación coa área de Seguridade Cidadá evaluará o estado final das zonas, podendo decidir nese momento un reaxuste  sobre o planificado inicialmente. 

Canto á mellora dos valores de contaminación lumínica na cidade debido á redución  das luces en espazos públicos poderán ser evaluados a partir das medicións dos  valores SQM da rede de sensores de Meteogalicia.

O Festival Fica Na Casa Fest consolídase como unha das referencias dixitais durante a corentena



A Asociación Cultural Galicia Molona organiza a III edición deste festival streaming coa que pretenden dar un paso máis. 

Ó igual que a semana pasada, colaboran co movemento #YoMeCorono (www.yomecorono.com). 

A Coruña. 4 de abril do 2020. Hoxe, ó longo de todo o día, o colectivo cultural Galicia Molona organiza a terceira edición do festival streaming Fica Na Casa Fest, para animar ao público galego durante este período de confinamento e colaborar na loita contra a pandemia del Covid-19 a través da campaña #YoMeCorono (www.yomecorono.com). 

O evento logrou consolidarse na esfera galega e agora pretende dar un paso máis. Nesta ocasión contarán co líder da banda arxentina Bestia Bebé, Tom Quintans. 

Un cartel no que, precisamente, da man de Bestia Bebé, as charlas profesionais cobran protagonismo. 

A sesión vermú comenzará ás 13:00 con Rodrigo Valiente, para logo dar paso a LKB Dj. Pola tarde, ás 17:00, retómase a actividade cos coloquios profesionales xa mencionados (Tomi Desastre, Pablo Ríos de Woutick e Tom de Bestia Bebé).

Despois a xornada continuará, con múltiples concertos e sesións de música electrónica, ata as 3 da mañá; con Allova, Mounqup, Sputnik Pussy, Laura LaMontagne, Swic, Le Petit Dj, Baby Katze, Hidden Raposo e Testanera. 

As actuaciones poderán seguirse en directo a través da páxina web da asociación (www.galiciamolona.com).

viernes, 3 de abril de 2020

COLIFE-20. El primer documental colaborativo de la historia de Instagram



Podemos leer en http://www.colife-20.com/:

COLIFE-20 es un proyecto que pretende abrir un atisbo de esperanza en estos tiempos tan difíciles en los que nos está tocando tocado vivir.

El día 7 de abril de 2020 y coincidiendo con el Día Mundial de la Salud, queremos acercarnos los unos a los otros en este momento de aislamiento en el que nos encontramos.

La idea es capturar en un solo día los sentimientos, emociones y lo que significa estar vivos en el planeta tierra.

Con todos estos instantes mostraremos la historia de lo sucedido en este día en particular, a través de un documental contado por nosotros mismos de un día que no se volverá a repetir, pero que podría marcar la diferencia de lo que somos.

Por ello convocamos a todo aquél que se sume a la iniciativa a subir en Instagram un video con el hashtag #COLIFE20, o si lo prefieres envía a la dirección de correo electrónico hola@colife-20.com cualquier fragmento de tu vida en este día, aquello que creáis que nos hace humanos y nos hace sentir vivos.

*Todos los fondos que podamos recaudar una vez editado el documental irán destinados a paliar las consecuencias de la terrible crisis a la que nos enfrentamos. Esta donación también se llevará a cabo de manera colaborativa, a través de una encuesta en nuestro perfil de Instagram en la que todos los seguidores podrán votar por la iniciativa a la que donar todo lo recaudado. La propuesta que reciba más votos será la beneficiaria del importe íntegro recaudado, en un procedimiento que se realizará ante notario.

http://www.colife-20.com/

#COLIFE20

Diamante Negro, dani, Choley y Elle Belga, nuevos artistas confirmados en el Ciclo de conciertos SON Estrella Galicia #SigamosON



En los próximos días ofrecerán su directo desde casa como parte del movimiento #SigamosON. 
SON Estrella Galicia continúa ofreciendo directos únicos desde casa a los que se suman nombres imprescindibles como son los de Diamante NegrodaniCholey y los previamente anunciados Elle Belga. Mientras no podamos acudir a las salas y templos de la música, el proyecto musical cervecero mantiene su apuesta por propuestas artísticas que arriesgan y que se desmarcan del resto, algo muy valioso para todos aquellos que aman la música. 
 
Todos los conciertos se podrán seguir a través del Instagram de SON Estrella Galicia en www.instagram.com/sonestrellagalicia. En los próximos días se podrá disfrutar de los directos de Elle Belga (sábado 4 de abril), dani (miércoles 8 de abril), Diamante Negro (viernes 10 de abril) y Choley(miércoles 15 de abril), todos a las 18:00h. El viernes 10 de abril además tendrá lugar la intervención especial de Pantocratos, que conversarán en directo con Diamante Negro tras la actuación de estos últimos. 
 
Artistas como Penny NecklaceLaura LaMontagne & Pico AmperioMarem LadsonAlondra Bentleyjunto a Nine Stories o Indomable ya han participado de la mano de SON Estrella Galicia en esta iniciativa, y próximamente se anunciarán nuevos nombres para que #SigamosON.

PRÓXIMOS CONCIERTOS CICLO SON ESTRELLA GALICIA #SigamosON

Elle Belga (sábado 4 abril a las 18:00)
Después de haber explorado el camino del rock en los márgenes de su sonido en bandas como Manta Ray o Viva las Vegas, Josele García se asoma junto a Fany Álvarez al cauce del pop de regusto clásico con Elle Belga, un proyecto centrado en el espacio que ocupa la voz dentro de cada canción y con claros referentes como Vainica Doble, Paco Ibañez, Johnny Cash o M. Ward.
 
dani (miércoles 9 abril a las 18:00)
dani –sí, en minúsculas– es una cantante y compositora nacida en Vigo hace 22 años en el seno de una familia muy musical: sus padres son Rosa Costas y Silvino, dos de los miembros del mítico grupo Aerolíneas Federales y es sobrina de Miguel Costas, de los no menos míticos Siniestro Total. Mira es el primer single que publicó El Volcán Música a finales de 2019. Una canción de sentimientos encontrados envuelta en un hipnótico colchón sonoro. Por una parte, el anhelo y la ilusión cuando intentas alcanzar un sueño. Por otra, la incertidumbre y la frustración al enfrentarnos a los obstáculos que encontramos por el camino. La canción está compuesta por dani y producida por el norteamericano Aaron Rux, colaborador habitual de Joe Crepúsculo.
 
Diamante Negro (viernes 10 abril a las 19:00)
Un fisioterapeuta, un enfermero y un técnico de sonido. Dos de ellos fueron amigos y luego compañeros de escenario y al otro lo conocieron en la escena barcelonesa, concretamente en las caóticas noches de fiesta de la capital catalana. La primera vez que tocaron juntos no sabían ni qué era exactamente Diamante Negro. Probablemente a día de hoy tampoco lo saben, aunque a diferencia de como era antes, ahora les da igual. Basan su música en la libertad y en la ausencia de límites, y pueden disfrutar tanto con el punk, con el pop o con el jazz. Si no, ¿de qué forma tendrían cabida una canción como “Abrazo” y otra como “KEXP” en un mismo EP? Empezaron a experimentar en 2018 y culminó en enero de 2019 con su primer tema “Club Caribe”. Desde entonces, han estrenado 3 singles más y su EP debut “Mercurio Retrógrado”, que ya presentaron en Barcelona con Camellos en diciembre de 2019.
 
Choley (miércoles 15 abril a las 18:00)
Choley es el proyecto personal de Carlos Bonito, un músico madrileño que decide explorar un nuevo sonido con su guitarra y su voz. Tras un tiempo de investigación, Carlos se sumerge en el mundo del indie pop y lo-fi, encontrando su espacio en un género que él personalmente denomina blue chill. En 2018 auto produce su primer EP llamado ‘uno’, que ve la luz en febrero de 2019. Meses después del lanzamiento, Choley se une a la familia Trapicalia / Subterfuge Records y comienza a grabar su próximo trabajo.

jueves, 2 de abril de 2020

O concello reparte 10.000 equipos de protección para o  persoal municipal e as concesionarias que realizan servizos esenciais





 
O Goberno local leva días achegando material quirúrxico a varias entidades da cidade e xa traballa nunha próxima partida para os profesionais municipais e de  sevizos esenciais 

A Coruña, 2 de abril de 2020.- O concello repartiu no día de hoxe preto de 10.000 equipos  de protección da Covid-19 entre os traballadores e traballadoras municipais e nas empresas  concesionarias que están levando a cabo servizos esenciais. Nesta achega, o executivo  local entregou o seguinte número de máscaras quirúrxicas a estas entidades: 

- 1.500 máscaras para o colectivo de taxistas, incluíndo Radiotaxi e Teletaxi. 
- 1.500 máscaras para os condutores e condutoras de autobuses da Compañía de  Tranvías da Coruña. 
- Máis de 200 para Emalcsa. 
- 1.000 máscaras para a Concellería de Benestar Social, xunto a 50 máscaras de alta  protección CPR, 50 traxes de buzo e 3.000 luvas. 
- 1.000 máscaras para os profesionais municipais de Seguridade Cidadá (Policía  Local, Bombeiros e Protección Civil), xunto a 30 traxes de buzo e 1.000 pares de  luvas.  
- Abastecemento de diverso material de EPIs para as concesionarias de tratamento e  contenerización de lixo, así como máscaras para a concesionaria do servizo de  limpeza e de recollida de lixo, xa que esta xa dota aos traballadores de lentes, botas,  traxes de buzo e luvas.

Este reparto vén precedido da achega de material de protección ás traballadoras e  traballadores do Servizo de Axuda a Domicilio (SAD), e das pantallas protectoras que  confeccionou Protección Civil e tamén a empresa pública de augas Edar de Bens e que  están empregando membros de todos os corpos de seguridade na cidade. Ademais, os e as  profesionais do taxi, persoal de Benestar Social e do Dispositivo especial de voluntariado  tamén recibiron unha pequena partida días atrás. 

O Goberno local espera repartir unha nova partida na vindeira semana a pesar da  dificultade de facerse con este equipos básicos co fin de seguir dotando tanto aos nosos  profesionais como aos das empresas concesionarias de servizos esenciais deste material  co que non se poden facer debido á situación de desabastecemento xeral. É por iso que o  concello quere seguir abastecendo ao persoal, sempre priorizando a aquelas persoas que  traballan no ámbito sanitario e nos Servizos Sociais.